15 dic 2020

TRÍPTICO

 Aquí vos deixamos o tríptico de Nadal 2020 con recomendacións de lectura. Para ampliar facede clic na imaxe.




10 dic 2020

LA FAMILIA SOSTE- NIBLE

No seguinte enlace poderedes ver unha miniserie "La familia Soste-Nible" para que vos familiarizedes cos diferentes tipos de residuos que se atopan no fogar e cal é o seu correcto reciclaxe.


24 nov 2020

DÍA INTERNACIONAL CONTRA Á VIOLENCIA DE XÉNERO

Ddeixámosvos no seguinte enlace unha serie de recursos e unha unidade didáctica  relacionada co Día Internacional contra á Violencia de Xénero.


https://drive.google.com/file/d/0BwjBrjbA6XQ8Vkx5ZU90c2h6eGNPWVpKLVl0bjEtbEpoTnp3/view?usp=sharing




 

22 nov 2020

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

O 20 de NOVEMBRO é o DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA! É O VOSO DÍA!

E coma tod@s os cidadáns, vós tamén tendes os vosos dereitos na sociedade. Queredes saber cales son?



 

14 nov 2020

Samaín e Magosto 2020

Aquí vos deixamos unha recompilación de como foi o Samaín e o Magosto no noso cole, agardamos que a desfrutedes!!
 

12 nov 2020

CANTA CONTOS (LUIS VALLECILLOS)

A través de do Consorcio Editorial Galego, Luis Vallecillos agasállanos con este vídeo de contos galegos.



9 nov 2020

DÍA DAS LIBRARÍAS

O 13 de novembro celébrase, desde o ano 2011, o Día das Librarías. Pinchando na imaxe poderedes acceder a toda a información relativa a esta conmemoración.


3 nov 2020

PREMIADOS POLO MES DA BIBLIOTECA






Brais Otero Prol, de 3º

Daniela Domínguez Villanueva, de 4º A

Iris Guillán Iglesias, de 4º B

Manuel Solla Bastos, de 2º

Lucía Dadín Fontán, de 3º de Ed. Infantil

Marco Castillo Oitana, de 5º A

CONXUROS SAMAÍN

No seguinte vídeo poderedes ver os conxuros que se levaron a cabo o venres 30 de outubro. 

29 oct 2020

DÍA DA BIBLIOTECA


O venres 23 de outubro celebrámolo día da biblioteca. Visitounos a contacontos Celtia Figueiras. Podedes ver as fotos no seguinte vídeo.


27 oct 2020

PREMIADOS MES DA BIBLIOTECA

 As nenas e nenos premiados no mes de outubro (mes da bilioteca) foron:

Gabriela Zapata Castillo, de 5º A

Naia Gabriela Pereira Diorno, de 5º B

Nerea Fernández Murillo, de 4º A

Sara Otero Blanco, de 2º

Vega Riveiro Álvarez, de 6º de Ed. Infantil

Sara Tilve Domínguez, de 4º de Ed. Infantil

26 oct 2020

RECURSOS PARA O SAMAÍN

 

9 jun 2020

Rumbo cara á sostibilidade dos océanos

O 8 de xuño é o día Mundial dos Océanos. Facendo clic na imaxe accederás a toda a información de Sogama respecto a sostibilidade.

1 jun 2020

P.D.I. 2019-2020

INFANTIL


P.D.I. AULA PT
Presentación - Aula PT

P.D.I 3º E 4º PRIMARIA



18 may 2020

P.D.I EDUCACIÓN INFANTIL

Aquí tedes o P.D.I. do alumnado de educación infantil. O tema elexido foi: "A píllara das dunas". Esperemos que vos guste.

Tedes aqúi o enlace por si o queredes ver en pantalla completa: https://view.genial.ly/5eb6934b7199c50d8c4172ee/presentation-pillara-das-dunas

7 may 2020

P.D.I. SOS MEDIO AMBIENTE

Desde a aula de P.T. achégannos o seu P.D.I. Fai clic na imaxe para acceder ao traballo

Presentación - Aula PT

P.D.I. SOS MEDIO AMBIENTE

No seguinte video poderedes ver os traballos que fixeron o alumnado de 3º e 4º de Primaria relacionado co P.D.I. deste ano. O tema elexido foi a "Hora do Planeta". Moitas grazas pola vosa implicación. 

6 may 2020

Contacontos

Silvia, a nai de Yoel de 5º de Infantil mándanos este vídeo: Un contacontos de "Corre, Corre Cabaciña".Esperemos que vos guste.
Animádevos a participar na actividade!!

Ligazón para traballar o Día das Letras Galegas 2020


Fai clic na imaxe para acceder

Inicio

Telexornal "Carvalho Calero"

Desde o CPI Plurilingüe dos DIces (Rois-A Coruña) chéganos, como en anos anteriores, o telexornal adicado á figura homenaxeada no Día das Letras Galegas. Neste ano 2020, as nenas e nenos implicados nesta experiencia de alfabetización mediática traballaron sobre RICARDO CARVALHO CALERO, baixo a dirección do profesor Luís Aldegunde, e presétannos un documento imprescindible para achegarnos a autor e a súa obra.


