30 abr 2012

Sesión de contacontos con Manuel Solla

Aínda que con unha semana de retraso sobre o previsto inicialmente hoxe tivemos unha sesión de contacontos enmarcada nos actos de celebración do Día do Libro.
Manuel Solla, profesor e e actor teatral foi o encargado de levar a cabo esta actividade de animación á lectura.
O conto "A princesa de labios de fresa" fixo que os nenos interactuaran e participaran como actores del escenificando as personaxes.
Animou ao nenos e nenas a ser bos lectores e a tratar aos libros con respeto.
Dende o primeiro momento meteuse aos nenos no peto e logrou que fora unha actividade moi divertida. Demostrou ser un gran comunicador. Parabéns!!

27 abr 2012

Nova gañadora!

Como cada venres celebramos o sorteo dun agasallo e Sara Domínguez, de 6ºA, resultou ser a gañadora.
Elexiu unha bolsa-mochila como regalo.
Parabéns, Sara!


25 abr 2012

Para un ambiente de lectura na escola

Co gallo da celebración do Día do Libro publicouse este manifesto de 12 puntos a favor do ambiente lector na escola. Parte dunha iniciativa de Luis Arizaleta (Navarra) e xa foi asinado por 108 profesionais relacionados coa lectura. Podedes miralo na seguinte presentación.


23 abr 2012

23 de abril, Día do Libro


"Din que todas as persoas necesitamos as historias, tanto coma a auga que bebemos, tanto coma o pan de cada día. Que sorte, que sexan tan doadas de conseguir! Só hai que abrir un libro e deixarse arrastrar polo río das palabras, esas que fan nacer dentro de nós outros mundo e outras vidas".

Así comeza o texto OS RÍOS DA VIDA co que Agustín Fernández Paz agasallou ás Bibliotecas Escolares de Galicia, co gallo do Día Mundial do Libro, e que se publica nun marcapáxinas para conmemorar esta data no ano 2012.

Son moitas as actividades que se están a programar estes días nas bibliotecas escolares de todo o país. Neste enlace pódense consultar e confirmar así a variedade de propostas que se realizan, coa participación dos distintos sectores da comunidade educativa.  

No noso cole hoxe tivemos un recreo de tolos xa que foi unha auténtica marbunta a que se aproximou á biblio para levar un libro. Todos eles levaron un marcapáxinas de regalo.

20 abr 2012

Sorteo semanal

Esta semana o afortunado no sorteo semanal do mes de abril foi Manuel Filgueira, de 4ºA, que aparece na imaxe co regalo que escolleu, unha gorra.


Celtas Cortos - 20 de Abril

Pois nada, aproveitando que hoxe é 20 de abril poñemos esta canción de Celtas Cortos titulada do mesmo xeito e que ademais, curiosamente, cumple 20 anos.
É unha carta para non esquecer aos vellos amigos.

19 abr 2012

Encontro de Bibliotecas Escolares

A continuación poñemos a entrada publicada en Fervenzas Literarias en relación ao título da noticia. O noso cole estará representado no mesmo por Quico, o dinamizador da biblioteca.

