Ola outra vez a todos!! Nesta ocasión gustaríame que a través destas letras nos achegásemos un pouco máis a esa fermosa exposición de libros que está a ocupar o corredor do colexio.
SI, SI! Esa que pon "A ARTE NA ESCOLA"
Pasáchedes por alí?
Segurísimo que si!
Sobre todo despois de saber que se descubrides a resposta a, polo menos, 15 das 20 preguntas que atoparedes na biblioteca, participaredes no sorteo duns fantásticos libros que Donte escolleu para os gañadores!
Pois poderemos investigar na propia exposición de libros
Nas enciclopedias e libros informativos da biblioteca, na Rede (tanto nos ordenadores que temos na biblioteca como noutros dos que dispoñamos na nosa casa...)
Estás son as preguntas para os investigadores que se animen a rebuscar nos múltiples recursos que nos oferta a biblio!
CONCURSO “A ARTE NA ESCOLA”
TEST DE PARTICIPACION
NOME............................................................................CURSO...................................
1. As “Belas artes” son sete (7). Escribe o nome de a lo menos cinco (5) delas.
2. Quen escribiu a obra literaria “O Principiño”?
3. Que pintor español pintou o cadro chamado “Guernica”?
4. Que músico que aparece na exposición formou parte do grupo musical “Os Beatles”?
5. Como se chamaba o actor que aparece na exposición e que interpretaba o personaxe chamada “Charlot”?
6. Quen escribiu o libro “Peter Pan”?
7. Que arquitecto, que tamén era pintor (pintou a Capela Sixtina) e escultor (esculpiu o “David”) diseñou e construiu a cúpula da Catedral de San Pedro no Vaticano?
8. Que pintor famoso cortouse el mesmo unha orella?
9. Que músico escribiu a obra “As catro estacións”?
10. Quen escribiu o libro “Pinocho”??
11. Na exposición hai un libro cuxo autor é Wang Fei. Como se titula dito libro?
12. Quen pintou o cadro chamado “As Meninas”?
13. Como se chamaba o músico que compuxo unha obra chamada a “Novena Sinfonía” e que era xordo?
14. Nomea algún español-a (actor-actriz, director, decorador, fotógrafo, etc,) español-a que fora premiado-a co premio cinematográfico chamado “Oscar”.
15. Cal é a obra literaria máis famosa de Miguel de Cervantes?
16. Leonardo Da Vinci era un artista e inventor que practicou varias artes. Por que obra pictórica é universalmente coñecido?
17. Cando e onde naceu o músico Wolfgang Amadeus Mozart?
18. Escribe o nome dalgún-ha bailarín-a famoso-a de ballet clásico.
19. Quen escribiu o libro “A Illa do tesouro”?
20. Qué músico escribiu o famoso ballet para danza clásica “O lago dos cisnes”?
No hay comentarios:
Publicar un comentario