29 ene 2013

O DÍA DA PAZ

Dende a biblioteca queremos comezar cun pouquiño de música comprometida pola paz!! Animámosvos a escoitar:









Ademáis querémosvos recomendar algún que outro libriño que espera sair dos andeis da biblioteca na vosa mochila!!!!
CONTIDO


Infórmate máis sobre este libro
 Tamén recomendamos os distintos títulos da colección: Me llamo... da Ed. Parramón (para saber máis consultar tamén o seguinte enlace). Concretamente nestas datas que estamos a celebrar:


25 ene 2013

FINA CASALDERREY NA REAL ACADEMIA GALEGA


A RAG acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria. A Educación está de noraboa xa que esto supón un recoñecemento para a literatura infantil e xuvenil, a través, ademáis dunha muller que é mestra!! Na nosa biblioteca contamos con numerosas publicacións desta magnífica escritora como:  "Dúas bágoas por máquina", "Mutacións xenéticas", "Unha pantasma branca", "O misterio do cemiterio vello", "Unha raíña negra", "O estanque dos parrulos pobres", "O misterio do faro vello", "Un día de caca e vaca", "Xela volveuse vampira", "Un saco de estrelas", "Quen me quere adoptar?", "Ás de mosca para Anxo", "A lagoa das nenas mudas", "Cando a Terra esqueceu xirar", " Fiz o coleccionista de medos", "Chamizo", "Bicos de prata". Ademáis cabe resaltar o seu libro "O misterio dos fillos de Lúa" pola que foi galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e xuvenil.


11 ene 2013

ARTE E ORTOGRAFÍA

Visitade a nova exposición sobre o proxecto documental integrado "A arte na escola" que vos propoñemos dende a biblioteca!!! De seguro que atoparedes algo interesante!!
Benvidos a un novo ano e a un novo trimestre!!!!