19 jun 2013

GUIA DE VERÁN 2013

Xa chegan as vacacións!!!! Que ben na praia, no parque, nas festas... Pero que longo é o verán!!! De seguro que temos moito tempo para adicarlle á lectura. Para desfrutar do sol, na compaña de milleiros de persoaxes reais e fantásticos que se fan os nosos amigos inseparables a medida que pasamos as follas dun libro.
Así que dende a biblio, o voso colega Donte, recoméndavos os seguintes contos que vos farán vivir bos momentos en calquera recuncho no que vos atopedes este verán!


12 jun 2013

FOLLAS NOSAS

A  revista do colexio xa está lista. Este ano, en formato dixital, podedes desfrutar dela accedendo dende o blogue ou tamén dende a páxina web do centro.
Un saúdo blogueir@s!!

11 jun 2013

ARTE NA ESCOLA 4º

Os alumnos e alumnas de 4º A e B convertíronse nuns fantásticos fotógrafos e fotógrafas e elaboraron un traballo moi chulo empregando esta canle de expresión artística!



10 jun 2013

ARTE NA ESCOLA 3º

Os nenos e nenas do 3º nivel tamén estiveron a traballar sobre un aspecto da arte moi interesante: os musicais! Unha mezcla de cine e música a través da cal aprenderon moitísimo e tamén o pasaron xenial. O resultado foi o musical: "O frautista de Hamelín". Esperamos que vos guste!!!


4 jun 2013

PDI 2º



Os nenos e nenas de segundo tamén estiveron descubrindo cousiñas sobre pintura. Neste caso non só coñeceron a un pintor da nosa terra, o catalán Joan Miró, senón que tamén sairon das nosas fronteiras para observar e traballar en torno á pintura de Paul Klee.









ARTE NA ESCOLA 1º

Joan Miró



Canto traballáchedes este ano!!! Os traballos do PDI son fenomenais. Hoxe queremos ensinar a toda a comunidade educativa todo o que aprenderon sobre a arte os compañeiros de primeiro! Os seus traballos sobre o pintor Joan Miró son fantásticos!