19 mar 2018

MES DA POESÍA

Xa temos a vosa disposición, no corredor principal, unha nova exposición. Para mirar, tocar e levar!!!!



13 mar 2018

VISITAS DO MES DE MARZO


¡Querid@s alumn@s!:  


Neste mes de marzo temos motivos para estar contentos, pois imos recibir a visita de dúas escritoras.
O día 16 vainos visitar Ana Alonso, que xa estivo con nós noutra ocasión, e volve ao noso Colexio. Vai ter un encontro cos alumnos de 3º e 4º Niveis, que leron algúns dos seus libros: “El baño de Cleoptara”, “Misión Tierra 5” e “Caballero superhéroe”. Seguro que será un momento especial para todos.
O mes de marzo é o mes adicado á POESÍA, ese xénero literario cheo de lírica, musicalidade, sensibilidade, sentimentos e paixón. No corredor central do Colexio temos unha ampla exposición de libros de poesía que podedes levar para casa. Ademais, o día 21 de marzo é o Día Internacional da Poesía, e para celebralo dunha maneira especial vainos visitar a escritora María Canosa, que escribe libros para nenos, entre eles obras poéticas como “Acuario” ou “Ronca o mar”. 
Vai ter un encontro cos nenos de 3º Nivel, que leron o seu libro “A cazadora de estrelas”. Esperamos que a visita sexa do seu agrado.

6 mar 2018

DÍA DA MULLER TRABALLADORA









O 8 de Maio celebrarase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA. Trátase dunha data, que serve de pretexto para denunciar as carencias que todavía existen no camiño hacia a igualdade entre homes e mulleres, unha desigualdade que segue sendo patente en moitas partes do mundo. Non debería ser un día para celebrar xa que ainda que xa se conseguiron algúns dereitos todavía existe unha desvalorización do traballo da muller, a discriminación laboral, a violencia de xénero,... 

Aquí tedes  varios libros Lim para traballar en educación infantil, primeiro ciclo e segundo e terceiro ciclo.