19 dic 2022

Guia de Nadal 2022

Boas. Como en anos anteriores tedes aqui a guía de Nadal de 2022. Para ver mellor a gúia pinchade na imaxe. Un saúdo.



4 nov 2022

OS VENRES TOCA CONTO

 

No seguinte video podedes ver imaxes das sesións de contacontos correspondentes os venres de setembro e outubro.



7 sept 2022

31 may 2022

P.D.I. EDUCACIÓN INFANTIL

 "EMOCIONATE COAS CORES"

Facendo clic na imaxe podedes ver o P.D.I. das nenas e nenos de educación infantil.





16 may 2022

Apadriñamentos lectores 2021

 O xoves 12 e venres 13 de maio tivo lugar os "apadriñamentos lectores". O alumnado de 5º e 6º de educación primaria prepararon unhas obras de teatro para os demais cursos. Aquí vos deixamos unhas imaxes do que foron estas dúas xornadas de dramatizacións. Pasámolo xenial!! 😀😀😀😀




29 abr 2022

Visita Paco Nogueiras

 


PREMIOS MELLORES LECTORES

 

PREMIO AOS MELLORES LECTORES DE CADA CLASE (CURSO 2021/22)

1º A: Yoel Otero Oubiña (35) e Iris Aris Piñeiro (32)

1º B: Carme Reboredo Triñanes (22) e Alexia Agís Filgueira (21)

2º A: Naima Álvarez Vázquez e Ainara Meis Boullosa (28)

2º B: Paula Vieira Rey (35) e Alexis Pérez Caneda (31)

3º: Carmen Míguez Seijal (25) e David Soutullo Serantes (24)

4º: Gala Rivas Serramito (31) e Sabela Aguiño Domínguez (29)

5º A: Martín Chaves Domínguez (26) e Paula Duarte Fontán (22)

5º B: Telma Otero Otero (25), Gabriela González Gondar e Omar Ndoye Valladares (24)

6º A: Enya Allo Rodríguez (42), Nouhaila El Hassani (37) e Paula Campos Vidal (37)  

6º B: Noa Núñez Camaño (27) e Sabela Serantes Álvarez (25) 

 

 

PREMIO AOS COLABORADORES

 

6º A   Mario  Enya GabrielaNouhaia

6º B:

   Xoel  Breogán Villanueva Sabela Noa

5º A:

 Martín Álex

5º B:

 Sara Telma


OS VENRES TOCA CONTO

 CONTACONTOS DOS VENRES 1 E 22 DE ABRIL





 

8 mar 2022

 NOVA PLATAFORMA DE LECTURA DIXITAL

E-ELBE.2

        A Consellería de Educación ven de poñer en marcha unha nova plataforma de lectura e préstamos de contidos dixitais que proporciona a alumnado, docentes e familias, acceso a unha ampla colección de contidos nunha grande variedade de formatos (libros, audiolibros, podcasts e outros). A plataforma chámase E-ELBE.2.

        E-LBE.2 é un novo servizo de titularidade da Consellería, que, como centro educativo integrado no PLAMBE, poderemos ofrecer a nosa comunidade educativa. Esta plataforma de lectura e préstamo de contidos dixitais enriquecerá a nosa colección cun volume inicial de máis de 3000 títulos que estarán dispoñibles para ler en pantalla, en todo tipo de dispositivos (computador, e dispositivos móbiles), en calquera momento e lugar, para todos os usuarios e usuarias (profesorado, alumnado e familias) que conten con carnet de usuarios da nosa Biblioteca Escolar.

        En breve poderedes facer uso desta plataforma. O enlace á mesma é:

https://bega-elbe2.edu.xunta.es/

 DIA 1 DE ABRIL: "DAS ARTES GALEGAS"

Achegamos material didáctico, realizado por diferentes centros de ensino coruñeses, sobre a biografía e obra de Xosé Otero Abeledo, Laxeiro, para a celebración, o vindeiro 1 de abril, do Día das Artes Galegas.

Este material é o seguinte:
1. Unidade didáctica de Laxeiro, para Ed. Primaria e en PDF
2. Actividades interactivas, en formato genial.ly, cun texto de Neira Vilas sobre Laxeiro

https://view.genial.ly/610af386ed054b0dcc7f799e
3. Actividades interactivas, en formato genial.ly, cun rosco sobre a biografía e obra de Laxeiro
https://view.genial.ly/61ddbced6551100dd2e69bab

Esperamos que sexa de utilidade

25 feb 2022

DÍA DO AMOR E DA AMIZADE

Polo Día do Amor e da Amizade, distintos alumnos e alumnas do terceiro ciclo quixeron compartir con nós cancións e poemas relacionados coa conmemoración. 

