3 oct. 2013

FERRAMENTAS ON-LINE

Para todos os mestres supón un reto a inclusión das novas tecnoloxías no proceso de ensino-aprendizaxe. Nesta liña desenvólvense os seguintes enlaces que vos propoñemos


RECURSOS EDUCATIVOS ABERTOS: artículo sobre o portal de recursos educativos abertos creado pola Comisión europea. 

EN LA NUBE TIC:  para traballar a escritura con ferramentas que nos proporciona a Rede.


Revistas dixitais en aberto que achegan información ao profesorado sobre temáticas emerxentes:

LABIRINTO DIXITALAcaba de saír o primeiro número no que se recollen as actas do seu congreso sobre software libre e educación e diferentes traballos sobre ferramentas de doada utilización no ensino como a creación de videos interactivos e as metodoloxías copyleft na educación.

FEITO NA CASA: Revista dixital de cultura tradicional, centrada na música e a cultura popular. No seu primeiro número atoparemos traballos relacionados coa música (dúo compostelán Verdegaio), fotografía (entrevista ao fotógrafo Juan Luís Rúa), obradoiros de instrumentos musicais (César Loureiro), simboloxía mariñeira en Muxía (da man de X.H. Rivadulla Corcón)












No hay comentarios: