15 feb 2019

VISITA MARCOS CALVEIRO E LEDICIA COSTAS


DÍA INTERNACIONAL DO CANCRO INFANTIL

Instituído no ano 2011, o 15 de febreiro é desde aquela o Día Internacional contra o Cancro Infantil para sensibilizar sobre os desafíos cotiáns que enfrontan enfermos e familias e lograr que todos teñan acceso a un diagnóstico e tratamento axeitados. Un lazo dourado simboliza este día. 

FEBREIRO. MES DO AMOR E A AMIZADE

Como xa sabedes de anos anteriores, o mes de febreiro é o mes do amor e da amizade. Dende a biblioteca propuxémos unhas actividades nas que podedes participar. Teredes no corredor unha  serie de citas de amor para poder levar ás vosas casas. Ademais realizarase un concurso de citas. Animádevos a participar!!