31 oct. 2012

CONCURSO ARTE NA ESCOLA

De entre os participantes no concurso "Arte na escola" que respostaron ben a, polo menos, 15 das 20 preguntas propostas dende a biblioteca, a sorte quixo que recibiran o premio dun estoxo e un libro...
 









Daniel Agrelo de 6ºA                                 
Inés Parada de 4ºB



NORABOA!!!!!!

23 oct. 2012

SORTEANDO LIBROS

O novo gañador do concurso do mes da biblioteca é Paula García Iglesias de 3º A!


 
Unha "man inocente" escolle a papeleta gañadora!






A premiada elixe entre os libros que se ofertan como premio. 
PARABÉNS PAULA!!!

Temos novidades: QUE TAL ESTÁS?



Que tal estás? é unha das últimas publicacións de Kalandraka, da man de Anthony Browne.
Trátase dunha desas traducións que aparecen na colección Tras os montes. Neste caso, a versión ao galego é de Silvia Pérez Tato. A esta pregunta, "que tal estás?" contéstase no libro: "Ben, pero ás veces estou aburrido e ás veces síntome só. Ás veces estou moi contento... e outras veces estou triste." Ata finalizar cunha nova pregunta: "E ti, que tal estás?" nun encadeado que nos vai levando duns a outras. 
Podemos dicir como estamos guiándonos polos contrarios ou non, pero sempre acompañando as palabras coas imaxes desas expresións. 
Un libro para ler e mirar, para observar e opinar; un libro para as emocións e os sentimentos que nos dará pé para facer o noso propio libriño co mesmo título ou algún outro semellante. Un libro para ler, para crear e para pasarlle a pregunta a un novo protagonista que tamén se verá empuxado a crear o seu propio libro... Poucas palabras que só lle poñen nome ás ilustracións, que campean por si mesma. A sinxeleza en estado puro, porque o breve cando é bo ...

KALANDRAKA

Kalandraka, editora coa que levamos tempo traballando no noso centro, acaba de obter o PREMIO NACIONAL AO MELLOR LABOR EDITORIAL 2012, concedido polo Ministerior de Educación e Cultura. 
Segundo informa a prensa, este premio responde ao "seu compromiso coa literatura infantil, destacando o coidado dos textos, xunto coa calidade da ilustración e a dedicación a xéneros maís complexos como a poesía. É, por iso, un referente en España e no estranxeiro". Un galardón que a editora estende "ao traballo colectivo, ao catálogo que temos, aos autores presentes, ao traballo dos ilustradores e ao da imprenta coa que traballamos". 
E que nós ampliamos aos lectores e lectoras, aos profesores e profesoras, ao conxunto da sociedade lectora que sente orgullo de que Kalandraka se atope en Pontevedra e a súa imprenta en Poio. Non é chauvinismo senón poñernos contentas da calidade dos produtos culturais galegos. Ogallá nos caia algún premio máis!

16 oct. 2012

ANA MARÍA MACHADO


O próximo 27 de novembro Ana María Machado recibirá o VIII PREMIO IBEROAMERICANO SM DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL o que supón un recoñecemento á súa traxectoria literaria.
Coñecedes a Ana María Machado? Algún dos seus contos?
Pois xa é hora de que aprendamos algo máis dela!!!




 

MENINA BONITA DO LAçO DE FITA
Espero que vos guste este contiño de Ana María. O idioma que se emprega é o brasileño (propio do país natal da autora), pero se prestades atención de seguro que o entendedes xa que é semellante ó noso galego. Desfrutádeo!!

SORTEANDO LIBROS


  Parabéns a Pablo Prol Cacabelos de 3º B!!

Xa temos un novo gañador do sorteo de libros que estamos a realizar debido á celebración do mes da biblioteca.

ANXO MOURE

Máis imaxes de Anxo Moure

Este mes que estamos a celebrar a existencia das bibliotecas públicas; queremos ademáis culminar cun día especial "O día da Biblioteca",  24 de outubro, ofertándovos a actuación dun persoaxe moi interesante. Coñecedes a Anxo Moure? Líchedes algún dos seus contos? Coñecedes a súa historia? As súas preocupacións e intereses?
Pois recoméndovos que lle votedes un ollo ós enlaces que aparecen a continuación para saber algo máis del. Resulta unha persoa chea de ilusións e soños, con moitísimas cousas que contar e con iniciativas emprendedoras para mellorar o noso mundo.

A iniciativa Contos Solidarios.
O bici-taxi solidario.
Entrevista a Anxo Moure en Radio Lugo.
Anxo Moure no blogue Ponte Louco.

10 oct. 2012

DONTEST DE MERCEDES

A profesora MERCEDES de 5ºB quixo tamén falarnos dos seus hábitos de lectura. E respostou así ó noso Dontest:

1. Lembras quen te ensinou a ler?
A MIÑA MESTRA E A MIÑA IRMÁ MAIOR.

2. Cal foi o primeiro libro que liches?
"EL RATONCITO AVENTURERO"

3. Cal é o teu libro favorito?
"CIEN AÑOS DE SOLEDAD" DE GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ E TAMÉN ME GUSTAN AS BIOGRAFÍAS.

4. E o teu autor preferido?
CALQUERA QUE ESCRIBA BIOGRAFÍAS.
5. Cal é o último libro que liches?
"LA FORJA DE UN REBELDE" DE ARTURO BAREA.

6. Cantas horas les á semana?
7 HORAS APROXIMADAMENTE.

7. Agora estás a ler...
O SEGUNDO TOMO DE ARTURO BAREA.

8. Para rematar, un lugar e un momento para le:
POLA NOITE NA CAMA.

9 oct. 2012

MES DA BIBLIOTECA

Como xa sabedes, durante este mes de outubro celébrase o "MES DA BIBLIOTECA"! Víchedes o vídeo que colgamos no blogue? De seguro que coñecedes moitas das películas que aparecen nel!
Pois para celebralo, na biblioteca do CEIP Rosalia, estamos "tirando a casa pola ventá"!! Se ves a coller un libro emprestado poderás participar no sorteo dun conto ben interesante. E como neste colexio nos encanta eso de "ler" fumos tantos os que nos animamos a vir por un libro que na semana pasada o número de empréstitos chegou a 244!!!
Os sorteos xa comezaron e a primeira gañadora foi Xeila Barreiro Prieto, de 5º A. Noraboa Xeila!! 



4 oct. 2012

A ARTE NA ESCOLA

Ola outra vez a todos!! Nesta ocasión gustaríame que a través destas letras nos achegásemos un pouco máis a esa fermosa exposición de libros que está a ocupar o corredor do colexio.











SI, SI! Esa que pon "A ARTE NA ESCOLA"
Pasáchedes por alí?
Segurísimo que si!
Sobre todo despois de saber que se descubrides a resposta a, polo menos, 15 das 20 preguntas que atoparedes na biblioteca, participaredes no sorteo duns fantásticos libros que Donte escolleu para os gañadores!


E como averiguar as respostas?
Pois poderemos investigar na propia exposición de libros
Nas enciclopedias e libros informativos da biblioteca, na Rede (tanto nos ordenadores que temos na biblioteca como noutros dos que dispoñamos na nosa casa...)







Estás son as preguntas para os investigadores que se animen a rebuscar nos múltiples recursos que nos oferta a biblio!



CONCURSO “A ARTE NA ESCOLA”

TEST DE PARTICIPACION


NOME............................................................................CURSO...................................

1. As “Belas artes” son sete (7). Escribe o nome de a lo menos cinco (5) delas.

2. Quen escribiu a obra literaria “O Principiño”? 

3. Que pintor español pintou o cadro chamado “Guernica”?

4. Que músico que aparece na exposición formou parte do grupo musical “Os Beatles”?  

5. Como se chamaba o actor que aparece na exposición e que interpretaba o personaxe chamada “Charlot”?

6. Quen escribiu o libro “Peter Pan”? 

7. Que arquitecto, que tamén era pintor (pintou a Capela Sixtina) e escultor (esculpiu o “David”) diseñou e construiu a cúpula da Catedral de San Pedro no Vaticano?

8. Que pintor famoso cortouse el mesmo unha orella? 

9. Que músico escribiu a obra “As catro estacións”?
  
10. Quen escribiu o libro “Pinocho”??

11. Na exposición hai un libro cuxo autor é Wang Fei. Como se titula dito libro?
  
12. Quen pintou o cadro chamado “As Meninas”?
  
13. Como se chamaba o músico que compuxo unha obra chamada a “Novena Sinfonía” e que era xordo?

 14. Nomea algún español-a (actor-actriz, director, decorador, fotógrafo, etc,) español-a que fora premiado-a co premio cinematográfico chamado “Oscar”.

 15. Cal é a obra literaria máis famosa de Miguel de Cervantes?

 16. Leonardo Da Vinci era un artista e inventor que practicou varias artes. Por que obra pictórica é universalmente coñecido?

17. Cando e onde naceu o músico Wolfgang Amadeus Mozart?
  
18. Escribe o nome dalgún-ha bailarín-a famoso-a de ballet clásico.
  
19. Quen escribiu o libro “A Illa do tesouro”?

20. Qué músico escribiu o famoso ballet para danza clásica “O lago dos cisnes”?


2 oct. 2012

VOLVE O DONTEST

Como xa sabedes, este ano chegaron moitas caras novas ó colexio. Todas as novas mestras xa pasaron pola biblio e xa coñecen a Donte. E Donte quere saber máis cousiñas delas!!! Por iso recuperámolo Dontest, para seguir falando sobre o que máis nos entreten: LER, LER E MÁIS LER!!!!

Votádelle un ollo ó Dontest da profesora Sara de 3º B

1. Lembras quen te ensinou a ler?
A MIÑA PROFE ALICIA DE 1º DE EXB.

2. Cal foi o primeiro libro que liches?
"EL PÁJARO VERDE"

3. Cal é o teu libro favorito?
"CHAMAN" OU "LOS BUSCADORES DE CONCHAS"

4. E o teu autor preferido?
ISABEL ALLENDE E NOAH GORDON.

5. Cal é o último libro que liches?
"EL LIBRERO DE KABUL"

6. Cantas horas les á semana?
DEPENDE...

7. Agora estás a ler...
"LOS COLORES DE LA VIDA"

8. Para rematar, un lugar e un momento para le:
NO PORCHE OU NA HORTA DA MIÑA CASA.