29 oct 2014

SAMAÍN

Mañá celebramos o Samaín no Rosalía. Ao longo desta semana estivemos elaborando moitas actividades realcionadas co tema que vos ensinaremos moi pronto. Hoxe queremos ofertarvos recursos para traballar esta temática: o medo, o Samaín, Halloween...
(Este libro-CD témolo dispoñible na biblioteca)

27 oct 2014

O MES DA BIBLIOTECA










O venres 24 de outubro celebramos un novo sorteo de agasallos. As gañadoras deste venres foron:



Lara Benavides, de 2º A
Judith Prieto Requeijo, de 5º B

20 oct 2014

BIBLIOUTUBRO


         BIBLIOUTUBRO
David Otero
Velaí un bibliomés deste biblioano.
Velaí un tempo biblio para espazos cheos de libros (que é dicir tamén bibliotecas). Por iso nelas, nas bibliotecas, desde as lectoras e os lectores, conxúganse os espazos e os tempos no facer primoroso da lectura. Ler, polo tanto, dinamizarase en xerundio e así tamén nese modo e ser farase cos verbos amar, querer, pensar, vivir e tantos outros propios de ser quen somos en mundo noso de Lingua(s) e de Cultura(s).
Outubro celébrase, sinálase, como o mes da biblioteca e así en especial o día vinte e catro con maior acento, acerto e intensidade, sen que por iso facelo xa dea desculpa (licenza) a non facelo ata o día vinte e catro do ano que vén. Os días da biblioteca, xa que logo, serano todos os do ano enteiro en pleno amor libre á lectura e aos soportes (libros en especial) que a facilitan e a estimulan, mediando nese exercicio do pensamento tan propio, persoal, como auténtico, que nos define e determina como lectoras e como lectores.
Ler é un facer afirmativo de liberdade, porque apetece, porque nos engaiolaron na animación a facelo, porque temos argumentos e así nos peta e dá a gana.
Ler, libro, lectura, levan consigo esencialmente (do contraio é outra cousa) o desexo libre de facelo. Esa frescura onde gozar de literatura vivible, viva e activada, posta en Lingua e Cultura propia (galega pois)  e integrada coas outras moitas Linguas e Culturas dos demais Pobos nas que queiramos ler e disfrutar.
A lectura farase alí onde nos sintamos ben.
Buscaranse os soportes de ler alí onde nos sintamos ben.
Pois así tamén será na biblioteca onde nos sintamos ben. Probemos e comprobemos.
                                                                                   

MES DA BIBLIOTECA




O 17 DE OUTUBRO os agasallados foron:

  • Maruxa Costas, de 6º A
  • Yulema Castro, de 5º A



    13 oct 2014

    OS PREMIOS WHITE RAVEN

    O ano pasado xa nos fixemos eco dos libros en galego galardoados nos White Raven. Este ano como voltamos a estar entre os agasallados queremos ademáis explicarvos cal é a trascendencia de que libros escritos e editados na nosa Comunidade Autónoma, formen parte das listas dos White Raven.
    Cada ano, a Biblioteca Internacional de Münich, selecciona unha presada de libros de entre todos os chegados do resto do mundo. Trátase de exemplares recentemente publicados e que os especialistas en linguaxe valoran moi especialmente.
    White raven (corvo branco), é una expresión inglesa que se aplica a todo aquilo que posúe unha singularidade extraordinaria. Os White Ravens son un galardón outorgado a aquelas obras infantís e xuvenís que a nomeada Biblioteca considerou as máis destacadas segundo o seu criterio.
    Os libros agasallados gozan así dun gran prestixio internacional e dunha difusión moi ampla.

    Entre as obras seleccionados nesta prestixiosa lista dos mellores libros de literatura infantil e xuvenil, destacaron este ano as obras Nicomedes o pelado dePinto & Chinto publicado por Kalandraka e Galiño pelado da autoría de Paula Carbonell e Philip Giordano de OQO Edicións.

    DISPOÑIBLE NA NOSA BIBLIOTECA


    NOVOS PREMIADOS POLO MES DA BIBLIO















    O venres 10 de outubro os gañadores do sorteo foron:
    • Kiara Marlene Cordobés, de 6º A
    • Nayara Fuentes Cruz, de 6º A
    • Xulia Muñiz Padín, de 4º B




    10 oct 2014

    EXPOSICIÓN DE NOVIDADES DE OUTONO



    Aquí tedes as novedades da nosa biblio!!! Todos a ler rapaces!!!!

    8 oct 2014

    O MES DA BIBLIOTECA

    Este mes de outubro celebramos o mes da biblioteca e por iso queremos comezar a repartir agasallos tódolos venres para aqueles que veñades á biblio a coller libros. Animádevos, cantos máis libros máis posibilidades tes de gañar o sorteo!!!!

    3 de outubro
    Os primeiros con sorte este ano foron: 
    • Carmen Vázquez Triñanes, de 5º B
    • Carlota Miniño Chaves, de 1º A


    6 oct 2014

    TRÍPTICO INICIO DE CURSO

    Para comenzar o curso gustaríanos que lle botásedes unha ollada ao seguinte tríptico.


    3 oct 2014

    EXPOSICIÓN MOTIVADORA PDI

    O seguinte vídeo amósavos a exposición en torno á temática do PDI da que podedes votar man para resolver o cuestionario do concurso. De seguro que vos resulta interesante!!!