As bibliotecas escolares galegas participan nun encontro en Compostela

Publicado por  Redacción
(0 votos)
As bibliotecas escolares  galegas participan nun encontro en Compostela
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria reúne hoxe e mañá a 315 docentes procedentes de 300 centros educativos galegos nos Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011/2012 (PLAMBE). Nesta ocasión dánse cita en Santiago profesoras e profesores que coordinan os equipos de biblioteca de máis de 300 centros incluídos no programa nas últimas convocatorias, nun encontro ao que tamén asisten asesoras e asesores da Rede de formación do profesorado que colaboran neste ámbito e representación do servizo de Inspección.
Consciente da importancia de universalizar un modelo de biblioteca que está demostrando ser útil, a consellería puxo en marcha o Plan LÍA 2010/2015.
Os asistentes a este encontro poderán intercambiar experiencias de calidade, arredor dos proxectos interdisciplinares e as pequenas investigacións que, co apoio da biblioteca escolar e os seus recursos, permiten dotar ao alumnado de habilidades para o uso e produción da información.
Neste sentido, a Consellería promove e organiza este evento - no marco do no Plan LÍA 2010/2015 para a Lectura, a Información, e a Aprendizaxe,- pola importancia que teñen as bibliotecas escolares - neste caso as inseridas no PLAMBE- á hora de contribuír á adquisición de competencias básicas, especialmente as de tratamento da información e competencia dixital e a de aprender a aprender.
Ademais reputados expertos como Casildo Macías, da Consejería de Cultura y Educación de Extremadura; Elena Martín, da Universidade Autónoma de Madrid; o director do Estudio de Teatro Casahamlet, Santiago Fernández; ou José Antonio Millán , escritor, editor e lingüista; participarán neste evento con relatorios nos que abordarán as diferentes posibilidades das bibliotecas escolares, os procesos de autoavaliación ou a lectura en voz alta, entre outros aspectos. Así mesmo participarán nos relatorios as asesoras de bibliotecas escolares da Consellería Pilar Sampedro e Cristina Novoa.
O PLAMBE busca potenciar a función das bibliotecas escolares, apoiando os esforzos das comunidades educativas con asignacións destinadas á súa constante actualización e mellora. Deste xeito, aqueles centros que se comprometen a renovar as súas bibliotecas e a utilizalas de forma eficiente para a mellora da calidade do ensino que ofrecen ao seu alumnado reciben contías importantes, tanto para a renovación dos fondos da colección (contemplando o soporte impreso e o soporte dixital), como para a renovación de equipamento e mobiliario.

18 abr 2012

Fomento de la lectura. Remedio.

Despois do éxito de "El libro" -foi a entrada máis vista da semana- atopamos estroutro vídeo que tampouco vos deixará indiferentes. Estamos seguros de tamén será o máis visto da semana

17 abr 2012

"Expocómic" no corredor principal

Boas!! Dende finais da semana pasada podedes disfrutar dunha interesante exposición no corredor principal do colexio. A temática da mesma son os cómics. Todos os libros que están expostos son para que os levedes e os disfrutedes.
Se non es un habitual deste xénero, é un bo momento para que te adentres nel.


13 abr 2012

Un venres de tolos!

Menudo rebumbio que había hoxe na biblioteca. Por un lado (como podedes ver na imaxe) as longas colas formadas para levar libros emprestados.

Por outro celebramos o primeiro sorteo de regalos deste mes do libro. A afortunada foi Luly (Ludmila Abigail), de 4ºB, o que nos puxo moi contentos xa que en breve deixará o cole para regresar a Arxentina e deste xeito lle facemos unha pequena homenaxe.

12 abr 2012

EL LIBRO

Non te perdas esta trepidante historia, o final é sorprendente...

10 abr 2012

Mes de abril, mes de regalos

Boas!!
Que tal as vacacións de Semana Santa? Supoño que, como en todas as vacacións, ben.
Nós aquí xa estamos a traballar a pleno rendemento, comezando este mes de abril con moitas novidades.
A pesar de que o refrán máis coñecido é "Abril, augas mil" -hoxe se cumple perfectamente-nós bautimzamos este mes como o mes dos regalos. Por que? A resposta é ben sinxela, todos os que leven un libro emprestado durante este mes poderán entrar nun sorteo semanal de regalos que faremos todos os venres. Así que, ademais de disfrutar da lectura poderás levar camisetas, gorras, mochilas, libros...

Esperamos verte a diario pola biblio!!

Tamén estamos a piques de facer unha exposición que tiñamos pendiente sobre o mundo do cómic, será esta semana e estará situada no corredor principal.

Lémonos!

2 abr 2012

2 de abril, Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil

Como vedes, hoxe celebramos unha efeméride moi importante, nada máis e nada menos que o Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil. En toda Galicia se realizarán actividades para conmemoralo. Premendo na imaxe podedes ver un programa con moitas delas. (xentileza de Fervenzas Literarias -grazas, Nacho-)