20 nov. 2017

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

O 20 de novembro de 1959, a Asamblea Xeral da ONU aprobou a Declaración Universal dos dereitos dos nenos e nenas. Esta Declaración, establece en dez principios cuidadosamente redactados, os dereitos dos nenos e nenas para que disfruten de protección especial e dispoñan de opotunidades e servicios que lles permitan desenvolverse felizmente en forma sa e normal, en condicións de liberdade e dignidade; para que teñan un nome e unha nacionalidade desde o seu nacemento; para que gocen dos beneficios da seguridade social e reciban tratamento, educación e coidados especiais se teñen algún padecemento; para crecer nun ambiente de afecto e seguridade; para que reciban educación e figuren entre os primeiros que reciban protección e socorro en casos de desastre; para que se lles protexa contra calquer forma de discriminación, á par de que sexan educados nun espíritu de comprensión, tolerancia, amizade entre os pobos, pola paz e a fraternidade universal.
Esta Declaración, ademais de proclamar os dereitos das nenas e dos nenos, insta aos pais, aos adultos, ás organizacións e ás autoridades, a que recoñezan istos dereitos e loiten pola súa observancia.
Neste vídeo móstrase a exposición de libros que están no corredor do colexio relacionados con este día.


7 nov. 2017

samaín 2017

No seguinte vídeo fotográfico poderedes ver as imaxes relacionadas con todo o que fixemos no Samaín 2017: exposición de contos, chocolatada, decoración dos corredores e do patio infantil...Pasámolo de medo!!!


27 oct. 2017

SORTEO 27 OUTUBRO

Sorteo do venres 27 de outubro. Nesta ocasión, como remata o mes da biblioteca foron 5 os premiados.




  •  Naia Gondar Fernández, de 1º A
  • Nerea Fernández Murillo, de 1º A
  • Saea Álvarez Vázquez, de 2º A

  • María Galego Muñoz, de 2º A
  • Álvaro Duro Serantes, de 5º A

Bibliotecas Escolares

O Día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Van xa máis de dúas décadas desde que a Asociación Amigos del Libro Infantil y Juvenil propuxera esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía. Posteriormente, o Ministerio de Cultura apoiou esta celebración e todos os anos edítase un cartel cun texto conmemorativo e realízase un acto de celebración oficial. O cartel e"pregón" deste ano 2017 pódese consultar AQUÍ

No colexio celebrámos esta data con dúas actividades de contacontos: as bibliotecarias do Concello de O Grove e a contacontos Celtia Figueiras. No seguinte vídeo podedes ver algunhas fotos. 



26 oct. 2017

FASE DE INVESTIGACIÓN PDI



GAÑADORES DO TRABALLO DE INVESTIGACIÓN 
DO PDI
  • SEXTO NIVEL: Lucía Villanueva García e Alba Lobato Novas, de 6º B, con 26,25 puntos de 29 posibles
  • QUINTO NIVEL: Alba Prol e Yago Naveiro, de 5º B, con 27,75 puntos de 29 posibles
  • CUARTO NIVEL: Alex Cao Bea e Christian Dorta Álvarez, con 26,25 puntos de 29 posibles
  • TERCEIRO NIVEL: Karina Iglesias e Helena Domínguez, de 3º A, con 27 puntos de 29 posibles























GAÑADORES SORTEO 24 OUTUBRO

MARTES 24 DE OUTUBRO
  • Kayla Bea Méndez, de 1º A
  • María Galego Muñoz, de 2º A

SORTEO 20 OUTUBRO



GAÑADORES DO SORTEO VENRES 20 DE OUTUBRO

  • Ethan Álvarez Aguiño, de 1º A
  • Amara López Martínez, de 1º B

18 oct. 2017

Aprendizaxe baseada en proxectos ABP

Video relacionado co traballo por proxectos, para aqueles centros que están iniciando ou en pleno proceso. É unha hora de formación intensiva e clarísima sobre o tema. Non o perdades. 


Tríptico

Boas!! Aquí tedes unhas novas, normas e celebración deste mes neste boletín especial do mes da biblioteca.



SORTEO 13 OUTUBRO

Os gañadores do sorteo celebrado o venres 13 de outubro foron:

  • Enya Allo Rodríguez, de 2º A
  • Sabela Serantes Álvarez, de 2º B

Parabéns!!!

11 oct. 2017

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

O poeta Antonío García Teijeiro vén de ser galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil polo libro Poemar o mar.

Nos Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2016/2017,Antonio falounos de que a poesía non se ensina, fíltrase.


Moitos parabéns a García Teijeiro por este recoñecemento.


Na biblioteca do cole temos este libro!!!!

9 oct. 2017

SORTEO BIBLIOTECA

OS GAÑADORES DO 1º SORTEO DO CURSO 2017/2018 FORON:
















  •   Matías Otero Otero, de 6º B
  • Alexander Otero López

    27 sept. 2017

    Concurso PDI

    Boas!! Como xa saberedes o PDI deste ano é "O Grove en imaxes" este concurso da "Fase de motivación", serve para dar a coñecer o proxecto a toda a comunidade educativa.
    Dito concurso consiste nun traballo de investigación sobre diferentes aspectos do proxecto, que os alumnos de 3º a 6º teñen que elaborar para introducirse no tema e ir coñecendo cousas do mesmo. 
    Tedes de prazo para entregalo ata o 13 de outubro, e faranno por parellas. 


    CONCURSO PDI 2017-18

    O GROVE EN IMAXES”

    NOMES:____________________________________________________
    _____________________________________CURSO:____________


    • Cita tres (3) festas que se celebren no Grove e en que época do ano se celebran:
    FESTA

    ÉPOCA DO ANO










    • Escribe o nome de cinco (5) praias do Grove:
    • A que personaxe histórico colgaron nunha figueira?
    • En que lugar do Grove se atopa dita figueira?
    • No Grove hai unha necrópole (lugar de enterramento) moi antiga. Como se chama?
    • Como se chaman os lugares para pasear ao lado do mar?
    No Grove hai varios deses lugares. Sabes os nomes dalgún deles? Escríbeos.
    1.
    2.
    3.
    • Une con frechas o nome do animal e o grupo ao que pertence:

    ANIMAL

    GRUPO



    Polbo


    Rodaballo


    Centola

    PEIXES
    Ameixa


    Camarón


    Soia

    MOLUSCOS
    Boi


    Berberecho


    Xurelo

    CRUSTÁCEOS
    Nocra


    Mexilón




    • Escribe o nome das dúas grandes industrias conserveiras que teñen as súas fábricas no Grove
    1.
    2.
    • Como se chama o actual alcalde do Grove e a que partido político pertence?
    • Escribe o nome dalgunha das igrexas ou capelas católicas do Grove.
    Coñeces outra relixión que non sexa a católica que teña arraigamento no Grove e onde se atopa o seu lugar de culto (de reunión)?
    • A que nos referimos cando falamos das “colareiras” do Grove?
    • Relaciona as dúas columnas (UNE CON FRECHAS):
    • Casino


      SPA
      Lonxa


      Misa
      Praza de abastos

      Barcos

      Ponte


      Xogar e apostar
      Acuario

      Subasta de peixes e mariscos
      Praza de Confín


      Burros fariñeiros
      Gran Hotel


      Enseada de Moreiras
      Campo de golf


      Deporte ao aire libre

      Igrexa de San Martiño

      Mercado dos venres

      Monte da Vila

      Venda de produtos do mar e da terra
      Monte Central da Toxa

      Sede da alcaldía e casa do pobo
      Casa da Cultura


      Pescadores e mariscadores
      Porto


      Biblioteca municipal

      Concello


      A Toxa
      Praza do Corgo


      Campo de fútbol e Pavillón
      Cofraría


      Fonte dos cabaliños de mar
      Museo da salga


      A fauna e a flora do mar á vista
    • O Grove é unha península. Que quere dicir isto?
    • Como se chama a lingua de terra que une O Grove coa Revolta e pola que saímos do pobo?
    • En que ría das Rías baixas está situado O Grove?
    • Como se chama o monte máis alto do Grove?
    • Cantas parroquias ten O Grove e como se chaman?
    • Escribe o nome de polo menos dúas illas que pertenzan a O Grove
    • 1.________________________________

      2.________________________________

      • O Grove non ten ríos, pero si ten un regato que está canalizado e vai baixo terra. Sabes como se chama?


      • No Grove hai unha lagoa pequena que forma parte dun espazo protexido. Escribe o seu nome e onde se atopa.

      Nome __________________________________________

      Atópase ________________________________________

      • No Grove pasan o inverno moitas aves migratorias camiño doutras latitudes. Escribe o nome dalgunhas delas.


      • O Proxecto PIO pretende defender a presenza e a supervivencia dunha ave que aniña na praia da Lanzada. Como se chama dita ave?


      • Nomea algúns artistas grovenses, vivos ou mortos (músicos, pintores, escritores, ilustradores, actores, etc.)


      • Nomea algúns dos deportistas grovenses máis destacados, en activo ou retirados (piragüistas, remeiros, xogadores de balonmán, de baloncesto, de fútbol, atletas, ciclistas, etc.)

    "Chamando á Terra"



    O sábado 9 de setembro comezou a emitirse na radio galega o programa Chamando a terra que ten como protagonista o libro en galego. Está dirixido pola xornalista e escritora María Solar e que conta coa colaboración de Montse Pena Presas, Malores Villanueva e Alba Cid.

    O programa, que se emite os sábados entre tres e catro da tarde, ten como finalidade estimular as ganas de ler de todos os públicos e en todos os xéneros. Lecturas, entrevistas, recensións de libros ou opinións sonseccións fixas deste programa que comeza.

    Seguiremos con atención este novo programa que achega novas da Literatura Infantil e Xuvenil en galego. Asimesmo pode servir de modelo para futuros programas sobre libros desenvolvidos polas bibliotecas escolares.
    Podedes escoitar os dous primeiros podcast no seguinte enlace

    26 sept. 2017

    FASE MOTIVACIÓN PDI

    Xa esta posta no corredor do colexio unha exposición de imaxes do Grove. Como xa sabedes este ano o PDI leva por título "O Grove en imaxes"




    7 sept. 2017

    VOLTA Ó COLE


    INVITACIÓN

                 INVITACIÓN AOS-ÁS ALUM@S

    ¡Querid@ alumn@!:
    Como tódolos anos, a nosa Biblioteca Escolar xa está aberta para que


    Resultado de imagen de PAN BIBLIOTECA ESCOLARES XUNTApoidas acudir a ela en busca das últimas novidades, para que te volvas
    atopar cos teus personaxes favoritos, para que deixes voar a túa
    imaxinación e disfrutes de viaxes, aventuras e desafíos apaixonantes.
    Ler libros é unha actividade moi divertida, na que ti es o
    protagonista, e cantos máis leas, mellor aprenderás a ler. Ademais, os libros

    axudaranche a madurar e con eles aprenderás moitas cousas.
    Anímate e non deixes de acudir. A nosa Biblioteca estará aberta
    tódolos recreos, incluso cando chova, para que leves prestados os teus
    libros favoritos.

    ¡Non faltes! ¡Agardámoste! E recorda que:

    - A Biblioteca é para ler e consultar libros, e non para
    face-los deberes nin para comer.
    -Se queres levar un libro prestado e chove durante o
    recreo, primeiro ven á Biblioteca e logo volve a túa aula.
    - Só poderás levar un libro prestado de cada vez. Antes de
    coller outro, debes devolver o libro prestado ao mestre
    ou mestra que estea no ordenador.
    -Se rompes un libro ou o perdes, deberás repoñelo.
    -O libro serache prestado por unha semana, e
    transcorrida esta, deberás devolvelo. Se non o acabaches
    de ler, poderás renovar o préstamo por outra semana.
    - Cando busques un libro, deixa os que están nas
    estanterías ben ordenados.

    7 jun. 2017

    CONTACONTOS

    O luns 29 de maio estivo con nos a contacontos Mª Carrera.  Podedes ver as imaxes neste vídeo.



    30 may. 2017

    Visita Marcos Calveiro

    Os nen@s de 6º leron no seu itinerario lector o libro "Palabras de auga" e o seu autor, Marcos Calveiro visitounos. Deixámosvos aquí unhas imaxes do seu paso polo colexio.