29 sept. 2010

INFORMACIÓN PARA TOD@S

Ola de novo! Cantas veces atopachedes unha noticia interesante pero que era moi complicada de ler ? ¡Iso se acabou! En Se hace saber as noticias están adaptadas a todas as idades. O único que tes que facer cando entres na paxina web e mirar cara a columna da esquerda e facer click no recadro da cor da túa idade. En canto o fagas aparecerán unha serie de noticias adaptadas en dificultade e lonxitude para ti.
Ademais na banda superior hai acceso a seccións para familia e profes, así que pode dicirse que esta web é para todos.
Engadirei o enlace no blogue, para que teñas acceso directo á páxina en calquer momento.

Nacen as Donticias

Con ánimo de chegar a todos os recunchos do cole nace o xornal da Biblioteca, as Donticias. Nun principio será de tirada mensual, iso sí, con edicións especiais. Terá unhas sección fixas, como as novas, o Dontómetro -na que aparecerán os diferentes rankings-, recomendacións...e algunhas seccións que aparecerán en función das necesidades do xornal.
O primeiro número está a piques de saír e aquí, no blogue, teredes a edición dixital.
Non te perdas o estreno!

28 sept. 2010

Proxectos para este curso

O interese que esperta un blogue non debe decaer, sería o seu fin. Un dos apartados máis "exitosos" do curso pasado foi o Dontest, ao longo deste curso seguirá a súa andaina, os/as profes novos/as serán os primeiros/as en pasalo, logo será o turno de alumnos/as e outras persoas relacionadas co colexio.
Seguindo esta liña de participación nace "Que me conta...?". Será un espazo relacionado co PDI "Os contos" no que a comunidade escolar responderá preguntas relacionadas cos contos.
Non teño dúbidas que resultará interesante e divertido; ademais, seguiremos informando case en tempo real -un pouco esaxerado, si- de todas as novas relacionadas coa biblioteca e co funcionamento da mesma.
Un saúdo!

PD: admitimos opinións, propostas...anímante e comenta!

27 sept. 2010

Temos que espabilar!

Pois efectivamente temos que espabilar, perdón, antes de nada, moi boas. E que non me gustou nada que a primeira semana houbera soamente 169 empréstitos, si, xa sei que non é para tanto pero esperaba unha marea de xente. Supoño que nas vindeiras datas nos achegaremos a esa cifra que tanto me gusta, os 200.
Por outra lado, dicirvos que esta semana falarei sobre os contos cunha persoa do cole...xa estou buscando a primeira vítima!
Lémonos!

24 sept. 2010

Que significan os números das estanterías?

Perdón, perdón! Xa sei que me retrasei un par de días...
Como xa vos dixen vouvos explicar que son e para que serven os números de color vermello que aparecen nas etiquetas das estanterías. Ao reformar a biblioteca decidiuse colocar os libros dunha forma máis racional e tomouse como norma báscica a Clasificación Decimal Universal (CDU). Consiste en aplicar a cada xénero literario unha cifra que servirá para a organización.
Os aplicados na nosa biblioteca son:
81 - Poesía
82 - Teatro
83 - Narrativa
        *831 - Libros de imaxes
        *832 - Libros educativos
        *833 - Contos
        *834 - Contos de animais como protagonistas
        *841 - Narracións da vida real
        *843 - Narracións de aventuras
        *844 - Narracións policiacas, de terror e misterio
        *845 - Narracións de humor. Chistes
        *846 - Narracións fantásticas. Lendas
        *848 - Narracións de animais como protagonistas
85 - Clásicos
87 - Cómics. Tebeos
92 - Biografías. Autobiografías
Agora podes ser máis directo cando busques un libro en concreto!
Boa fin de semana, lémonos!

21 sept. 2010

Vídeos para o fomento da lectura

O prometido é débeda e onte dixen que colocaría uns vídeos, aquí tedes un par deles que ademais foron premiados. Disfrutádeos:



Este vídeo foi descuberto no blogue "Trafegando Ronseis", se queredes botarlle unha ollada -teñen algún vídeo máis- premede no título do blogue e accederedes a este excelente enlace.
Lémonos!

Formando usuarios

Como xa viñen comentando durante estes primeiros días de cole a disposición dos libros variou. Para que este cambio non sexa traumático os mestres veñen esforzándose en formar aos usuarios. Nas imaxes vedes ao profe Quico cos alumn@s de 5º de primaria informándolles sobre os centros de interese e eses "números" que aparecen nas etiquetas.

PD: Mañá explico o significado dos números das etiquetas

20 sept. 2010

Primeiro día de préstamos

Xa me tardaba...pero por fin hoxe voltou o rebumbio na hora do recreo!
O comezo non foi malo, 31 préstamos, tendo en conta que algún despistado/a non se enterou de que hoxe empezaba o servizo non é nha mala cifra.
Xa sabedes que cada ano tentamos superarnos e este curso non vai ser menos, aínda que as cifras do curso pasado foron...ESPECTACULARES!

