31 mar 2011

El maltrato "Sutil"

Colgamos este vídeo que fai pensar, non dicimos nada máis para que o vexades e despois opinedes.

30 mar 2011

Animación á lectura da editorial kalandraka


Ola de novo! Hoxe os nenos e nenas de 1º tiveron a sorte de ter unha animación á lectura da man de Sandra e Néveda, da Editorial Kalandraka. O tempo pasou voando con estas duas artistas da narración e a sonorización de contos: ¡Graciñas por facernos pasar un moi bo rato coa lectura como protagonista!

Esperamos poder colgar en breve unha pequena videomontaxe en recordo desta exitosa actividade

Unha páxina para todos

Estes días chegou ao correo do colexio un mail do pedagogo Jesús Jarque García. Nel nos falaba do seu blogue educativo. Pois ben, botámoslle unha ollada e nos demos conta que pode ser de moita utilidade para pais/nais e para mestres/as, xa que aporta moitas respostas a preguntas que habitualmente nos podemos facer.
Se queres visitalo ti mesmo/a, preme na imaxe, seguro que atopas algo do teu interese.

29 mar 2011

Dontest...Álex Cornes

Esta semana o alumno que contesta ás preguntas do Dontest é Álex Cornes. Trátase dun rapaz polifacético e con moita imaxinación. A ver que nos depara o seu cuestionario:

1. Lembras quen te ensinou a ler?
- A miña nai
2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- O camión que pudo
3. Cal é o teu libro favorito?
- Busca fieras
4. E o teu autor/as preferido/a?
- Anthony Horowits
5. Cal é o último libro que liches?
- Stormbraker
6. Cantas horas les á semana?
- De dez a doce
7. Agora estás a ler...
- Este cuestionario!
8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
- Ás dez da noite na miña cama.

25 mar 2011

As Illas Atlánticas na biblioteca

Boas! Esta semana imos recomendar unha das últimas adquisicións da bilbioteca.
Trátase dunha colección que ten como tema "As Illas Atlánticas".
Trátase dunha colección de libros de A Nosa Terra nos que descubrimos a través de contos estes paraísos naturais que temos na nosa costa.
Se queres navegar ata as illas de Tambo, a de Cortegada, a de Ons, ás Cíes, a Sálvora ou San Simón, non dubides en coller estes libros.

24 mar 2011

Cociña e contos, unidos

Gústache a cociña?
Se a resposta é que si, preme sen dubidar na imaxe.
Se a resposta é que non, preme sen dubidar na imaxe.

É dicir, tes que premer!! Atoparás unha páxina web chulísima que une estes dous artes, a cociña e os contos.
Aprenderás dunha forma moi divertida unha chea de receitas moi saudables.

Aviso para pais e nais: é un excelente recurso para vós, non o desaproveitedes.

Coidado ao usar o portátil!!

O uso de ordenadores na vida cotiá é xa unha realidade completamente instaurada. Moitas son as posibilidades e os beneficios que nos aportan, pero tamén algúns riscos. Este vídeo que vos mostramos a continuación mostra algún consello moi útil para a saúde da nosa espalda.

21 mar 2011

21 de marzo: Día Mundial da Poesía

Chegou a primavera
é un día especial,
e a poesía celebra
o seu Día Mundial.

Expresión dos sentimentos,
expresión de sensacións,
coa poesía aprendemos
a que falen os corazóns.

As palabras collen ritmo
bailando todas a un son,
os versos van fluíndo
ata enchernos de emoción.

Esta derradeira estrofa
é unha pequena homenaxe
aos poetas de antes e agora,
que fixeron arte ao expresarse.

Donte.
Para tod@s aqueles que cremos que a poesía é un excelente xénero para empezar a ler polas súas "propiedades": cada verso pode coller no campo visual, permite aprender a ler con ritmo dende o principio...
Empreguémola!!

Cousas

Chegou a primavera...e vaia se se nota! Menudo día que temos hoxe no Grove!

A chegada desta estación permite que podamos saír da casa cun libro no peto e ler nos paseos e parques disfrutando da primavera.
Seguro que moitos xa anticiparon este pensamento xa que a semana pasada fixemos 193 empréstitos, un gran número, sen dúbida.

Por outra banda, mañá é o Día Mundial da Auga, así que aproveitaremos o día para facervos algunha recomendación ao respecto. Deste xeito o Dontest será o mércores.
Ao longo desta semana comezaremos tamén a colocar recursos sobre o Día das Letras Galegas, e como o curso pasado, crearemos un enlace directo na parte dereita do blogue.

Como vedes, a semana ven cargadiña, lémonos!

PD: nos vos perdades a seguinte entrada, ten que ver co día de hoxe, 21 de marzo

18 mar 2011

A filla do ladrón de bicicletas


Como cada venres recomendamos un libro. Esta semana coincidindo coa visita que nos fixo Teresa González Costa presentamos o seu último libro, A filla do ladrón de bicicletas, co que conseguiu o premio Merlín de Literatura Infantil, 2010.
Esta é a primeira novela que escribe Teresa, está recomendada para lectores de 11 anos en adiante. As ilustracións son de Jacobo Fernández Serrano.
Se queres máis información sobre o libro, preme na imaxe.
Por suposto, podes atopalo na Biblioteca do colexio; @s que xa o leron quedaron encantad@s, seguro que a ti tampouco te defraudará.

17 mar 2011

Educación para o consumo: Recursos didácticos

Ola a tod@s! O pasado martes 15 de marzo celebrouse o Dia Internacional do Consumidor. Como pensamos que máis vale tarde que nunca aproveitamos para colgar hoxe un enlace á unha páxina con información e recursos didácticos en liña para a educación para o consumo. Dolceta é un proxecto da Unión europea destinado a difundir a educación para o consumo a todos os niveis. Só tedes que premer na imaxe para acceder á web. Xa na páxina, escollede o módulo que máis vos interese e seleccionade o nivel. Esperamos que lle saquedes proveito!

16 mar 2011

Teresa González Costa visita o cole!!

Os nenos e nenas de Educación Infantil atopáronse cunha agradable sorpresa ao chegar ao cole. Nada máis chegar foron directos ao ximnasio e alí atopáronse con Teresa González Costa, escritora grovense que ven de publicar A filla do ladrón de bicicletas.
A sorpresa non acabou aí, xa que Teresa preparou un conto en exclusiva para estes privilexiad@s!!
Ningún dos rapaces perdeu detalle e todos colaboraron para que a visita fora todo un éxito.
Moitas grazas por vir ao cole, Teresa.

15 mar 2011

O protagonista desta semana é Martín Bea.

Martín Bea é un alumno que visita moito a Biblioteca. Ademais de ser un gran lector, é un dos alumnos que máis rendemento lle saca aos ordenadores, xa que a súa mente inqueda non deixa de navegar por Internet na busca de cousas interesantes. Ten o seu propio blogue, ao que non debes perder a oportunidade de facerlle unha visita: blogestudios6a.wordpress.com.
Agora podes ver as súas respostas ao Dontest.

1. Lembras quen te ensinou a ler?

Eu so
2. Cal foi o primeiro libro que liches?
Foi un de Barrio Sésamo, pero non m e acordo de cal.
3. Cal é o teu libro favorito?
Las Crónicas de Narnia: El Príncipe Caspian
4. E o teu autor/a preferido/a?
F. Ibáñez
5. Cal é o último libro que liches?
Historias de la Aviación
6. Cantas horas les á semana?
Unhas 9 horas
7. Agora estás a ler...
Historia de la base aérea y aeropuerto de León, dunha colección de libros de AENA.

8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
Na cama, á noite.

14 mar 2011

Comeza unha semana completa

Boas dontiñ@s!
Comezamos de novo unha semana completa, xa que a semana pasada soamente tivemos dous días cole por mor do Entroido. Iso repercutiu nos empréstitos, que quedaron en 80.
Os que vos achegástedes hoxe no recreo á biblio puidestes ver que había moitas novidades listas para levar no expositor da entrada; a verdade é que tiveron moito éxito e quedaron poucas por levar.
Déixovos, pero non sen recordar antes que mañá volverei co Dontest, con outr@ alumn@ que nos ensinará as súas curiosidades lectoras.

11 mar 2011

O meu gato é un poeta, un bo libro

Como cada venres recomendámosvos un libro. Hoxe é O meu gato é un poeta, libro que nos achega á poesía dun xeito lúdico, semellándose a un obradoiro ou un xogo. Ademais contén un CD con seis cancións de Xurxo Souto, carismático músico galego, líder do rock bravú, coñecido polo seu paso polo grupo Os Diplomáticos de Monte Alto e polas súas participacións no Xabarín Club.
Premendo na imaxe accederedes á páxina de presentación deste fantástico libro.

10 mar 2011

Volvemos coas pilas cargadas!

Moi boas dontiñ@s!
A semana pasada foi moi cargada: Entroido, Festa da filloa, recomendacións do Día da Muller Traballadora...así que as minivacacións foron ben merecidas.
De todas formas, estamos encantados de volver á actividade, e como é xoves empezamos por recomendar aos pais unha páxina moi útil sobre educación. Premendo na imaxe accederás a ela, chámase "Botóns"

Tamén recomendamos "SOL", o Servicio de Orientación de Lectura, onde poderás atopar unha chea de libros axeitados á temática que busques.


Esperamos que estes dous enlaces vos resulten útiles, este último quedará permanentemente instalado na columna da dereita.

4 mar 2011

Recomendación da semana: selección de libros e exposición


Ola dontiñ@s! Neste 4 de marzo adicamos a nosa recomendación da semana á muller. Así, no expositor da biblioteca recollemos unha pequena selección de:

Libros de Gloria Sanchez, autora que será homenaxeada mañá no Salón do Libro de Pontevedra.

Libros de importantes autoras galegas como Rosalía de Castro, Fina Casalderrey,Teresa Gonzalez Costa...

Libros escritos e ilustrados por mulleres.

Ademáis, no panel móbil da biblioteca temos preparada unha pequena exposición que recolle biografías de mulleres importantes ao longo da historia en distintos ámbitos.

Esperamos que disfrutedes destes recursos máis das festas do Entroido. Lémonos!







3 mar 2011

Dia da muller: Recursos didácticos

Ola a tod@s! O vindeiro 8 de marzo celébrase o Día internacional da muller. Con ese motivo ofrecemos a continuación unha serie de recursos atopados na rede co que podemos aprender moitas cousas e sensibilizarnos co tema d a igualdade. Hai propostas teóricas e prácticas dirixidas a todas as idades. Esperamos que sexan do voso agrado:

UD para EI e EP: "Coeducación dende a corresponsabilidade paterna"

"Por preguntar que no quede. Nosostras creamos mundo" (Pdf)

Actividades TIC e recursos didácticos do CEIP Walabonso

2 mar 2011

Recursos para o Entroido

A continuación poñemos a disposición da comunidade educativa unha serie de recursos para traballar o Entroido, moitos dos enlaces ofrecen máscaras ou talleres de elaboración de materiais:
- Web de Norberto: completa páxina onde se ofertan moitas ideas sobre disfraces así como un sinfín de recursos de máscaras, antifaces...
- Carnevale: excelente páxina italiana onde podemos ver as grandiosas máscaras dese país onde o Entroido tamén se vive moi intensamente.
- O recanto de Mik: un clásico na recompilación de recursos, os anos de bo traballo neste blogue nótanse á hora de ofrecernos posibilidades.
- Coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística: excelente traballo tamén de recompilación, con unidades didácticas, xogos, receitas...


Aproveitade os recursos e pasádeo ben!

Novo número das DONTICIAS

Despois de dous meses sen editarse por problemas técnicos, xa temos na rúa un novo número -o catro- do xornal da biblioteca: AS DONTICIAS.
Neste número repásanse os meses de xaneiro e febreiro, en concreto as celebracións do día da Paz e o día do Amor e a Amizade. Tamén se fai unha reseña ás 9000 visitas do blogue; non te perdas tampouco a axenda do mes e as estatísticas.
Preme na imaxe para aumentar este número das Donticias

1 mar 2011

Dontest; esta semana: Paula Vidal

Paula Vidal é a nosa protagonista de hoxe. Como as compañeiras que anteriormente pasaron o Dontest é colaboradora da Biblioteca e unha excelente lectora. Curioseemos agora un pouco as súas respostas:

1. Lembras quen te ensinou a ler?
A profesora Rosa

2. Cal foi o primeiro libro que liches?
El osito Buny en la granja

3. Cal é o teu libro favorito?
As mil e unha noites

4. E o teu autor/a preferido/a?
Anxo Fariña

5. Cal é o último libro que liches?
O Cid

6. Cantas horas les á semana?
Dúas horas e media

7. Agora estás a ler...
Máis respostas a preguntas que nunca te fixeches

8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
Na biblioteca pola tarde.