A illa de todas as illas é o último libro de Xabier P. Docampo, de novo, ilustrado por Xosé Cobas.
Esa combinación de autor e ilustrador, que vai máis alá da familia, dá lugar á creación de universos propios nos que gustamos de mergullarnos os demais.
Un libro de libros e unha illa na que se conteñen todas as illas, porque as illas son os lugares nos que a utopía é posible. Dous nenos e unha nena percorren a illa. Mentres o fan son sorprendidos polo misterio. Diferentes personaxes e diferentes situacións levaranos a outras tantas historias que se desenvolveron en illas, noutras illas. Por iso, o libro non recolle unha soa historia senón, tamén, aquelas outras ás que fai referencia. Aventuras para nunca acabar, para seguir a navegar por mares incertos nos que a valentía é imprescindible e onde, de verdade, se coñece a natureza humana.
Docampo volve ao lugar do que nunca se fora: a defensa da lectura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario