25 feb 2016

MES DO AMOR E DA AMIZADE

Debido á confluencia en febreiro do mes do amor, co Proxecto Documental Integrado que estamos a desenvolver ó longo deste curso académico (relacionado, como xa sabedes, cos deportes en O Grove), dende a biblioteca quixemos animar esta celebración propoñéndolle aos nen@s unha nova actividade. Os rapaces pensaron, escribiron e decoraron uns traballiños nos que nos contan de que deporte están namorados!! Resulta moi interesante coñecer as súas opinións.
Esperamos que o desfrutedes!!


18 feb 2016


Bululú publica este álbum ilustrado da autoría de Pinto&Chinto. Nel fan unha recreación divertida d´A illa do tesouro de Stevenson. Conservan os personaxes, manteñen os fitos clave, pero cunha lente deformante segundo a súa visión humorística. Xa nos advirten na nota aclaratoria inicial: Ten coidado, porque é un libro pantasma e en calquera momento, mentres o les, pode evaporarse e desaparecer de entre as túas mans.
Indicado para lectores autónomos, esta versión pode convidar a ler a novela orixinal e introducir os clásicos nas propostas lectoras das bibliotecas escolares.

Os creadores xa publicaron, na mesma editorial  As estrambóticas viaxes de Gulliver e O estrambótico Principiño.

                          

2 feb 2016

ENTROIDO




Recursos para traballar o entroido:

Web de Norberto: completa páxina onde se ofertan moitas ideas sobre disfraces así como un sinfín de recursos de máscaras, antifaces...
Carnevale: excelente páxina italiana onde podemos ver as grandiosas máscaras dese país onde o Entroido tamén se vive moi intensamente.
- O recanto de Mik: un clásico na recompilación de recursos, os anos de bo traballo neste blogue nótanse á hora de ofrecernos posibilidades.