Pois nada máis amig@s, non perdades de vista o blogue esta semana que imos colgar vídeos moi interesantes para o fomento da lectura.
Lémonos!

17 sept. 2010

Xa está todo listo

Algún de vós pensará: "Xa era hora", pero vos podo asegurar que a actividade na Biblioteca foi frenética para poñer todo en marcha. O luns comezan os empréstitos e como vos veño dicindo ides comprobar que as estanterías teñen agora unha nova disposición. Como podes ver nesta foto as etiquetas axudarante a atopar o tipo de libro que buscas con facilidade.

Tamén comezaremos coas mochilas viaxeiras, coa novidade de que este curso ides disfrutar delas dúas semanas.
Así que que pase axiña a fin de semana para empezar!!
Estou desexando que empecedes a visitarme, lémonos! 

16 sept. 2010

Contos en rede

Boas! Como xa vos dixen onte ando a buscar bos enlaces que dean acceso a contos. O primeiro é Garabato, unha excelente web con moitos contos, videocontos, fábulas...
Se o que buscas é un bo conto para durmir, entra en "Educa y divierte con cuentos", atoparás moitos contos sobre valores, é unha excelente páxina para pais/nais e mestres/as que buscan lecturas con "fondo".
O mellor é que o comprobes ti mesmo/a, que entres e que experimentes, estou seguro que che gustarán.
Lémonos!

15 sept. 2010

Etiqueta sobre o PDI "Os contos"

Como estades amig@s? Veño de crear unha etiqueta no blogue adicada ao PDI deste curso. Podedes atopala na parte dereita e premendo nela teredes acceso a tódalas entradas do blogue relacionadas con este tema. Nos vindeiros días aumentarán os contidos relacionados cos contos, entre outras cousas estamos a buscar unha serie de enlaces web que vos sexan útiles para atopar unha chea de contos sen ter que facer máis cun "clic".
Seguimos en contacto, lémonos!!!

14 sept. 2010

Estamos de noraboa!

Pois vai que ser que imos mellorar máis aínda a Biblioteca!!!!!!
O motivo é que un ano máis fomos incluidos no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, co cal recibiremos unha cantidade de cartos que nos permitirá dar un paso máis e ofrecer mellores servizos e de mellor calidade. Ademais aumentaremos os fondos bibliográficos considerablemente.

Por outra parte, o equipo de Biblioteca está traballando a fondo para poñer en marcha todas as actividades o máis axiña posible, así que en breve comezarán os empréstitos, as mochilas viaxeiras...

Lémonos!

12 sept. 2010

Un curso de conto...

Querid@s amig@s, comezamos o curso sen grandes sobresaltos e cunha gran ilusión, ou non?
Durante os primeiros días os profes Quico e Manu traeranvos á Biblioteca para explicarvos a nova distribución dos libros, dese xeito cando comecen os empréstitos non teredes problemas para localizar o que buscades. Se aínda así queda algunha dúbida os colaboradores e profes de garda axudaranvos gustosos a atopar ese título que se resiste.
Ademais este será un curso especial, case de conto...ou sen o case, xa que este ano o tema escollido para o PDI é precisamente ese: OS CONTOS.
Así como o curso pasado nadamos e buceamos por todos os contidos de "O Mar de Arousa" ao longo deste curso calzaremos as botas do gato, deixaremos migallas de pan para non perdernos, bailaremos ao son dos músicos de Bremen e un sinfín de aventuras que están agachadas detrás dos contos.
Ide pensando unha resposta para esta pregunta:

Que personaxe de conto che gustaría ser?
Non fai falta que respostes agora, teremos tempo, LÉMONOS!

7 sept. 2010

TIC-TAC

Tic-tac, tic-tac....é o son do meu reloxo que conta as horas que quedan para que voltedes!

Avísovos que os primeiros días precisaredes axuda para atopar os libros, pero aí estarán os mestres/as e os colaboradores/as para explicarvos a nova distribución.
Estou seguro que en dous recreos tedes todo controlado, así que non preocuparse e disfrutar do día e medio que vos queda!
Lémonos!

2 sept. 2010

Xa estamos de volta!!!

Boas amig@s!! Xa ando de volta pola rede!
Que tal as vacacións? Supoño que xenial, disfrutando da praia, do bo tempo...e da lectura!!
Despois de estar tod o verán por San Vicente, A Lanzada, As Pipas e demais cheguei á Biblio e...SORPRESA! Os novos ordenadores xa dispoñen de todo o cableado e xa están disponibles. Ademais fixeime en que os libros están distribuidos dunha nova forma, máis atractiva e funcional. En fin, que a actividade durante o verán non parou para que cando cheguedes ao cole teñades todos os servizos á perfección.
Nos vindeiros días seguirei comunicándome convosco, adeus!