17 dic 2021

Tríptico de Nadal 2020

 Xa está dispoñible o tríptico de Nadal 2020.

 



13 dic 2021

Semana da ciencia

 Co gallo da celebración do Mes e da Semana da Ciencia, o día 17 de novembro fixemos unha visita cos alumnos de Sexto de Primaria á Aula da Natureza da Siradella, no Grove. Os alumnos participaron na elaboración de varios experimentos científicos relacionados co electromagnetismo, as densidades, a vulcanoloxía, a pigmentación..., e logo visitaron os miradoiros do Monte e o Dinamizador da Biblioteca explicoulles diversos aspectos relacionados coa formación do istmo da Lanzada, a Ría de Arousa, a Zona Intermareal Umia-O Grove, o Parque Nacional Das Illas Atlánticas, etc.




12 dic 2021

Andainas 2021-2022

En consonancia coa implicación da Biblioteca Escolar na Axenda 2030 das Nacións Unidas e a promoción dos seus obxectivos e metas, organizamos unha serie de andainas pola vila do Grove, dirixidas aos alumnos de Primaria, para fomentar hábitos de vida saudable, o coñecemento e posta en valor dos valores intrínsecos do noso pobo (edificios, parques, persoas, paisaxes e xeografías varias, tales coma illas, praias, montes, enseadas, actividades económicas, focos de atracción turística, cultura, tradicións, lugares protexidos polo seu gran valor medio ambiental, etc...) e a implicación na súa protección e o seu coidado. Estas andainas repetirémolas tamén nos segundo e terceiro trimestres, visitando lugares diferentes. Aquí vos deixamos unha mostra das andinas. 



10 dic 2021

FESTEXOS OUTONO: SAMAÍN E MAGOSTO

 

Aquí vos deixamos festexos de outono, no Samaín e o Magosto!

10 nov 2021

Os venres toca conto

 Actividade do contacontos do venres día 5 de novembro. Moitas grazas pola colaboración.



2 nov 2021

Samain 2021 Rosalia de castro O grove

 Ritmas do samaín






Exposición Emocionate Lendo

 Xa tedes dispoñibles no corredor libros relacionados coas emocións. Agardamos que vos gusten.



Día das Bibliotecas escolares

 O día 25 de outubro conmemoramos o día das bibliotecas escolares coa presenza do canta contos Papabuis. No seguinte vídeo podedes ver o paso deste artista multidisciplinar polo noso cole.



8 oct 2021

12 contos Seleccionado por Charo Pita

De entre os numerosos textos de Contos ó teléfono de Gianni Rodari, editados por Juventud en 1986 e traducidos por Xela e Valentín Arias, a contadora Charo Pita seleccionou doce contos (e un prólogo) para ser convertidos ao formato podcast. Ese é o núcleo do especial "Xela e Gianni", que publica hoxe o Consello da Cultura Galega, e que rende homenaxe á faceta de Xela Arias como tradutora de literatura infantil e xuvenil. Estas versións sonoras da tradución de Xela Arias das rodarianas Favole al telefono están dispoñibles para o público durante un ano grazas á colaboración dos herdeiros de Gianni Rodari, mergúllannos nun mundo de fantasía cotiá que estivo, ademais, na cerna do auxe da literatura infantil e xuvenil en galego nos anos 80. Acompáñanos unha contextualización da profesora da USC Montse Pena e unha ilustración de Bea Gregores. Máis información no enlace: http://culturagalega.gal/noticia.php?id=32988

Día das escritoras

No seguinte enlace tedes información relativo o Día das escritoras que se celebra o 18 de outubro. 


https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1560

 

 Bibliotecas escolares | Blog de Bibliotecas escolares

1 oct 2021

Tríptico biblioteca

 Como todos os cursos xa tedes dispoñible o tríptico coas normas, novas e celebracións da biblioteca.