29 abr 2020

APRENDE A BUSCAR NA REDE

PROPOSTAS DA BIBLIOTECA PARA O MES DAS LETRAS GALEGAS

Ola nenos e nenas! Como estades? Espero que esteades ben de saúde todos vós e as vosas familias. Agora que podedes saír un  pouco da casa, seguro que vos sentides mellor. Dende o principio deste confinamento o Equipo de Biblioteca animouvos a ler todos os días uns minutos por pracer (media hora mínimo sería o ideal),  como un tempo de lecer. O mes de maio é o mes “Das Letras Galegas”. Este ano está dedicado a Ricardo Carvalho Calero. Déixovos un enlace sobre o autor: 
https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas 
Para conmemorar este mes, queremos animarvos a que leades libros e contos  en galego. Ademais, tamén queremos propoñervos algunhas actividades:

• Lede, é moi importante, e este mes, especialmente, lede en galego. 
• Facede toda a familia un audioconto lendo un conto en galego.

Cada membro da familia pode ser unha personaxe do conto e ler a  parte que lle corresponda. Logo, enviade o audioconto ao correo do  colexio para subilo ao blogue da Biblioteca. 

• Escribide un pequeno relato en galego. Pode ser de calquera tema, de ficción, ou reflexando o que estás facendo neste tempo de confinamento e como te sentiches durante as semanas pasadas, ou como e te sentes agora.

Procura coidar a limpeza, a redacción e a ortografía. Podedes facelo a man ou no ordenador (preferible para o envío posterior). Cando o remates, envíao ao correo do centro. Aínda que non son actividades obrigatorias, gustaríanos moito que vos animarades participar. A lecto-escritura, a creación literaria, son competencias moi importantes para vós e deberiades practicalas a miúdo. Moitas grazas! 

Tamén vos deixo este enlace para unha obra de teatro de Mamá Cabra titulada
 “15 primaveras”, para que a vexades en familia. Espero que vos guste. 

Unha aperta enorme de parte de todos os “profes” do Equipo de Biblioteca.

24 abr 2020

PROPOSTAS PARA A SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL

Pincha na imaxe para acceder ás propostas.
Feliz empresário segurando um lápis, olhando para a lista de ...

PROPOSTAS DO EQUIPO DE BIBLIOTECA PARA O CONFINAMENTO

Pincha na imaxe para acceder ás propostas
Início & Propostas - Gov. Nino Stradivarius Victorius II ...

ABRIL MES DOS CONTOS EN GALEGO

ABRIL, MES DOS CONTOS EN GALEGO!!

Olaaaa nenos/as!
O vindeiro 23 de abril é o Día do Libro. Por iso, os mestres este curso decidimos dedicarlle o mes de abril aos contos en galego! Os libros achégannos innumerables aventuras e ademais, fan que pasemos moitos momentos agradables. Si estamos moi atentos á lectura e nos metemos no papel dos personaxes...podemos pasar horas lendo!!
 
Un conto é unha moi boa opción para calquera día do ano, pero na situación na que estamos aínda máis...sabedes que a través dos contos podemos mergullarnos en infinitas aventuras????? 

Siiiiiiiii, lestes ben!!!! 
Si prestamos atención cando lemos ou escoitamos un conto, poderemos viaxar a outros lugares, transformarnos en fadas, guerreiros, seres inanimados, bruxas, animais...Facede a proba! 
Soamente tedes que prestar moooooita atención e deixar voar a vosa imaxinación!

Aquí vos deixamos o divertido conto "Corre, corre cabaciña"


23 abr 2020

DÍPTICO DÍA DO LIBRO

FAI CLIC NA IMAXE PARA ACCEDER

3 mar 2020

Un bico para...

Exposición "Un bico para..." incluida no mes de febreiro (MES DO AMOR E DA AMIZADE)




26 feb 2020

DÍA DE ROSALÍA

Co motivo da celebración do 183 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro facemos a nosa pequena homenaxe colgando este vídeo coa interpretación de Amancio Prada de "Adiós ríos, adiós fontes"



13 feb 2020

OS VENRES TOCA CONTO

Na seguinte presentación deixámosvos unhas imaxes das familias que viñeron ó colexio facer unha sesión de contacontos. Grazas por vir!!



6 feb 2020

Febreiro: mes do amor e da amizade

Boas Dontiñ@s. Xa podedes ver no corredor unha exposición de contos relacionados co mes de febreiro, adicado o amor e a amizade. Esperemos que sexan do voso agrado.

23 ene 2020

EXPOSICIÓN

No corredor poderedes ver unha exposición de libros sobre cómic. Tamén están a vosa disposición se desexades facer uso deles.