Noraboa polo traballo!

Agardamos que os gocedes tanto coma nós.

Audio - Día do Amor e da Amizade

DÍA DO AMOR E DA AMIZADE

Polo Día do Amor e da Amizade, distintos alumnos e alumnas do terceiro ciclo quixeron compartir con nós cancións e poemas relacionados coa conmemoración. 

Noraboa polo traballo!

Agardamos que os gocedes tanto coma nós.




DÍA DE ROSALÍA

Ola a todos e todas!

Compartimos con vós o Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2022. Premede no seguinte enlace: 

Manifesto Día de Rosalía 2022

Ademais, no seguinte vídeo poderedes observar a exposición na que incorporamos as lecturas relacionadas con dita autora: 




23 feb 2022

DÍA DO AMOR E DA AMIZADE

Polo Día do Amor e da Amizade, distintos alumnos e alumnas do terceiro ciclo quixeron compartir con nós cancións e poemas relacionados coa conmemoración. 

Noraboa polo traballo!

Agardamos que os gocedes tanto coma nós.





 

OS VENRES TOCA CONTO

O pasado 18 de febreiro tivemos a sorte de recibir a Tomás, o pai de Eire de 1ºB, que veu participar na actividade "Os venres toca conto". 

Todo un pracer recibirte e compartir contigo un rato tan agradable, grazas!




18 feb 2022

ENTROIDO

Este mes toca celebrar unha das nosas conmemoracións favoritas, O ENTROIDO! 

Deixámosvos, no seguinte enlace, 4 documentos dos Bolechas para traballalo. Poderedes atopar actividades, materiais, información sobre o Entroido en distintos lugares de Galicia e moito máis. 

Botádelle un ollo e... A gozar do Entroido! 

Material do ENTROIDO - Os Bolechas



OS VENRES TOCA CONTO

O día 11 de febreiro de 2022, Eva, a nai de Leire, alumna de 4º de Primaria, visitounos para contar contos aos alumnos e alumnas de 4º de Educación Infantil, de 11,30 a 12 horas, e aos nenos e nenas de 2º de Primaria, de 12 a 12,30 horas. Os alumnos pasáronno moi ben. 

Moitas grazas Eva pola túa colaboración. Foi un pracer, coma sempre, recibirte no noso cole, que tamén é o teu.




DÍA DO AMOR E DA AMIZADE

Este mes celebramos o Día do Amor e da Amizade, e queremos compartir con vós esta selección de libros relacionados con dita conmemoración. 

Ademais, o alumnado do primeiro e segundo ciclo compartiu con nós o motivo do agarimo a unha persoa especial para eles, creando este fermoso mural. Grazas! 




VISITAS NA BIBLIO


A profe Julia, acompañada do alumnado de 5 anos, veu á nosa biblioteca cantarnos esta marabillosa canción, titulada "Salvarnos a vida". Aquí vos deixamos un anaquiño!

Agardamos que a gocedes tanto coma nós! 







9 feb 2022

23F - DÍA DE ROSALÍA

Como sabedes, este ano celebramos o Día de Rosalía o 23, pois novas investigacións sacan á luz que foi, en realidade, este día o que naceu, e non o 24, como pensabamos ata agora. 

Compartimos con vós os seguintes recursos para coñecela un pouquiño máis.

-Unidades didácticas para Ed. Infantil e cada un dos ciclos de Ed. Primaria. Formato Calameo.

-Rosalía de Castro. Biografía. Actividades intereactivas en formato Genially:

-Que sabes de Rosalía de Castro? O rosco de Rosalía. Actividades interactivas en formato Genially:

 Agardamos que vos sirvan de axuda. 




8 feb 2022

OS VENRES TOCA CONTO

O pasado mes de novembro tivemos a sorte de recibir a Eva, a nai de Leire de 4º de EP, que veu participar na actividade "Os venres toca conto". 

Pasámolo en grande, moitas grazas Eva!! 





NOVIDADES

 


Compartimos con vós todas estas novidades que podedes atopar na nosa biblioteca. 
Animádevos a coñecelas!  




26 ene 2022


Ola a todos e todas!

Como sabedes, o próximo 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz e Non Violencia. A continuación deixámosvos un conxunto de actividades que podedes empregar para tratar este tema, mais recordade que a paz se construe todos os días.

Actividades Día da Paz

Mochila Viaxeira

 
 
 
Ola a todos e todas! 
 
Deixámosvos o vídeo da mochila viaxeira de Leire Borrego da clase de 4ºB, botádelle un ollo! 
 
Agardamos que vos guste.