25 feb 2022

DÍA DO AMOR E DA AMIZADE

Polo Día do Amor e da Amizade, distintos alumnos e alumnas do terceiro ciclo quixeron compartir con nós cancións e poemas relacionados coa conmemoración. 

Noraboa polo traballo!

Agardamos que os gocedes tanto coma nós.

Audio - Día do Amor e da Amizade

DÍA DO AMOR E DA AMIZADE

Polo Día do Amor e da Amizade, distintos alumnos e alumnas do terceiro ciclo quixeron compartir con nós cancións e poemas relacionados coa conmemoración. 

Noraboa polo traballo!

Agardamos que os gocedes tanto coma nós.




DÍA DE ROSALÍA

Ola a todos e todas!

Compartimos con vós o Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2022. Premede no seguinte enlace: 

Manifesto Día de Rosalía 2022

Ademais, no seguinte vídeo poderedes observar a exposición na que incorporamos as lecturas relacionadas con dita autora: 




23 feb 2022

DÍA DO AMOR E DA AMIZADE

Polo Día do Amor e da Amizade, distintos alumnos e alumnas do terceiro ciclo quixeron compartir con nós cancións e poemas relacionados coa conmemoración. 

Noraboa polo traballo!

Agardamos que os gocedes tanto coma nós.





 

OS VENRES TOCA CONTO

O pasado 18 de febreiro tivemos a sorte de recibir a Tomás, o pai de Eire de 1ºB, que veu participar na actividade "Os venres toca conto". 

Todo un pracer recibirte e compartir contigo un rato tan agradable, grazas!




18 feb 2022

ENTROIDO

Este mes toca celebrar unha das nosas conmemoracións favoritas, O ENTROIDO! 

Deixámosvos, no seguinte enlace, 4 documentos dos Bolechas para traballalo. Poderedes atopar actividades, materiais, información sobre o Entroido en distintos lugares de Galicia e moito máis. 

Botádelle un ollo e... A gozar do Entroido! 

Material do ENTROIDO - Os Bolechas



OS VENRES TOCA CONTO

O día 11 de febreiro de 2022, Eva, a nai de Leire, alumna de 4º de Primaria, visitounos para contar contos aos alumnos e alumnas de 4º de Educación Infantil, de 11,30 a 12 horas, e aos nenos e nenas de 2º de Primaria, de 12 a 12,30 horas. Os alumnos pasáronno moi ben. 

Moitas grazas Eva pola túa colaboración. Foi un pracer, coma sempre, recibirte no noso cole, que tamén é o teu.




DÍA DO AMOR E DA AMIZADE

Este mes celebramos o Día do Amor e da Amizade, e queremos compartir con vós esta selección de libros relacionados con dita conmemoración. 

Ademais, o alumnado do primeiro e segundo ciclo compartiu con nós o motivo do agarimo a unha persoa especial para eles, creando este fermoso mural. Grazas! 




VISITAS NA BIBLIO


A profe Julia, acompañada do alumnado de 5 anos, veu á nosa biblioteca cantarnos esta marabillosa canción, titulada "Salvarnos a vida". Aquí vos deixamos un anaquiño!

Agardamos que a gocedes tanto coma nós! 







9 feb 2022

23F - DÍA DE ROSALÍA

Como sabedes, este ano celebramos o Día de Rosalía o 23, pois novas investigacións sacan á luz que foi, en realidade, este día o que naceu, e non o 24, como pensabamos ata agora. 

Compartimos con vós os seguintes recursos para coñecela un pouquiño máis.

-Unidades didácticas para Ed. Infantil e cada un dos ciclos de Ed. Primaria. Formato Calameo.

-Rosalía de Castro. Biografía. Actividades intereactivas en formato Genially:

-Que sabes de Rosalía de Castro? O rosco de Rosalía. Actividades interactivas en formato Genially:

 Agardamos que vos sirvan de axuda. 




8 feb 2022

OS VENRES TOCA CONTO

O pasado mes de novembro tivemos a sorte de recibir a Eva, a nai de Leire de 4º de EP, que veu participar na actividade "Os venres toca conto". 

Pasámolo en grande, moitas grazas Eva!! 





NOVIDADES

 


Compartimos con vós todas estas novidades que podedes atopar na nosa biblioteca. 
Animádevos a coñecelas!