Querid@s amig@s, comezamos o curso sen grandes sobresaltos e cunha gran ilusión, ou non?
Durante os primeiros días os profes Quico e Manu traeranvos á Biblioteca para explicarvos a nova distribución dos libros, dese xeito cando comecen os empréstitos non teredes problemas para localizar o que buscades. Se aínda así queda algunha dúbida os colaboradores e profes de garda axudaranvos gustosos a atopar ese título que se resiste.
Ademais este será un curso especial, case de conto...ou sen o case, xa que este ano o tema escollido para o PDI é precisamente ese: OS CONTOS.
Así como o curso pasado nadamos e buceamos por todos os contidos de "O Mar de Arousa" ao longo deste curso calzaremos as botas do gato, deixaremos migallas de pan para non perdernos, bailaremos ao son dos músicos de Bremen e un sinfín de aventuras que están agachadas detrás dos contos.
Ide pensando unha resposta para esta pregunta:
Que personaxe de conto che gustaría ser?
Non fai falta que respostes agora, teremos tempo, LÉMONOS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario