29 nov. 2013

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Queremos amosarvos algunha das actividades realizadas polos alumn@s do Rosalía para conmemorar esta data. Tras a lectura do conto A historia dos bonobos con lentes os alumnos e alumnas de 4ºA decidiron elaborar un mural coas súas propias fotos para transmitir a seguinte idea:
NON A MALTRATES, FAINA FELIZ!!

27 nov. 2013

FINA CASALDERREY NA REAL ACADEMIA GALEGA



Fina Casalderrey, escritora de literatura infantil e xuvenil en galego e mestra, acaba de entrar na Real Academia Galega.
Aquí está o enlace á información na páxina de RAG.

A AUGA

No seguinte enlace descubriremos unha web con moitos recursos interesantes para saber máis sobre a importancia da auga para o planeta e para os seres que habitan nel.

25 nov. 2013

PARA UN MUNDO MELLOR

O día 16 de novembro celebramos o "Día da tolerancia", o 20 do mesmo mes adicámosllo ós "Dereitos da infancia" e o 25 conmemorouse o "Día contra a violencia de xénero". No seguinte vídeo queremos amosarvos as exposicións que a biblioteca puxo á disposición de toda a comunidade educativa para ofertar recursos en torno ós valores que se extraen destas datas.

RECOMENDACIÓN LECTORA

Na semana do 25 e para traballar os valores relacionados co "Día contra a violencia de xénero" recomendamos:




Adela Turín e Nella Bosnia, fixeron posible unha colección que se chamou "A favor das nenas". Desa colección está traducindo ao galego e publicando Kalandraka títulos como Rosa Caramelo e Arturo e Clementina. Agora, aparece esta: A historia dos bonobos con lentes, traducida por G. Tolentino.
Unha sociedade bonoba dividida en machos e femias. Eles, divírtense e modernízanse, mentras elas buscan a comida e coidan deles e das criaturas... a metáfora da distribución do traballo por sexo.  
Nas viaxes e "actualización" dos machos hai moita ironía: chegan falando catro frases noutro idioma (como un gran avance) e colocándose gafas de sol que tamén distribúen entre os que son quen de repetir as tales palabriñas. Certamente podíamos rirnos de nós mesmos... A diferenza é que nese caso elas quedan fóra do progreso, e iso sálvaas. Un día deciden irse a outro lugar coas crianzas e construír unha sociedade con sentidiño, fan o traballo coa rapazada (sexa do sexo que sexa) e crean, crean... avanzan e son felices como nunca o foran. Os bonobos, condenados a buscarse o alimento, xa non o pasan tan ben... e miran con envexa o mundo das bonobas...
 
Todos estes libros están á vosa disposición na exposición que está montada no corredor do centro, así mesmo podedes botar man deles na biblioteca en calquera outra ocasión.

21 nov. 2013

O MAGOSTO

Polo magosto non só desfrutamos da gastronomía típica destas datas, se non que tamén celebramos a Semana da tradición oral grazas aos xogos populares que nos axudaron a mergullarnos nas rimas, refráns e cancións propias da tradición oral galega máis infantil e divertida!!!


19 nov. 2013

RECOMENDACIÓN LECTORA DA SEMANA

A semana do 18 de novembro recomendámosvos:
Escrito por Juan Ramón Brotons para a Editorial Anaya. 
Los niños y el arte tienen mucho que ver, y si no que se lo pregunten a María, la niña que descubrió las pinturas de la cueva de Altamira. Por eso este libro habla de pintura y de niños. Un recorrido a lo largo de diferentes cuadros que forman parte de la historia de la pintura, pasando por artistas como Leonardo da Vinci, Van Gogh, ­Kandinsky, Dalí o Picasso, con los que el lector se acercará al mundo del arte. Y además, cuentos para leer, curiosidades para descubrir y propuestas para ponerse a prueba y desarrollar la creatividad.

13 nov. 2013

O SAMAÍN NO ROSALÍA

O día 30 de outubro celebramos o Samaín no noso colexio. No seguinte vídeo queremos amosarvos as numerosas e orixinais cabazas que decoraron os rapaces e as súas familias, así como as actividades e disfraces dos que desfrutamos ó longo dese día.


Dende a biblioteca quixemos aportar o noso "granciño de medo" propoñéndolle ós rapaces a actividade que vimos facendo dende hai algúns cursos. En infantil e primeiro ciclo debuxaron o seu monstro favorito e 2º e 3º ciclo respostaron á pregunta: E ti, a que lle tes medo? A continuación amosámosvos os resultados.

