O ano pasado xa nos fixemos eco dos libros en galego galardoados nos White Raven. Este ano como voltamos a estar entre os agasallados queremos ademáis explicarvos cal é a trascendencia de que libros escritos e editados na nosa Comunidade Autónoma, formen parte das listas dos White Raven.
Cada ano, a Biblioteca Internacional de Münich, selecciona unha presada de libros de entre todos os chegados do resto do mundo. Trátase de exemplares recentemente publicados e que os especialistas en linguaxe valoran moi especialmente.
White raven (corvo branco), é una expresión inglesa que se aplica a todo aquilo que posúe unha singularidade extraordinaria. Os White Ravens son un galardón outorgado a aquelas obras infantís e xuvenís que a nomeada Biblioteca considerou as máis destacadas segundo o seu criterio.
Os libros agasallados gozan así dun gran prestixio internacional e dunha difusión moi ampla.
Entre as obras seleccionados nesta prestixiosa lista dos mellores libros de literatura infantil e xuvenil, destacaron este ano as obras Nicomedes o pelado dePinto & Chinto publicado por Kalandraka e Galiño pelado da autoría de Paula Carbonell e Philip Giordano de OQO Edicións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario