23 feb 2015

MES DO AMOR E DA AMIZADE

Durante o mes de febreiro estamos a realizar diversas actividades para traballar co alumnado a temática do amor ao mesmo tempo que o estilo literario da poesía, tan ligado a este sentimento.
Debuxa ao teu amigo/a favorito.
Queres ser o meu amigo/amiga.
Cartas e poemas de amor.
Todas elas son propostas que dende Ed. Infantil ata 6º curso pretenden que o alumnado sexa consciente e exprese os seus mellores sentimentos.
Por outra banda tamén propoñemos, para toda a comunidade educativa, un concurso de Acrósticos de amor. Desenvolverase en dúas categorías: adultos (para pais, nais, avós, mestres, etc.) e nen@s (alumnado) e os mellores de cada categoría recibirán un premio. Animádevos a participar xa que o prazo remata este venres.

A continuación queremos amosarvos o traballo dos nen@s que tamén podedes vir a observar no corredor principal do colexio. Esperamos que vos guste!!!

11 feb 2015

ENTROIDO

 

- Unidade didáctica "Os bolechas - O Entroido": Libro no que esta familia anda a celebrar o Entroido con receitas incluidas.
- Web de Norberto: completa páxina onde se ofertan moitas ideas sobre disfraces así como un sinfín de recursos de máscaras, antifaces...
- Carnevale: excelente páxina italiana onde podemos ver as grandiosas máscaras dese país onde o Entroido tamén se vive moi intensamente.
- O recanto de Mik: un clásico na recompilación de recursos, os anos de bo traballo neste blogue nótanse á hora de ofrecernos posibilidades.
- Revista Educación 3.0: Recopilación de enlaces que inclúen materiais e propostas para traballar o Entroido