27 ene. 2014

AVENTÚRATE

A continuación queremos amosarvos un vídeo no que ademáis de lembrar a exposición "Aventúrate", chea de contos e libros de emocionantes aventuras e fantásticas viaxes; tamén incluimos imaxes nas que a biblioteca aparece chea de vida grazas ás vosas visitas no recreo. Así da gusto andar por estos andeis. Coa biblioteca en plena "Ebullición no recreo".

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Na semana do 27 de xaneiro recomendámosvos:

Máis obras, máis músicas que traen os Cantares Gallegos á actualidade, para que sigamos lendo e escoitando os versos. 
Para iso están as autoras clásicas... as obras clásicas, para volver unha e outra vez a elas e reinterpretándoas desde os diferentes tempos e as diferentes representacións. 
Teno demostrado Rosalía sempre, pero máis ao longo do pasado ano, cando se cumprían os150 anos da súa publicación.
Agora, queremos lembrar dúas edicións: Nas tardes escuras de Narf, editado por El Patito Editorial con ilustracións a base de colaxes de Fausto Isorna.  

Por outra, Os ollos que falan, un CD de Tempo Catro no que o sexteto, composto por profesores/as do Conservatorio de Ferrol, musica os versos de Rosalía a ritmo de valse, fado,salsa, xota, mazurca ou pasodobre.
E outra máis, aCadaCanto (Guadi Gallego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero) acaban de publicar A Rosa d´Adina. Escoitémola! 





23 ene. 2014

PAZ

A continuación ofertámosvos unha selección de recursos para traballar o día da paz. Esperamos que vos sexan de axuda.

BIBLIOTECAS ESCOLARES
Este ano como non podía ser menos dado o achegado do seu pasamento, imos adicar o día da Paz a Mandela e Suráfrica, e dende a Biblioteca quixemos poñer o noso grauciño de area nesta data elaborando unha caza do Tesouro para que os nenos poidan coñecer algo mellor a figura de Madiba.
Aínda queda algún pequeno erro no JClic que se elaborou (hai algún contedor de texto no que falla algunha letra) pero xa está operativo en: http://centros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/proxectos/mandela/index.html







13 ene. 2014

RECOMENDACIÓN LECTORA

A semana do 13/01/14 querémosvos recomendar:

A illa de todas as illas é o último libro de Xabier P. Docampo, de novo, ilustrado por Xosé Cobas.
Esa combinación de autor e ilustrador, que vai máis alá da familia, dá lugar á creación de universos propios nos que gustamos de mergullarnos os demais.
Un libro de libros e unha illa na que se conteñen todas as illas, porque as illas son os lugares nos que a utopía é posible. Dous nenos e unha nena percorren a illa. Mentres o fan son sorprendidos polo misterio. Diferentes personaxes e diferentes situacións levaranos a outras tantas historias que se desenvolveron en illas, noutras illas. Por iso, o libro non recolle unha soa historia senón, tamén, aquelas outras ás que fai referencia. Aventuras para nunca acabar, para seguir a navegar por mares incertos nos que a valentía é imprescindible e onde, de verdade, se coñece a natureza humana. 
Docampo volve ao lugar do que nunca se fora: a defensa da lectura.

TAMPOUCO QUEREMOS ESQUECER O FESTIVAL!!!

9 ene. 2014

PARA COMEZAR LEMBRANDO

Queremos comezar o ano sen deixar nada esquecido, así que tiñamos pendente de amosarvos os traballiños que dende a biblioteca vos animamos a facer sobre o Nadal. Aquí vai un vídeo coas imaxes do moito que traballamos!!