31 ene 2011

Celebramos o dia da Paz

Hoxe, tras varias semanas preparándonos, chegou o momento de celebrar o Día da Paz. Aproveitando que lucía o sol, todo o alumnado e o profesorado saiu ao patio de Conchases. O acto comezou coa lectura dun Manifesto pola Paz. A continuación se lanzaron uns globos xigantes para xogar entre todos, porque todos xuntos, unidos, apoiándonos uns nos outros, somos fortes.
Despois chegou o momento de cantar. O profe Alfonso máis a clase de 5º A iniciaron a canción, á que despois nos unimos o resto. Quen puidera namorala...Fermosa canción.

Como remate final soltáronse dúas pombas, pero non quedou constancia gráfica do momento. Prometemos que para a vindeira ocasión pactaremos un posado previo coas pombas antes de que se voten a voar.
Non debemos esquecer que o noso compromiso coa paz non é cousa dun día, senón que debe ser permanente. Coidar e respectar aos nosos amigos e amigas e ás persoas que nos queren pode ser a nosa contribución. Desexamos que este espíritu pacífico e amistoso nos acompañe o resto do curso.

Febreiro: mes do amor e a amizade

Ola dontiñ@s, que tal a fin de semana? Espero que ben. Hoxe, coma todos os luns chega o momento das novas. Non sexades impacientes, comenzo xa:
  • Repetimos a cifra de empréstitos da semana anterior, un total de 177, dos cales 103 se fixeron no recreo e o resto nas titorías. Noraboa! É unha cifra moi importante e estamos contentos, pero non queremos deixar de lembrarvos que o máis importante é que disfrutedes da lectura. Adicádelle tempo a seleccionar o libro que queredes levar e tamén á hora de leelo. Sabedes que se necesitades máis tempo só tedes que vir a renovar o empréstito. O expositor da entrada da biblio sempre está cheo de libros que pensamos vos poden interesar, ben sexan novidades ou seleccións relacionadas con algún tema en concreto. E están listos para levar, só tedes que entrar na biblio co libro escollido e formalizar o empréstito. A que esperades?!
  • Mañá comeza febreiro e como o día 14 celébrase San Valentín pensamos que era unha boa idea adicar este mes ao amor e á amizade. Mañá no expositor colocaremos unha selección de libros relacionados co tema e intentaremos que as recomendacións e enlaces do blogue tamén vaian na mesma liña. Ademáis fixemos unha proposta a cada ciclo que esperamos teña boa acollida:
  1. Ao alumnado de 1º ciclo propoñémoslle que debuxe ao seu mellor amigo/a.
  2. Ao alumnado de 2º ciclo pedímoslle que explique brevemente por escrito "que é un amigo/a?"
  3. A proposta para o 3º ciclo consiste en facer poemas ou cartas de amor

En canto vaian chegando os primeiros traballos os expoñeremos na corcheira da biblioteca. Animádevos, sabemos que hai moito arte no cole pero hai que demostralo.

27 ene 2011

O Soldadiño de Chumbo

Moi boas!!
A rede esconde numerosas xoias e de cando en vez "pescamos" algunha. O vídeo que ides ver a continuación é dos que vale realemente a pena. Trátase dun clásico, O Soldadiño de chumbo, ambientado no museo do xoguete de Allariz e coa música de Emilio Aragón. Son once minutos para disfrutar.

Documentos para ler

Aproveitando a celebración do Día da Paz e a Non Violencia están expostos no "Tablón Itinerante" da biblioteca unha serie de documentos interesantes para ler. Todos aqueles que estean interesados (titores, alumnos...) poderán baixar á biblio e botarlle unha ollada.
Entre os documentos expostos están a Declaración sobre unha Cultura de Paz, a Declaración de Principios del Día de la Paz y No Violencia, o Decálogo para crecer en Paz ou a Declaración sobre el Derecho de los Pueblos a la Paz.


26 ene 2011

Que me conta...Clara?

Boas, xa vos dixen que os alumn@s tomariades o poder do blogue, unha boa mostra é este "Que me conta...?" no que Clara Caneda, de 6ºA contesta as tres preguntas que se lle plantean.



 
1. Cal é o teu conto favorito?
- Fairy Oak

2. Que personaxe de conto che gustaría ter sido?
- A Ratiña Presumida

3. Que final de conto cambiarías?
- O de Os sete cabritiños; gustaríame que a nai chegara en avión rápido e que meteran ao lobo no cárcere. Así os cabritiños medrarían sen preocupación algunha.

25 ene 2011

Que carpetas máis chulas!

Como non podía ser doutra maneira, as mestras de Infantil volven soprendernos, esta vez coas carpetas nas que os alumn@s gardan os seus traballos. Aproveitando a decoración do corredor -cada neno é un anano do conto de Brancaneves- fixeron unhas carpetas personalizadas co nome do alumn@ e o anano que máis lles gustara.
Mostrámosvos aquí un par de exemplos:


24 ene 2011

Nova semana de traballo

Como vai a vida, dontiñ@s?
Pola biblio todo segue máis o menos igual, a semana pasada chegamos aos 177 empréstitos, que ven sendo a media do curso.
Ao longo da semana subiremos outro vídeo cun conto moi chulo, ademais outro/a alumno/a pasará o Dontest e recomendaremos, coma sempre, cousas interesantes que hai pola rede e o venres remataremos coa recomendación dun libro.
Ata mañá!

21 ene 2011

"O nacemento do dragón", libro da semana

Esta semana a recomendación coincide con unha das novidades que temos na Biblioteca.
Trátase de O nacemento do dragón, da Factoría K libros.
Neste libro descubrirás que detrás da orixe do dragón están uns nenos que querían evitar as guerras. Para ler, de verdade.

19 ene 2011

Lucía Bagnasco, a primeira alumna en pasar o Dontest

Unha das visitantes máis frecuentes da Biblio é Lucía, alumna de 6ºA. É unha desas rapazas que ten a lectura como paixón, disfruta cada libro e non para de ler. Como veredes nas súas respostas dedica moitísimo tempo á lectura.
Como anécdota queda que será a primeira alumna en pasar o Dontest.

1. Lembras quen te ensinou a ler?
-A profe Tachi

2. Cal foi o primeiro libro que liches?

- Creo que foi Bambi

3. Cal é o teu libro favorito?

- Romeo y Julieta

4. E o teu autor preferido?

- Aínda non o atopei

5. Cal é o último libro que liches?

- Es Navidad, Gerónimo Stilton

6. Cantas horas les á semana?

- Unhas 25, aproximadamente

7. Agora estás a ler...

- La vuelta al mundo en 80 días

8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.

- Pola noite na cama

Un conto chulísimo

Bos días! Para empezar esta maña de mércores imos dar a coñecer un conto moi interesante que nos chegou coma recomendación. Soamente tedes que subir un pouco o volume e disfrutalo. Seguro que o disfrutas.

17 ene 2011

A semana pasada...top!

Dontiñ@s, estamos de noraboa, e o motivo on é outro que a cifra de empréstitos da semana pasada, que chegou aos 212, unha cantidade sensacional. A ver se o tirón da semana pasada serve para que as cifras deste trimestre sexan maiores que as do primeiro.

Por outra parte, esta semana os alumnos/as seredes máis protagonistas do blogue porque empezaredes a ser "víctimas" do Dontest e do Que me conta...?
Así que se vos chega un cuestionario, non dubidedes en contestalo.
Lémonos!

14 ene 2011

A biografía de Gandhi, recomendación da semana

Boas!!
Levo toda a semana dicindo que se achega o Día da Paz, o 30 de xaneiro. Tal día coma ese, o Mahatma Gandhi foi asasinado e en honra a este gran home -que soubo levar as súas reivindicacións coa "Non violencia" por bandeira- escolleuse ese día para tal celebración.
Sen dúbida se trata dunha persoa extraordinaria e irrepetible, para coñecer máis datos sobre a súa apaixoante vida podes coller a biografía adaptada que temos na biblioteca.

13 ene 2011

Cada día máis visitas

Que tal amig@s?
Da gusto ver o uso que lle estades a dar ás reformas da biblioteca. Cada vez sodes máis @s que vos achegades no recreo á biblio a facer actividades diderentes ao empréstito. Os ordenadores botan fume e por fin se ve a utilidade da súa ubicación na biblioteca. É unha forma rápida para buscar información e tedes que seguir sacándolle proveito.
Por outra parte, o número de visitas do blogue aumenta moi rápidamente. Se ao longo do curso pasado se fixeron máis ou menos 4000 visitas, no que vai de curso xa superamos ese número con creces. Que siga así.

Lémonos!

12 ene 2011

Web para aprender a estudar

Moi boas!!
Buceando polo ciberespazo atopamos unha web chulísima e o máis importante, moi útil.
Chámase WEB: APRENDER A ESTUDIAR. Nesta páxina atoparás consellos para mellorar os teus hábitos de traballo e estudio. Seguro que serven para mellorar o teu rendemento escolar. Tes que botarlle unha ollada, vaite encantar.

11 ene 2011

Once do un do once...o día do un!

Curiosa data hoxe non? 11-1-11
Parece que está claro cal é o número predominante...Así que é un bo día para coller un libro, de feito, tiñades ganas de que as portas da Biblioteca volveran abrir porque en dous recreos xa se realizaron 74 empréstitos.

Aínda que temos o Día da Paz polo medio xa escoitei polos andares algúns rumores sobre os disfraces do Entroido, non vou contar ningún segredo pero podo dicir que todo o que oín tiña relación cos Contos...
Así que prometen ser orixinais e coloridos!!

Lémonos!!

10 ene 2011

Xa estamos de volta

Antes de nada, feliz 2011 a tod@s. Esperamos que sexa un ano magnífico e para disfrutar.
Despois deste periodo vacacional volve a actividade ao blogue; a primeira nova é que xa se reanudaron os empréstitos con total normalidade, os horarios son os de sempre: recreos, titorías e luns, martes e mércores de 16h a 18h.
Por outra banda hoxe marcharon outra vez de excursión as Mochilas Viaxeiras, así que pasarán pola vosa casa seguro; aproveitádeas ao máximo e pasade un rato agradable en familia.

En breve colgaremos recursos e imformación para traballar o Día da Paz (30 de xaneiro).
Lémonos!