ROBÓTICA

 
 
"Scratch e MakeyMakey"

         Neste 3º trimestre practicamos un pouquiño a programación con Scratch, e tras traballar en CCNN as propiedades dos materiais, programamos a placa Makey Makey para comprobar si algúns dos materiais propostos eran condutores ou illantes. Estes materiais foron: unha pataca, auga, tapa do boli, tea, un folio, un plátano e unha grampa!

  • Seguridade Vial con Mbot”

    Os nenos e nenas de 4º traballaron con Mbot nuns circuítos para aprender os sinais máis usuais. Por equipos, programaron ó robot coa app mBlock Blockly para resolver uns retos que Mbot lles planteou. 

    Fixérono moi ben!!!!!

     

     

  •  “24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro”

Os nenos e nenas de Infantil e 1º EP do noso cole quixeron ensinarlle á Beebot algunha cousiña sobre Rosalía de Castro. Como Mbot non ía ser menos, o alumnado de primaria fixo o mesmo! 

Fixemos unha divertida actividade en cada un dos cursos para achegar aos nosos robots ás obras da nosa querida autora, Rosalía de Castro! Ollade!👀👀

 
 

 
  • Practicamos con Mbot conceptos das etapas de Historia”

Como actividade de ampliación e reforzo, realizamos unha actividade programando Mbot para relacionar e emparellar conceptos e definicións sobre as distintas etapas da historia. Mbot aprendeu moito!!




 

 
 
 
   Robot abeja Beebot
COMO ESTADES AMIGUIÑOS???? ESTOU UN POUCO ABURRIDA NO COLE!!  POR QUE NON ME AXUDADES CON ESTES RETOS??

PINCHA SOBRE MIN E DALLE CARA ATRÁS, ESQUERDA, DEREITA E...ADIANTE!!!!!







PRÁCTICAS CO ESCORNABOT

Os peques de infantil xogan ás parellas. Atención nenos e nenas!!! tedes que axudar ao escornabot a atopar á súa parella correspondente. Por exemplo: o cepillo de dentes ten que xuntarse coa pasta de dientes.



PRÁCTICAS CON BEE-BOT E ESCONABOT 

Os nenos e nenas de 3º iniciámonos no primeiro trimestre na robótica familiarizándonos con beebot e cos esconabot no recuncho de robótica da nosa aula de espazo creativo. Aproveitamos e tamén practicamos un pouquiño a ortografía, ensinándolles aos nosos “robot-amigos” algunhas palabras que se escriben con C e outras con Z.





 PRÁCTICAS CON MBOT
Queridos alumnos/as, Mbot deixounos esta mensaxe:

 
"Que ben o pasei cos equipos de traballo de 3º!  Despois de estudar os seres vivos e a súa clasificación, tiñamos un reto por diante, indagar que animal se escondía detrás das adiviñas propostas polas mestras, menos mal que os nenos e nenas de 3º son moi bos estudantes e adiviñaron (case todos á primeira, jijij) de que ser vivo se trataba!

Outra actividade que fixemos algúns equipos, foi o reto das táboas...estou moi impaciente por facela co resto dos equipos para comprobar si saben ben as táboas de multiplicar ou non!!!!"



CIRCUÍTOMBOT
Os menos e nenas de infantil tamén quisimos probar os MBOT. Chicos  e chicas de 3º, é divertidísimo xogar con eles!!! A ver cando quedamos para facer unhas carreiras de Mbot.  Como vexo que os encanta traballar cos robots, convidámosvos a facer uns circuitos coas pezas de construción para o noso Ratiño Robot, os animais?, é xenial!!


XOGAMOS COA PÍLLARA E A BEE-BOT
  NO SEGUNDO TRIMESTRE  OS NENOS E NENAS DE INFANTIL TRABALLAMOS O PROXECTO A  PÍLLARA DÁS DUNAS, POLO QUE NAS SESIÓNS DO ESPAZO CREATIVO DECIDIMOS FACER UN TABOLEIRO PARA  XOGAR COS CONCEPTOS QUE ESTABAMOS A APRENDER SOBRE ESTA AVE EN PERIGO DE EXTINCIÓN.












No hay comentarios: