Algunhas normas e moitas novas e celebracións!!! Así nos plantexamos dende a biblioteca o novo curso que comeza!!!
30 sept 2013
EXPOSICIÓN MOTIVADORA: GALICIA DE PEDRA
Xa comezamos a saber moitas cousas sobre "a pedra" na nosa comunidade autónoma!!
Sei que todos estades a indagar para respostar ás preguntas do concurso. Deixámosvos un vídeo coas imaxes da exposición que vos está a axudar a resolver dúbidas. Desfrutade tamén da música que acompaña a estas imaxes!!
Sei que todos estades a indagar para respostar ás preguntas do concurso. Deixámosvos un vídeo coas imaxes da exposición que vos está a axudar a resolver dúbidas. Desfrutade tamén da música que acompaña a estas imaxes!!
27 sept 2013
MARCOS CALVEIRO NA LISTA DE HONRA DO IBBY
Esta obra foi tamén recoñecida co premio Merlín de literatura infantil, premio Fervenzas literarias ao mellor libro xuvenil e premio Fervenzas literarias á mellor portada de infantil e xuvenil. E está á vosa disposición na biblioteca adicado especialmente para o noso colexio, polo seu autor!!!
Noraboa Marcos!! Esperamos que volvas a visitarnos!!!
19 sept 2013
PREMIO LITERATURA INFANTIL E XUVENIL DRAMÁTICA
Raúl Dans conseguiu, con Un mosquito de nome Henri, o premio Barriga Verde de teatro infantil na súa última convocatoria. Este galardón, está promovido pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) para a dinamización da escrita teatral para monicreques.
A obra está publicada por Baía con ilustracións de Jacobo Fernández.
A autor, Raúl Dans, nunhas declaracións á prensa, anima a ler teatro da mesma maneira que se len outros xéneros literarios.
NAVEGA SEGURO
Todos queremos enterarnos das cousas, estar á última, manexar os contidos que nos oferta a Rede, pero... sabemos como facelo axeitadamente?
Para máis seguridade propoñémosvos os seguintes enlaces que nos achegan algunhas recomendacións para o uso de Internet.
NAVEGA Y APRENDE CON SEGURIDAD
USO SEGURO DE INTERNET
NAVEGA Y APRENDE CON SEGURIDAD
USO SEGURO DE INTERNET
12 sept 2013
DENDE A BIBLIO, PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA
Comezamos xa o camiño e que mellor xeito de facelo que andando entre contos!!! A continuación propoñémosvos unha serie de enlaces que serán interesantes e de gran utilidade tanto para cativos como para os mestr@s e pais/nais.
Para traballar a lectura compartida
Vídeo-relatos de narración oral
Nacemento da Revista galega Oink!
Beneficios da lectura por pracer para a aprendizaxe.
Para traballar a lectura compartida
Vídeo-relatos de narración oral
Nacemento da Revista galega Oink!
Beneficios da lectura por pracer para a aprendizaxe.
OUTRA VEZ XUNTOS NO COLEXIO!!
Con que ganas de comezar espertou Donte esta mañá!! A biblio xa está aberta. Víndeo visitar!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)