29 sept 2021

EXPOSICIÓN NOVIDADES STEMBRO 2021

Os venres toca conto

Aquí tedes unha presentación en imaxes da sesión de contacontos do venres 24 de setembro.

20 may 2021

Os venres toca conto

 Contaconto do venres 14 de maio ao alumnao de 6º de Educación Infantil

 


 


13 may 2021

Videoconferencia Teresa González Costa

O alumnado de 3º de Educación Primaria tivo unha conferencia coa escritora Teresa González Costa. Aquí vos deixamos unha imaxes. 



5 may 2021

ENCONTROS BIBLIOTECAS ESCOLARES NA REDE 2020/2021

 Fai clic na imaxe para acceder á información

.

28 abr 2021

Videoconferencia coa escritora Rosa Aneiros

O alumnado de 6º B tivo unha videoconferencia coa escritora Rosa Aneiros para falar sobre a súa obra "Xelís, o guieiro das botellas"

Máis información da autora: https://es.wikipedia.org/wiki/Rosa_Aneiros



Os venres toca conto

Aquí tedes fotos da sesión de contacontos do venres 16 e do 23 de abril.




27 abr 2021

VideoConferencias

 O alumnado de 6º de Educación Primaria tivo unha videoconferencia co escritor Ramón Caride. Podedes coñecer máis datos do autor no enlace: http://galegos.galiciadigital.com/es/ramon-caride-ogando



20 abr 2021

Recursos Día das Letras Galegas

 Achegamos enlace de recursos da Primavera das letras. (fai clic na imaxe)




Videoconferencia con María Canosa

O Martes 13 de abril o alumnado de 4ºA e 4ºB tivo unha videoconferencia coa escritora María Canosa. Estiveron falando sobre o seu libro "A cazadora de estrelas". Deixámosvos unha presentación con algunhas fotos sobre esta actividade. Un saúdo dontiñas e dontiños!!




14 abr 2021

OS VENRES TOCA CONTO

 Sesión de contacontos do venres 26 de marzo e o día 9 de abril.




OS VENRES TOCA CONTO

 CONTACONTOS DO VENRES 12 DE MARZO





9 mar 2021

Os venres toca conto

 Sesión de contacontos do día 5 de marzo 2021



23 feb 2021

Día de Rosalía

Cada ano, o 24 de febreiro conmemorase o Día de Rosalía de Castro

Aquí tedes algunhas actividades


ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN INFANTIL.
ACTIVIDADES PARA 1º E 2º EP.
ACTIVIDADES PARA 3º E 4º E.P.
ACTIVIDADES PARA 5º E 6º E.P.

 Poema de Rosalía de Castro (Follas Novas) 

21 feb 2021

OS VENRES TOCA CONTO

Conto do día 12 de febreiro



9 feb 2021

OS VENRES TOCA CONTO

 O venres 5 de febreiro Eva veu ó colexio para contarnos un conto. Aquí tedes unha montaxe con algunhas fotos. esperemos que vos gusten. 



COMO SE FIXO CARTEL BIBLIOTECAS ESCOLARES

No seguinte vídeo podedes ver como se fixo o cartel da Biblioteca Escolar de Viveiro de Ciudadanía de Óscar Villán. 

     



26 ene 2021

DÍA DA PAZ

 O sádo 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Deixámosvos unha serie de vídeos e recursos, así como enlaces de interese.

CONTO PARA A PAZ 

Malala, la niña que usó la educación para desafiar a los talibanes

LA HISTORIA DE KIM PUCH


DÍA DA ILUSTRACIÓN

Este sábado celébrase o Día da Ilustración. Este ano, dedicado á artista multidisciplinar Lolita Díaz Baliño. Unha muller que abriu camiños enfrontando os desafíos da época que lle tocou vivir. A primeira en ingresar na RAG.

Visibilicemos unha artista e unha obra inxustamente olvidada.
Disfrutemos, tamén, do poderoso cartel de Manel Cráneo.