RECOMENDACIÓN LECTORA DA SEMANA

Na semana do 11 de novembro recomendámosvos:

Astérix e os pictos. A nova aventura dos galos resistentes está a chegar ás librarías da man de Edicións Xerais de Galicia. 
O 24 de outubro foi a data marcada para a súa saída internacional na versión orixinal en francés e en máis de vinte linguas, entre elas o galego
Tras a morte do seu creador René Goscinny en 1977, o debuxante Albert Uderzo asumiu en solitario a elaboración das aventuras dos galos ata que o pasado 2011 anunciou a súa retirada. O propio Uderzo foi quen seleccionou aos que serán os continuadores da serie, o guionista Jean-Yves Ferri e o debuxanteDidier Conrad. Ferri é coñecido polas súas colaboracións co debuxante Manu Larcenet en series comoLe retour à la terre ou Le sens de la vis; pola súa banda, Conrad debe a súa sona a dúas series desenvolvidas co guionista Yann, Les innommables e Tigresse blanche
Segundo as últimas noticias, a edición en galego desta obra, está a agotarse, polo tanto é hora de correr ás librarías, como verdadeiros galos e facernos co exemplar. Nunca será o mesmo lelo en castelán! (despois de todo, trátase de galos e resistencia).  

GAÑADORES DO CONCURSO DO PDI

Noraboa ós que conseguiron resportar á bateria de preguntas sobre "Galicia de pedra"!!!
Os gañadores do concurso foron:
Paula Domínguez e Uxía Meis de 3º A
Xabier Otero, Martín Padín e José Antonio Mougán de 4º B
Lía Germade, Raquel Fernández e Zaira Besada de 5º A

Joaquín Martínez e Braian Pombo de 6º B



8 nov. 2013

PREMIO NACIONAL DE BANDA DESEÑADA


Ardalén de Miguelanxo Prado acaba de acadar o Premio Nacional de Cómic.
Esta obra que xa fora declarada Mejor Obra de Autor Español do 2012 no Salón Internacional do Cómic de Barcelona, é a primeira banda deseñada galega que acada este galardón.
O xurado destacou o caracter poético da obra, que mestura a realkidade co soño, a memoria e o esquecemento, e a súa mestría técnica no uso da cor.
Parabéns para o autor e para toda a banda deseñada galega. 
Hai tempo que vimos falando do bo nivel deste xénero, da necesidade de que sexan traducidas as obras destes creadores que están a ser publicadas noutras idiomas, e de que sexan suficientemente coñecidas. Pode que este premio axude neste sentido, e bo será!
Aproveitamos para lembrar o cartaz que Miguelanxo realizou para as bibliotecas escolares de Galicia




RECOMENDACIÓN PARA ESTE LONGO FIN DE SEMANA














Un dos libros de Anthony Browne.







O ilustrador británico ofrécenos a través da Editorial kalandraka o seu libro Un paseo polo parque.
Neste álbum aparecen as notas de identidade do creador: a inclusión dos valores, a marabillosa construción da ilustración, os trazos surrealistas introducíndose na realidade para crear un ambiente onírico, un texto sintético pero pleno de significado...
Un paseo polo bosque preséntanos un momento da vida de dúas familias que levan a pasear o can polo parque. Un pai cunha filla e un can, unha nai cun fillo e un can. Moi distintos como tamén o son as casas das que parten, peor no parque coinciden. Comezan xogando entre si os cans, continúan achegándose os rapaces ata que el a agasalla a ela cunha flor... os pais están sentados un a cada lado do banco sen mirar sequera. Ignóranse. A incomunicación pálpase. Os adultos están demasiado distanciados e incapaces de mirarse ou falarse. Terían tanto que aprender dos  cans e dos nenos... 
A tradución da obra correu a cargo de Sandra e Óscar Senra Gómez.
 

5 nov. 2013

NO DÍA DA BIBLIO: INACIO!!!!!

CON EL RIMOS A ESGALLA E QUE BEN O PASAMOS!!! GRAZAS INACIO POR VIR VISITARNOS.



Queremos tamén deixarvos aquí o pregón de Laura Gallego que se publicou por mor do día das bibliotecas:

Vía Amigos del Libro Infantil y Juvenil podemos acceder á imaxe e pregón, de Laura Gallego.
Todas as bibliotecas, todos os libros, todas as historias sobre libros (sexa cal sexa o seu soporte) serán ben recibidas para seguir falando de lectura. Atravesando a Terra e plantando letras...
"Érase una vez un viajero que llegó desde un lugar lejano a un pueblo en el que no había libros. Se sentó a descansar en la plaza mayor y sacó de su morral un viejo volumen de cuentos. Cuando empezó a leer en voz alta, los niños, que nunca habían visto nada semejante, se sentaron a su alrededor para escucharlo.
El visitante relató historias que fascinaron a sus oyentes y les hicieron soñar con fantásticas aventuras en reinos maravillosos. Cuando terminó, cerró el libro para volver a guardarlo en su morral. Nadie se percató de que, al hacerlo, escapaban de entre sus páginas algunas palabras sueltas que cayeron al suelo.
El viajero se marchó por donde había venido; tiempo después, los habitantes del pueblo descubrieron el pequeño brote que elevaba sus temblorosas hojitas hacia el sol, en el lugar en el que habían caído las palabras perdidas.
Todos asistieron asombrados al crecimiento de un árbol como no se había visto otro. Cuando llegó la primavera, el árbol exhibió con orgullo unas hermosas flores de pétalos de papel. Y, con los primeros compases del verano, dio fruto por primera vez.
Y sus ramas se cuajaron de libros de todas clases. Libros de aventuras, de misterio, de terror, de historias de tiempos pasados, presentes y futuros. Algunos se atrevieron a coger esos frutos, y había un sabio en el lugar que les enseñó a leer para poder disfrutarlos.
A veces, la brisa soplaba y sacudía las ramas del árbol. Las hojas de los libros se agitaban y dejaban caer nuevas palabras. Y pronto hubo más brotes por todo el pueblo; y en apenas un par de años, los árboles-libro estaban por todas partes.
Se corrió la voz; muchos investigadores, curiosos y turistas pasaron por allí para conocer el lugar donde los libros crecían en los árboles. Los habitantes del pueblo leían sus páginas con fruición, y cuidaban cada brote con gran mimo. Y así iban recogiendo más y más historias con cada nueva cosecha de libros.
Un día, los más sabios del lugar se reunieron y acordaron compartir su tesoro con el resto del mundo. Eligieron a un grupo de jóvenes y los animaron a escoger un libro del primer árbol que había crecido en el pueblo. Después, los enviaron a recorrer los caminos.
Ellos se repartieron por el mundo, buscando un hogar para su preciada carga, y así, con el tiempo, cada uno dejó su libro en una biblioteca diferente.
Y cuenta la historia que allí siguen todavía. Que hay algunas bibliotecas que guardan entre sus estantes un libro especial que deja caer palabras-semilla. Y que, si aterrizan en el lugar adecuado, cada una de esas palabras crecerá hasta convertirse en un árbol que dará como fruto nuevos libros.
Nadie sabe en qué bibliotecas se encuentran estos libros maravillosos. Se desconoce también cuáles, de entre todos sus volúmenes, son los que proceden del pueblo donde los libros crecen en los árboles. Podría ser cualquiera, y podría estar escondido en cualquier rincón de cualquier biblioteca del planeta.
Animaos a entrar en ellas y a explorar sus estanterías, viajeros; porque quizá deis por casualidad con un libro cuyas palabras echen raíces en vuestro corazón y hagan crecer un magnífico árbol de historias cuyas semillas puedan llegar a cambiar el mundo.
¡Feliz día de la biblioteca!

PREMIOS FIN DO MES DA BIBLIOTECA

O mércores 30 celebramos o último sorteo de agasallos polo mes da biblioteca. Neste día, que coincidiu coa celebración do Samaín repartimos unha morea de premios!!!!







Sara Piñeiro Vidal de 4º B
Samuel Vázquez Devesa de 4º B
María Padín de 4º B
Raúl Otero Argibay de 6º A


PARA PAIS E NAIS

Recomendámosvos o libro Porque les cuento cuentos a mis hijos por las noches. Confesiones de un padre egoísta. 

Tedes máis información no seguinte enlace: PORQUE LES CUENTO CUENTOS.

Así mesmo resultaravos interesante o seguinte enlace: ESTRATEXIAS PARA A BÚSQUEDA EN INTERNET 

PREMIO NACIONAL DE POESÍA EN GALEGO

Manuel Álvarez Torneiro acaba de conseguir o Premio Nacional de Poesía co seu libro Os ángulos da brasa editado por Factoría K.
Esta libro xa fora recoñecido co Premio da Crítica de Poesía galega que concede a Asociación Española de Críticos Literarios, co Premio Ánxel Casal da AGE (Asociación Galega de Editores) e co premio da AELG á mellor obra de poesía do ano 2012.
Álvarez Torneiro (A Coruña, 7 de xullo de 1932) traballou como xornalista, e aínda que comezou a escribir poesía con 18 anos, a súa primeira publicación foi Memoria dun silencio, en 1982. Foi un dos fundadores do grupo poético "Amanecer" na década dos cincuenta. Os estudosos sitúano na Xeración das Festas Minervais, na primeira promoción da poesía de posguerra: "os nados entre 1928 e 1942. No prólogo ó libro As doazóns do incendio, o profesor Basilio Losada apunta: o que vele na poesía de Torneiro é o poema, non é un verso illado, e menos unha palabra-fetiche. Veñen os versos e as palabras nestes poemas sen desaxustes semánticos, traballadas con sutileza e emoción. Con verdade, sen grandes sorpresas nin fulgores irritantes."
Leva publicados uns 13 poemarios máis, entre os que destacan Rigorosamente humano (1995) e Luz de facer memoria (1999). Conta tamén con outros galardóns como o Premio Esquío (1994), o González Garcés (gañado en dúas ocasións: anos 1998 e 2000) e o Premio da Crítica Española (1999); tamén foi nomeado socio de honra da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)


Parabéns ao poeta, a factoría K e á poesía galega!