15 dic 2009

MOCHILAS VIAXEIRAS: TODO UN ÉXITO

Se es un dos que xa levou a Mochila Viaxeira entenderás o titular; se aínda non a levaches, terás que esperar para comprendelo.
A aceptación desta actividade está sendo boísima, a xulgar polos comentarios que tanto os nenos/as como os seus pais/nais nos deixades no libro de firmas.
Unha das cousas que máis repetides é que unha semana vos parece pouco tempo e estamos a traballar para aumentar o período de "préstamo" da mochila poñendo en marcha unha mochila máis por aula.
Seguide disfrutando dos libros, da música e dos DVDs que contén esta "viaxeira" tan particular.

DONTEST DE MANU

Esta semana o profe Manu responde as preguntas do Dontest. Como poderedes comprobar, o deporte e a lectura non están reñidos. Aí van as súas respostas.

1. Lembras quen te ensinou a ler?
- A miña primeira mestra, Ángeles

2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- Segundo a miña nai, unhas fichas da editorial Everest, que eu recorde, os tebeos de "Jacky e Nuca" e os de "El Quijote de la Mancha"

3. Cal é o teu libro favorito?
- Se me teño que quedar con un sería "Los Pilares de la Tierra", seguido pola súa continuación, "Un Mundo sin Fin", sen esquecer "La Catedral del Mar".
Tamén a triloxía do profesor Robert Langdon ("Ángeles y Demonios", "El Código da Vinci" e "El Símbolo Perdido") é trepidante. Ah! Tampouco podo negar ser fan ao 100% de Harry Potter.

4. E o teu autor/a preferido/a?
- Ken Follet

5. Cal é o último libro que liches?
- "El Símbolo Perdido"

6. Cantas horas les á semana?
- Unhas dez

7. Agora estás a ler....
- "Un Día de Cólera"

8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
-A Punta do Castro (un cantil na Mariña de Lugo), calquer día de verán.

14 dic 2009

COÑECE O LIBRO MÁIS EMPRESTADO


Pois aquí tedes o que foi a libro máis emprestado este ano 2009, trátase de "LA ORCA" de Renee Lebloas.
Velaquí a súa ficha bibliográfica:
LA ORCA / RENEE LEBLOAS
Publicación: ESPAÑA : SM, 2005
Edición: 1ª
Materias: C.NATUREZA
Idioma: spa: Español
Tipo rexistro: Material textual
Nivel biliográfico: Monografía
Notas: ADQUIRIDO COA APORTACIÓN DA XUNTA84-348-41541
Localización: 832-VERMELLO
Nº rexistro: 3620

CHEGA O FRÍO!!

Boas amig@s!!

Comezamos a última semana completa de clases antes das vacacións de Nadal e parece que chega o frío de verdade!! A que apetece ler a carón dun radiador?

Imos cos temas da biblio, a semana pasada, a pesar de ter soamente tres días de clase, prestamos 170 libros; o desglose é o seguinte: 134 nos recreos, 34 nas titorías e 2 pola tarde. Non está mal eh?

Por outra parte, mañá recuperamos o Dontest, tócalle a un profe que imparte unha das vosas asignaturas favoritas, a que xa tes unha idea de quen pode ser?

9 dic 2009

SEMANA RÉCORD

Boas! Que tal de ponte? Estou seguro de que aproveitástedes estes días para ler un montón!! E estouno porque a semana pasada realizáronse nada máis e nada menos que 298 empréstitos... Sobran as verbas. Nos recreos realizáronse 263, nas horas de titoría 33 e polas tardes 2.
Este segue a ser o único lunar, tedes que animarvos a vir máis polas tardes, non debedes desaproveitar a oportunidade, non exclusivamente para coller libros, senón para buscar información, empleo de internet, etc...

Polo demais, debido a este "parón" nas clases, esta semana non temos Dontest, pero a semana que ven voltará con outro dos vosos profes. Admítense apostas.

3 dic 2009

O Señor dos Aneis

Ficha de presentación do libro elaborada polos alumnos/as de 5ºA



TÍTULO: O Señor dos Aneis
AUTOR/A: J.R.R Tolkien
EDITORIAL: Edicións Xerais de Galicia
DATA DE PUBLICACIÓN: 21 de outubro 2001
Nº DE PÁXINAS: 511

RESUMO: O hobbit Frodo Bulseiro recibe un Anel Máxico como herdanza do seu tío Bilbo. Para protexer este Anel e evitar que caia nas mans dos servidores do Señor Escuro créase a Irmandade do Anel, composta por representantes dos pobos dos elfos, os homes, os hobbits e os ananos, que acompañarán a Frodo durante unha longa viaxe por terras extrañas e perigosas

2 dic 2009

ESTA SEMANA LIDIA RESPONDE O DONTEST

Xa quedan poucos profes "especialistas" por pasar o Dontest, unha das que nos quedaba era Lidia, que esta semana animouse a respostar as cuestións que lle plantexamos. Non te perdas detalle das respostas dunha auténtica amante da lectura.


1. Lembras quen te ensinou a ler?
- Ensinoume a ler a miña mestra Loli, aínda que tamén practicaba na casa coa miña nai

2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- Non lembro o primeiro libro que lin pero sí o primeiro que colín cando inauguraron a biblioteca do meu colexio. Era un libro da colección de "Puck", unha nena aventureira e detective.

3. Cal é o teu libro favorito?
- "Wilt" de Tom Sharpe

4. E o teu autor/a preferido/a?
- O meu autor preferido é Tom Sharpe. As súas historias absurdas e o seu sentido do humor téñenme enganchada.

5. Cal é o último libro que liches?
- "ADN" de Robin Cook. Encántanme as historias de intriga

6. Cantas horas les á semana?
- Leo todos os días entre unha e dúsa horas e na fin de semana máis, aínda que depende do tempo que faga

7. Agora estás a ler....
- "El Símbolo Perdido" de Dan Brown

8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
-Cando disfrutas de lectura coma min calquer sitio e momento libre son bos. Aínda que se teño que escoller podería ser o salón da miña casa nunha tarde de chuvia.

1 dic 2009

Todos somos diferentes

Boas, querid@s lectores/as, aconséllovos que clickedes na frase que está subliñada máis abaixo, é un fermoso conto con actividades para os máis pequenos "Todos somos diferentes" adaptado ao español polos pais dun neno autista.

CONTOS DE GRIMM


Outra das fantásticas novidades que temos na biblioteca é este libro de Edicións Xerais de Galicia cos mellores contos dos irmáns Grimm ilustrados por algúns dos máis destacados ilustradores españois.
Esta dobre antoloxía ven precedida dunha introducción de Gustavo Martín Garzo, suxestivamente titulada "Teoría do final feliz" e rematada cun emotivo "Lembranzas dos irmáns Grimm", escrito por Herman Grimm, fillo de Wilhelm e sobriño de Jacob.
Nenos e nenas, recoméndovos que non perdades a oportunidade de coller prestado este libro, estou convencido de que non vos arrepentiredes.