30 mar. 2012

Danzas do mundo

O pasado mércores os nenos e nenas do segundo ciclo levaron a cabo a actividade "Danzas do mundo". Esta actividade ten relación directa co PDI "Outros pobos, outras culturas" e está enmarcada dentro do Curso de Recursos a Animación Sociocultural do Programa Mentes Xoves da Asociación Gael e o Concello do Grove.
Os nenos realizaron as seguintes danzas:
- O xogo da Xarraquiña (Galicia)
- Tarantella de Montemarano (Italia)
- Machetes (México)
- Circle Circassien (Irlanda)
- Chapeloir (Francia)

Se queredes ver imaxes, premede na fotografía, tamén podedes ver un vídeo "resumo" da xornada.

22 mar. 2012

22 de marzo: Día Mundial da Auga

Nunha Conferencia da ONU no ano 1992 en Río de Xaneiro para o Medio Ambiente e o Desenvolvemento xurdiu a idea do Día Mundial da auga. No mes de decembro desde mesmo ano foi aprobada pola Asamblea Xeral de Nacións Unidas.
Dende ese ano vense celebrando cada 22 de marzo o día deste elemento esencial para a vida.
O tema deste ano 2012 é: "El agua y la seguridad alimentaria"
Dende o blogue queremos propoñer varias opcións para que vos informedes máis sobre este día:
- Páxina sobre o Día Mundial da Auga de Nacións Unidas
- Páxina oficial sobre o Día Mundial da Auga 20112
- En La escuela de Mabel: páxina con actividades sobre este día

Sesión de Contacontos en 5 anos

Ahi unhas datas os alumns de 5 anos disfrutaron dunha sesión de contacontos moi especial, xa que a persoa que narrou a historia foi Juan Sendín, pai de Manuela, alumna da clase. Os nenos e nenas disfrutaron do lindo, a mellor mostra é a atención que prestaron ao noso contacontos, ao que aproveitamos para agradecerlle a visita.

21 mar. 2012

Clube da Natureza no cole

Estes alumnos e alumnas que vedes na imaxe da esquerda son os integrantes do "Club de la Naturaleza"  que ven de constituírse hai un mes -máis ou menos-.
A maioría dos compoñentes do grupo son alumnos e alumnas de 3ºB de primaria, se ben tamén hai membros doutros cursos.

É un clube totalmente aberto e se queredes contactar con eles podedes identificalos polas tarxetas acreditativas que levan ou ben acudindo xunto a Carla, a súa portavoz.

Na biblioteca estamos encantados con este novo grupo que frecuenta nos recreos as súas visitas para consultar libros relacionados coa Natureza. Moito ánimo e.....Longa vida ao Clube!!

20 mar. 2012

Os poemas xa están ilustrados

A actividade "Ilustra o teu poema favorito" resultou ser todo un éxito e agora toca disfrutar da exposición cos traballos realizados. A mesma está situada no corredor principal do colexio e na entrada da biblioteca.
A continuación mostrámosvos esta tira de diapositivas coas imaxes da exposición:


Chegou a primavera

O curso pasado Donte sorprendeunos cun poema dedicado á chegada da primavera; hoxe recordámolo co mesmo motivo, xa que ás 6:14h produciuse o equinoccio de primavera que indica a entrada desta alegre estación.(momento que vedes reflexado na imaxe da esquerda)

Poema de Donte
Chegou a primavera
é un día especial,
e a poesía celebra
o seu Día Mundial.

Expresión dos sentimentos,
expresión de sensacións,
coa poesía aprendemos
a que falen os corazóns.

As palabras collen ritmo
bailando todas a un son,
os versos van fluíndo
ata enchernos de emoción.

Esta derradeira estrofa
é unha pequena homenaxe
aos poetas de antes e agora,
que fixeron arte ao expresarse.

19 mar. 2012

"La Pepa" cumpre anos

Seguro que se vos preguntan qué celebramos o 6 de decembro todos respondedes que o Día da Constitución. Sen embargo, non todos/as sabedes que esa constitución ten unha "curmá" máis vella bautizada como "La Pepa". Hai 200 anos, en Cádiz -en plena Guerra da Independencia- as Cortes aprobaron este texto que regulaba os dereitos e os deberes dos españois. Como o acto tivo lugar un 12 de marzo -día de San José- púxoselle o sobrenome de "La Pepa".
Durante o día de hoxe celebraranse varios actos conmemorativos na localidade gaditana. Pois nada, que Viva La Pepa!!

18 mar. 2012

Visita na Semana da Prensa na Escola











A semana pasada, con motivo da celebración da "Semana da prensa na escola" , os alumnos/as de 6º de primaria recibiron a visita de  José Pereiro, director do xornal Diario de Arousa.
Explicoulles o proceso que se segue para facer un xornal. A charla resultou moi interesante e seguro que a máis de un se lle espertou a vea periodística.
 Pola súa parte, os alumnos de 5º de primaria recibiron a Sole Rey , periodista do xornal Faro de Vigo, que falou sobre as diferentes seccións e edicións do xornal, prestando atención a aquelas que afectan ao entorno máis próximo, Arousa.

16 mar. 2012

Avoa, xa non estás soa

Seguimos recomendando libros de poesía para nenos. Neste caso trátase dunha tenra historia entre un neto e a súa avoa. Por primera vez Antón sae da casa e leva a Babú, que sempre o acompaña. Vai pasar uns días xunto da súa avoa que vive na vila na casa ela soa.
A chegada do neto cambia por completo a súa vida.

15 mar. 2012

Día especial para o cómic

O 15 de marzo é, sen dúbida,  un día especial para o cómic.
Por un lado celebra o seu aniversario un das máis importantes figuras dos cómics en España, nada máis e nada menos que Ibáñez, creador de Mortadelo y Filemón, Rompetechos, Sacarino....
O autor das disparatadas historias de Mortadelo y Filemón ben merece que lle desexemos un bo día e que a súa imaxinación permaneza intacta durante moitos anos máis.


Por outro lado hoxe é noticia Mafalda, e neste caso non está exenta de certa polémica. Hai 50 anos o seu autor, Quino, creou a esta personaxe para unha campaña de publicidade que finalmente non chegou a saír. Por este motivo algúns queren celebrar o seu cumpreanos.
O propio Quino desminte na súa páxina web este punto, emplazando o seu 50 aniversario para 2014, en concreto o 29 de setembro, día no que, en 1964, saiu Mafalda na revista Primera Plana como personaxe de historieta.

12 mar. 2012

Semana da prensa na escola

Boas! Comezamos unha nova semana e non é unha calquera, xa que comezamos a Semana da Prensa na Escola. Para traballar isto o equipo de Actividades Extraescolares do centro repartiu numeroso material para traballar nas aulas. Nós tamén queremos colaborar e por iso fixemos outra nova páxina -situada nas pestañas superiores- na que se pode atopar unha serie de enlaces referentes a esta conmemoración.

Que disfrutedes desta semana!

9 mar. 2012

Os señores meses, recomendación semanal

Xa que estamos no mes da poesía e onte foi o Día da Muller Traballadora a recomendación semanal é un libro de poesía escrito por unha muller. Trátase de Os señores meses, de Ánxeles Ferrer, que nos explica as características dos meses en clave poética. Este libro está dirixido a nenos pequenos, que desta forma se poden achegar a este xénero dunha forma divertida.

8 mar. 2012

Día da Muller Traballadora

Hoxe, 8 de marzo, celebramos o Día da Muller Traballadora, durante todo o día  -incluso durante toda a semana- se fixeron actividades nas aulas relacionadas con esta temática. Aquí colgamos enlaces nas xanelas superiores onde se podían atopar unha chea de recursos, pero non queriamos que pasara o día sen facer unha entrada alusiva. Hai moitos vídeos na rede interesantes, nós escollimos esta fermosa canción, que sirva de homenaxe. 


7 mar. 2012

Exposición de Mulleres Traballadoras

Boas! Ademais dos recursos que temos colgados no blog sobre o Día da Muller Traballadora fixemos unha pequena exposición-homenaxe a alguhas desas mulleres. Está situada na entrada do colexio, no corredor principal. Aquí tedes imaxes

5 mar. 2012

Libros de poesía

Boas!!
Como xa avisaramos estamos no mes da poesía e dende a biblioteca queremos aproveitar para difundir este arte e fomentar a súa lectura.
Para iso temos unha pequena exposición de obras neste xénero literario, a mesma está situada fronte á entrada da biblio, no corredor principal.
Esperamos que vos guste e vos animedes a disfrutar da poesía!!

2 mar. 2012

O Apalpador, recomendación desta semana

Aquí tedes a portada deste libro que fala dunha das figuras tradicionais do Nadal galego. Xa pasamos esas datas, pero nunca é mala data para coñecer algo máis sobre a nosa cultura popular.
En "O Apalpador" poderás descubrir a orixe desta peculiar personaxe que habita na montaña luguesa.