Co gallo da celebración do Mes e da Semana da Ciencia, o día 17 de novembro fixemos unha visita cos alumnos de Sexto de Primaria á Aula da Natureza da Siradella, no Grove. Os alumnos participaron na elaboración de varios experimentos científicos relacionados co electromagnetismo, as densidades, a vulcanoloxía, a pigmentación..., e logo visitaron os miradoiros do Monte e o Dinamizador da Biblioteca explicoulles diversos aspectos relacionados coa formación do istmo da Lanzada, a Ría de Arousa, a Zona Intermareal Umia-O Grove, o Parque Nacional Das Illas Atlánticas, etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario