1 oct 2013

O DONTEST DE OLGA

Hoxe descubriremos algo máis sobre a mestra Olga (3 anos), que quixo colaborar no blogue e contarnos os seus hábitos lectores e de emprego de Internet. Para curiosiños e curiosiñas aquí tedes as preguntiñas!!!


Lembras quen che ensinou a ler?
A MESTRA DE PREESCOLAR NA CASA E MIÑA NAI ATA OS 3 ANOS. LOGO NO COLEXIO EN ED. INFANTIL, A MESTRA. 

Cal foi o primeiro libro que liches?
LIBROS DE ANIMAIS.

Cal é o teu libro favorito?
DE PEQUENA FOI "GUÁRDATE DE LOS IDUS" E AGORA "EL TIEMPO ENTRE COSTURAS".

E o teu autor preferido?
MARÍA DUEÑAS

Cal é o último libro que liches?
O ÚLTIMO (aínda ser rematar) "50 SOMBRAS DE GREY".

Cantas horas les á semana?
DEPENDE, ÁS VECES 3 E OUTRAS NADA.

Agora estás a ler...
REMATANDO "50 SOMBRAS DE GREY".

Para rematar, un lugar e un momento para ler:
NA MIÑA TERRAZA, UN SÁBADO POLA TARDE.




Lembras a primeira vez que te conectaches á Rede?
SI, NO INSTITUTO.

Onde soes conectarte a Internet?
PRINCIPALMENTE NA CASA E NO TRABALLO

Para que soes usar a Rede?
PRINCIPALMENTE PARA CONSULTAR O CORREO.  
TAMÉN PARA CONSULTAR O FACEBOOK, TWITER, BLOGUES... 
EN OCASIÓNS VEXO VÍDEOS EN YOUTUBE, GOOGLE VÍDEO, ETC.

Como te conectas?
A TRAVÉS DA CONEXIÓN ADSL E TAMÉN COA BANDA ANCHA NO MEU MÓBIL.

A que medios de comunicación accedes a través da rede?
LEO OS DIARIOS E REVISTAS, VEXO PELÍCULAS E A TELEVISIÓN E ESCOITO A RADIO. 

Cal é o blogue, páxina web... ao que máis uso lle das?
PÁXINAS E RECURSOS EDUCATIVOS, CURSOS, CORREO ELECTRÓNICO E PARA LER A PRENSA.

Para rematar, o momento do día no que sempre "estás conectada"
NON TEÑO UN MOMENTO ESPECÍFICO.

No hay comentarios: