30 oct 2013

PREMIOS DO 25 DE OUTUBRO

Noraboa a....









Hugo Domínguez Meis de 2º A
Mar Lores Fontoira de 6º B

28 oct 2013

LIBRO RECOMENDADO DA SEMANA


A semana do 28 de outubro recomendámosvos:

Os Megatoxos chegan de novo ás librarías.
Unha nova entrega: Os Megatoxos e os Templarios da Luz, que é a reedición do terceiro da serie, cunha nova revisión e ampliación de textos antigos, engadindo páxinas que anteriormente non saíran á luz (e nunca tan a conto), tal como explica o seu autor, Anxo Fariña.
Ninfa, Faísca, Lúa e Ruxe, os nosos superheroes coa súa dobre vida (como corresponde ao seu estado) seguen a loitar contra o mal. Ese é o seu destino!
É ben certo que este tipo de produtos son moi necesarios, entre nós, aínda que nunca formen parte do itinerario lector do centro. 
Materiais que crean o hábito lector, libros que non caen da man, sen necesitar apoio de ningún adulto, libros que se deixan ler e que fidelizan ao lector porque lle resultan moi doados despois da primeira entrega. Polo tanto, libros que están á altura doutras traducións ou doutras linguas.
Tal vez esteamos necesitando uns Megatoxos que saian á defensa da lingua e a espallen polos camiños igual que se esparexe o toxo polos montes.

RECURSOS PARA SAMAÍN

CONTOS DE MEDO
HAPPY HALLOWEEN

25 oct 2013

DÍA DA BIBLIOTECA

Como xa sabedes, onte día 24 foi o día das bibliotecas. No colexio celebrámolo recibindo ao fantástico contacontos Inacio, co cal pasamos uns minutos fantásticos.
Hoxe queremos recomendarvos o seguinte vídeo e que lle botedes un ollo ó seguinte enlace onde descubriredes unha chea de libros divertidísimos onde as bibliotecas son as protagonistas!!!

O reMEDO contra o aburrimento

22 oct 2013

PREMIOS DO 18 DE OUTUBRO

Continuamos a repartir premios polo mes da biblioteca.

Nesta ocasión as gañadoras foron:
Ana Cristina Grigore de 5º A                                                                                                               Lucía Devesa Viñas de 1º A
                                                         

Non olvidedes ademáis que mañá, que celebraremos por anticipado o Día das Bibliotecas, nos ven visitar o escritor Inacio. Se vos interesa saber máis del botade un ollo ós seguintes enlaces.

21 oct 2013

LIBRO DA SEMANA

Se accededes no menu principal á páxina "LIBRO RECOMENDADO DA SEMANA" poderedes observar que as últimas semanas comezamos a recomendar libros que por diversidade de motivos vale a pena coñecer, ler e desfrutar.
Esta semana 21/10/13 recomendamos:

Estudios Tex. O mundo dos debuxos animados de Abraham Carreiro (Edicións Moito Conto) é un proxecto editorial e didáctico, enfocado a un público infantil, que trata de achegar o marabilloso mundo da animación aos nenos e ás nenas mediante unha historia divertida e de suspense. Os estudios Tex son o escenario onde transcorren as aventuras dos protagonistas deste libro.


18 oct 2013

RECOMENDACIÓNS

Hoxe Donte vai ir ao cine!! De seguro que a vós tamén vos encanta ir!! O que nunca pensáchedes é que cando vemos películas támen aprendemos moitas cousas. Para saber aprender vendo cine, recomendámosvos a seguinte páxina: 
CINE E EDUCACIÓN Revista dixital de educomunicación.

E aos papás, mamás e profes animámolos a acceder ó seguinte enlace que vos resultará moi útil e interesante!!
PARA MESTRES E PAIS Materiais e recursos educativos imprimibles e dixitais.

POR CERTO!!! AMBOS ENLACES ESTARÁN PERMANENTEMENTE Á VOSA DISPOSICIÓN CLICANDO NA COLUMNA DA MARXE ESQUERDA DO BLOGUE!!!

14 oct 2013

PREMIOS DO 11 DE OUTUBRO

De dúas mans inocentes...










Xurdiron dous gañadores: Ainhoa Pregal Vila de 5º B  e  Joel Prieto ferreiro de 6º B

                                                NORABOA!!!

UNHA BIBLIOTECA PARA TODOS!

Como xa sabedes, a biblioteca do centro permanece aberta polas tardes en horario de 16:00 a 18:00. Ó longo destas dúas horas toda a comunidade educativa pode dispoñer deste espazo. Non só os nenos e nenas, senón támen os pais e nais que precisedes usar os servizos que a biblio oferta (libros informativos, enciclopedias, libros de lecturas, conexión a Internet, espazos axeitados para estudar...)
Grazas ás mamás que xa nos viñeron visitar! Esperamos que conseguírades a axuda que precisabades!!!

11 oct 2013

FESTA DO MARISCO

A piques de rematar a festa do marisco, na que todos desfrutamos deses maravillosos productos que nos oferta o mar de O Grove, queremos amosarvos no seguinte vídeo a exposición de libros sobre o mar que estivo á vosa disposición no corredor do centro durante as últimas semanas.

9 oct 2013

MES DA BIBLIOTECA

A semana pasada comezamos os sorteos para celebrar o mes da biblioteca!! 
Durante todo o mes de outubro, aqueles que veñan a coller libros da biblioteca, participarán nos sorteos dos venres e optarán a recibir os fantásticos premios que vos temos preparados!!!


O venres 4 de outubro as galardoadas foron:
Zoe Otero Naveiro de 5º B e Abigail Parada Devesa de 2º B

3 oct 2013

NOVAS

Estamos de noraboa!! Cada vez somos máis e mellores. 
Podedes acceder a información en torno ó impulso das bibliotecas escolares no sistema educativo español no seguinte enlace:

FERRAMENTAS ON-LINE

Para todos os mestres supón un reto a inclusión das novas tecnoloxías no proceso de ensino-aprendizaxe. Nesta liña desenvólvense os seguintes enlaces que vos propoñemos


RECURSOS EDUCATIVOS ABERTOS: artículo sobre o portal de recursos educativos abertos creado pola Comisión europea. 

EN LA NUBE TIC:  para traballar a escritura con ferramentas que nos proporciona a Rede.


Revistas dixitais en aberto que achegan información ao profesorado sobre temáticas emerxentes:

LABIRINTO DIXITALAcaba de saír o primeiro número no que se recollen as actas do seu congreso sobre software libre e educación e diferentes traballos sobre ferramentas de doada utilización no ensino como a creación de videos interactivos e as metodoloxías copyleft na educación.

FEITO NA CASA: Revista dixital de cultura tradicional, centrada na música e a cultura popular. No seu primeiro número atoparemos traballos relacionados coa música (dúo compostelán Verdegaio), fotografía (entrevista ao fotógrafo Juan Luís Rúa), obradoiros de instrumentos musicais (César Loureiro), simboloxía mariñeira en Muxía (da man de X.H. Rivadulla Corcón)












2 oct 2013

DONTEST DE PAULA



A profe Paula de 6º B quixo compartir connosco os seus hábitos e costumes. É toda unha internauta!!!
Veña, tod@s a curiosear!!!!

Lembras quen che ensinou a ler?
O MEU TÍO, E EVIDENTEMENTE, NA ESCOLA.

Cal foi o primeiro libro que liches?
ALGÚN PEQUENO RELATO DE "EL PAÍS DE LAS LETRAS", SUPOÑO.

Cal é o teu libro favorito?
NO SIN MI HIJA, MATILDA, JAMES Y EL MELOCOTÓN GIGANTE...

E o teu autor preferido?
ROALD DAHL E DAN BROWN

Cal é o último libro que liches?
LA CONSPIRACIÓN, DE DAN BROWN

Cantas horas les á semana?
UNHAS DÚAS HORAS Ó DÍA, ASÍ QUE SEMANALMENTE 14 HORAS.

Agora estás a ler...
EL SÍMBOLO PERDIDO.

Para rematar, un lugar e un momento para ler:
NO SOFÁ, POLA TARDE CEDO E NA CAMA ANTES DE DURMIR.




Lembras a primeira vez que te conectaches á Rede?
CREO QUE CON 14 OU 15 ANOS, NO CIBER DO POBO.

Onde soes conectarte a Internet?
NA CASA, NO TRABALLO E, GRAZAS Ó MOBIL, EN CALQUERA LUGAR ONDE ME ATOPE.


Para que soes usar a Rede?
PRINCIPALMENTE PARA VER VÍDEOS (youtube, google video, yahoo video...) TAMÉN PARA CONSULTAR O FACEBOOK, TWITER, BLOGUES, O CORREO E FACER COMPRAS. EN POUCAS OCASIÓNS PARA XOGAR "ON LINE".

Como te conectas?
A TRAVÉS DA CONEXIÓN ADSL, HIPHONE E COA TABLET.

A que medios de comunicación accedes a través da rede?
LEO OS DIARIOS E VEXO A TV

Cal é o blogue, páxina web... ao que máis uso lle das?
PRINCIPALMENTE PARA CONSULTAR O FACEBOOK E O TWITTER.

Para rematar, o momento do día no que sempre "estás conectada"
CREO QUE "SEMPRE" ESTOU CONECTADA!!

1 oct 2013

PREMIO RAÍÑA LUPA


Na súa novena edición, o Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil (convocado pola Deputación da Coruña), recaeu na novela Reo de Xesús Fraga.


Unha historia protagonizada por un grafiteiro adolescente que defendeu o xurado en base a "escoller unha temática actual e unha linguaxe directa para rescatar valores" e a aposta por "falar da identidade dun rapaz adolescente que manifesta as súas inquedanzas a través da cultura urbana".

Accede á información publicada polo Diario de Ferrol.




O DONTEST DE OLGA

Hoxe descubriremos algo máis sobre a mestra Olga (3 anos), que quixo colaborar no blogue e contarnos os seus hábitos lectores e de emprego de Internet. Para curiosiños e curiosiñas aquí tedes as preguntiñas!!!


Lembras quen che ensinou a ler?
A MESTRA DE PREESCOLAR NA CASA E MIÑA NAI ATA OS 3 ANOS. LOGO NO COLEXIO EN ED. INFANTIL, A MESTRA. 

Cal foi o primeiro libro que liches?
LIBROS DE ANIMAIS.

Cal é o teu libro favorito?
DE PEQUENA FOI "GUÁRDATE DE LOS IDUS" E AGORA "EL TIEMPO ENTRE COSTURAS".

E o teu autor preferido?
MARÍA DUEÑAS

Cal é o último libro que liches?
O ÚLTIMO (aínda ser rematar) "50 SOMBRAS DE GREY".

Cantas horas les á semana?
DEPENDE, ÁS VECES 3 E OUTRAS NADA.

Agora estás a ler...
REMATANDO "50 SOMBRAS DE GREY".

Para rematar, un lugar e un momento para ler:
NA MIÑA TERRAZA, UN SÁBADO POLA TARDE.




Lembras a primeira vez que te conectaches á Rede?
SI, NO INSTITUTO.

Onde soes conectarte a Internet?
PRINCIPALMENTE NA CASA E NO TRABALLO

Para que soes usar a Rede?
PRINCIPALMENTE PARA CONSULTAR O CORREO.  
TAMÉN PARA CONSULTAR O FACEBOOK, TWITER, BLOGUES... 
EN OCASIÓNS VEXO VÍDEOS EN YOUTUBE, GOOGLE VÍDEO, ETC.

Como te conectas?
A TRAVÉS DA CONEXIÓN ADSL E TAMÉN COA BANDA ANCHA NO MEU MÓBIL.

A que medios de comunicación accedes a través da rede?
LEO OS DIARIOS E REVISTAS, VEXO PELÍCULAS E A TELEVISIÓN E ESCOITO A RADIO. 

Cal é o blogue, páxina web... ao que máis uso lle das?
PÁXINAS E RECURSOS EDUCATIVOS, CURSOS, CORREO ELECTRÓNICO E PARA LER A PRENSA.

Para rematar, o momento do día no que sempre "estás conectada"
NON TEÑO UN MOMENTO ESPECÍFICO.

RENOVAMOS O DONTEST!!!!


Este ano continuamos indagando entre as costumes do profesorado!! Pero queremos saber máis!!!
O Dontest volve renovado, no seu mellor momento!! Introdúcese de cheo nas tecnoloxías da información e comunicación seguindo os derroteiros da sociedade actual.
Para todos e todas os curiosos aquí tedes o Dontest da profe Belén (de 3º A)





Lembras quen che ensinou a ler?
A MIÑA MESTRA DE ED. INFANTIL

Cal foi o primeiro libro que liches?
BAMBI

Cal é o teu libro favorito?
ÁNGELES Y DEMONIOS DE DAN BROWN

E o teu autor preferido?
MARY HIGGINS CLARK

Cal é o último libro que liches?
ENSAYO SOBRE LA CEGUERA DE JOSÉ SARAMAGO

Cantas horas les á semana?
TRES HORAS

Agora estás a ler...
INFIERNO DE DAN BROWN

Para rematar, un lugar e un momento para ler:
A PRAIA, SOBRE TODO DESPOIS DE COMER.




Lembras a primeira vez que te conectaches á Rede?
CON 16 ANOS NUN CURSO DE INFORMÁTICA

Onde soes conectarte a Internet?
PRINCIPALMENTE NA CASA E NO TRABALLO

Para que soes usar a Rede? Sinala do 1 (menos frecuente) o 3 (máis frecuente)
PRINCIPALMENTE PARA CONSULTAR O CORREO.  
TAMÉN PARA VER VÍDEOS (youtube, google video, yahoo video...) E CONSULTAR O FACEBOOK, TWITER, BLOGUES... 
POUCAS VECES XOGO "ON LINE", DESCARGO MÚSICA OU FAGO COMPRAS.

Como te conectas?
A TRAVÉS DA CONEXIÓN ADSL E TAMÉN COA BANDA ANCHA NO MEU MOVIL.

A que medios de comunicación accedes a través da rede?
LEO OS DIARIOS

Cal é o blogue, páxina web... ao que máis uso lle das?
PÁXINAS DE EDUCACIÓN E ACTIVIDADES EDUCATIVAS, A PÁXINA DA XUNTA, CORREO, DIARIOS, ETC.

Para rematar, o momento do día no que sempre "estás conectada"
Á TARDE-NOITE POLO XERAL.