20 feb 2017

ROSALÍA CON NÓS

                                         

Hola compañeiros!!! Todos/as coñecemos o nome do noso centro educativo, pero algún de vos sabe quen era Rosalía de Castro?, a que se adicaba?, que fixo polo galego e polos galegos?
Pois o vindeiro 24 de febreiro celébranse os 180 anos dende o seu nacemento. Unha ocasión perfecta para saber algo máis sobre esta precursora que empregando a nosa lingua nai, aloumiñou os nosos oidos e os nosos corazóns cos seus versos e as súas historias cun profundo arraigamento galego!
E para levar a cabo esta tarefa, dende a biblioteca proporcionámosvos unha serie de enlaces nos que atoparemos gran cantidade de información sobre a autora:

LA VOZ DE GALICIA

CULTURA DE GALICIA



Tamén temos unha exposición no corredor con información de Rosalía e unha morea de contos. Esperemos que vos gusten.
















GAÑADORES SORTEO CITAS DE AMOR

Os premiados do concurso de citas de amor do venres 17 de febreiro son:

·         Alba Rey Galiñanes, de 4º B
·         Carmen Míguez Oubiña, de 4º B
·         Lucía García González, de 6º A









15 feb 2017

DÍA INTERNACIONAL DO CANCRO INFANTIL

Instituído no ano 2011, o 15 de febreiro é desde aquela o Día Internacional contra o Cancro Infantil para sensibilizar sobre os desafíos cotiáns que enfrontan enfermos e familias e lograr que todos teñan acceso a un diagnóstico e tratamento axeitados. Un lazo dourado simboliza este día. 

14 feb 2017

Mes do amor e da amizade

Como xa sabedes de anos anteriores, o mes de febreiro é o mes do amor e da amizade. Dende a biblioteca propuxémos unhas actividades nas que podedes participar. Teredes no corredor unha  serie de citas de amor para poder levar ás vosas casas. Ademais realizarase un concurso de citas. Animádevos a participar!!