3 feb 2011

O enlace da semana: Inglés para @s máis cativ@s



Ola de novo a todo o mundo! Sentimos a ausencia destes dias e esperamos continuar ca actualización do blogue a diario, como é o habitual.

Hoxe, xoves, é o día da semana adicado a recomendarvos que visitedes algunha páxina web da que vos proporcionamos o enlace. Navegando pola rede atopamos unha páxina adicada ao Inglés para @s máis cativ@s, que ten como finalidade complementar as clases e dar apoio tanto ao profesorado como ao alumnado.

A aplicación ten 20 presentacións e 100 xogos, é fácil de manexar, e está pensada para que nenos e nenas podan xogar e aprender de manera autónoma. Só hai que premer na imaxe para acceder á páxina, logo premer na frecha amarela que pon "entrar" e...A APRENDER XOGANDO!

No hay comentarios: