29 oct. 2015

VISITA DE ANXO MOURE

E continuando coa celebración do día das Bibliotecas Escolares, tamén recibimos a visita de Anxo Moure. Pasámolo moi, moi ben!!

27 oct. 2015

SORTEOS POLO MES DA BIBLIOTECA

   Agasallados o venres 23 de outubro:
ED. PRIMARIA

             


Zeltia Pérez Domínguez, de 5º B

Raúl Meis Castro, de 1º B









             












ED. INFANTIL














Enya Allo Rodríguez, de 6º E.I. 
       Yago Vázquez Martínez, de 6º  E.I.
Tomás Fernández Martínez, de 5º E.I.
         Paula Duarte Fontán, de 5º E. I.



A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACHÉGASE AO COLE!!

Os nenos de Ed. Infantil recibirion a visita de Uxía e Lara para celebrar o día das Bibliotecas Escolares. Estas contacontos fixéronolo pasar moi ben. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.



A POESÍA NAS AULAS

Proposta para o profesorado:


Poesía Hexágono. Ollada e Experiencia. Proposta e resposta nas aulas

O selo editorial Apiario presenta este libro para docentes que queren traballar coa poesía nas aulas. Xa no prólogo, Agustín Fernández Paz quere derrubar os muros para que a literatura, neste caso a poesía, se desprenda do enfoque historicista e que estimule as capacidades creativas do alumnado. Lémbranos Fernández Paz a Rodari na Gramática da Fantasía: “A cuestión é que na escola se len os textos para xulgalos e clasificalos, non para comprendelos. A peneira da corrección retén e revaloriza as pedras, deixando escapar o ouro.”
Nos seis ensaios que compoñen o libro, seis poetas, fannos cadansúa proposta :

Tamén conta cun blog onde se pode atopar material extra para continuar co traballo na aula.

Facer chegar a poesía á mocidade é labor ben complicado. Agradecemos a Apiario esta aposta tan decidida.

22 oct. 2015

SORTEOS POLO MES DA BIBLIOTECA

O venres 16 de outubro celebramos dous sorteos.
 Un para o alumnado de Ed. primaria cuxos gañadores foron:


·       











  Anxo Parada Vázquez, de 5º B

 Lucía Besada  López, de 5º A



   Outro para o alumnado de Ed. Infantil. Os gañadores foron:
            Ainhoa Gondar García, de 6º de Ed. Infantil
 Pablo Meis Caneda, de 6º de Ed. Infantil
  Xermán Radío Forte, de 5º de Ed. Infantil
      Amara López Martínez, de 5º de Ed. Infantil


O MISTERIO DO TÍTULO DO PDI



Ao fin descubrimos o misterio do título do PDI!! Este curso investigaremos en torno aos deportes que se practican no Grove. A maioría de vos pertencedes a algún clube ou practicades algún deporte, así que tedes moito que decir en torno a esta temática. De seguro que tamén nas vosas familias hai membros que se adican a esto, profesionalmente ou como afición. Aproveitamos dende aquí para animalos a achegarse ao colexio e compartir con nos a súa labor.

TRÍPITICO INFORMATIVO DE INICIO DE CURSO



15 oct. 2015

SORTEOS POLO MES DA BIBLIOTECA











A semana pasada comezamos cos sorteos de agasallos para celebrar o mes da biblioteca. Por cada libro que levedes para a casa, cubriredes unha papeleta para participar nos sorteos que se celebrarán todos os venres deste mes. Así que, a ler moito!!!




Os primeiros agasallados o 9 de outubro foron:

 Elena Marey García García, de 6º A

Pablo Cacabelos Prieto, de 2º A


14 oct. 2015

CONCURSO DO PDI

XA ESTAMOS MOI PRETO DE AVERIGUAR O TÍTULO DO PDI!!
Para comprobar se acertáchedes debedes seguir novamente as indicacións e unha vez atopada a derradeira pista, xuntádevos cos vosos compañeiros de nivel e completade as instruccións. Dese xeito coñeceredes o último paso que debedes dar para averiguar o enigma!!!


ED. INFANTIL
Para comprobar se acertáchedes debedes buscar as vosas letras camiñando polo voso corredor!!


Despois teredes que pensar para ordealas xunto co resto de compañeiros de infantil e así conseguir averiguar a palabra sobre a que vai o PDI!!!



ED. PRIMARIA 


1º Se a derradeira pista queredes atopar, todo o mundo a gatexar.

2º Se a derradeira pista queredes atopar, comezade a quentar.
  



3º Se a derradeira pista queredes atopar, moito teredes que saltar!


4º Se a derradeira pista queredes atopar,  buscade no lugar onde podedes bailar.


5º Se a derradeira pista queredes atopar, buscade unha canastra para anotar.


6º Se a derradeira pista queredes atopar, polo voso corredor debedes camiñar.










13 oct. 2015

CONCURSO DO PDI "FE DE ERRATAS"


Aviso importante para os cursos de 3º e 6º. Nas pistas que atopáchedes a semana pasada colouse un "erro"!! 
As letras do abecedario que vos corresponden son: para 3º,  a décimonovena e para 6º curso, a vixésimo primeira.
Un saúdiño e... ata pronto!!! 

9 oct. 2015

MÁIS RECOMENDACIÓNS!!!


Ilustracións de Kristina Sabaite.

Comezamos o curso cunha novidade da Editorial Galaxia, na súa colección Arbore e recomendada para lectores a partir dos 10 anos.
Xoán Babarro propón neste libro, unha viaxe ás rúas de Bengala da man do profesor Robindra. Este mestre de literatura, amante do teatro de monicreques, aproveitará as carautas de boteiro de Vilariño de Conso para contar aos nenas e nenas fermosas historias e poesías.
Teremos tamén ocasión de aprender e practicar algunhas palabras en bengalí.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS




O corazón da maxia de Xavier Estévez, magnificamente ilustrado por Santi Gutiérrez ten eses ingredientes: realismo e fantasía. Nese senso, lémbranos o anterior premio Jules Verne, O Gran Reino, onde o día a día da moza protagonista se mesturaba cunha gran aventura. Ambas historias, tamén,  teñen relación con hospitais.
Neste caso, a rapaza protagonista caracterízase pola alegría que desprende sempre que o corpo llo permite. Ela vai repartindo ledicia por todo o hospital, visitando aos outros rapaces e achegando optimismo, a pesar das súas circunstancias. Unha grave enfermidade mantena débil pero ela inventará outra vida a través da historia que cada noite crea para a súa compañeira de cuarto, unha nena que ten medo e chora na noite. A partir de agora, as noites estarán poboadas de dragóns que desaparecen e de dúas rapazas que van na súa busca; cheas de fortaleza e valentía, non pararán ata resolver o enigma e devolver os dragóns a cada unha das aldeas. Un pano de pirata e as ganas de vivir. E, no espello, as dúas realidades dándose a man dun outro ao outro, porque a realidade... é múltiple. 
Tamén deste autor: A lenda do Rei LoboA rapaza da fiestra e Todos os soños.

6 oct. 2015

CONCURSO DO PDI

Achegámonos ao final deste pequeno reto!! Con estas indicacións e as últimas pistas que atopedes xa deberíades saber cales son as letras que vos corresponden. Despois tócavos ter un pouco de paciencia, esperar para comprobar se acertáchedes e descubrir o título completo do PDI. Seguide pendentes do blogue xa que vos seguiremos dando instrucións!!


ED. INFANTIL

Para atopar a terceira pista moi alto mirarás polo tanto, ponte a saltar!!!




ED. PRIMARIA 

1º Se a terceira pista queredes atopar, moito teredes que saltar!



2º Se a terceira pista queredes atopar, polo voso corredor debedes camiñar.


3º Se a terceira pista queredes atopar, buscade unha canastra para anotar.



4º Se a terceira pista queredes atopar, comezade a quentar.
  


5º Se a terceira pista queredes atopar, todo o mundo a gatexar.



6º Se a terceira pista queredes atopar,  buscade no lugar onde podedes bailar.






MUSEO METROPOLITANO DE ARTE DE NOVA YORK


A lectura ao igual que o arte permítennos cultivar a nosa imaxinación, a nosa capacidade de entender o mundo de diversos xeitos, de velo dende distintos ángulos e puntos de vista. Permítennos mirar o mundo dende distintos ollos. Por eso queremos dende o noso blogue facernos eco desta nova que nos chega dende o outro lado do "charco". Para que toda a comunidade educativa se poida achegar un pouquiño máis ás olladas do mundo dun gran número de artistas cuias obras acolle o Museo Metropolitano de arte de Nova York, algunhas das cales podemos acceder a través do enlace que vos propoñemos a continuación.

MÁIS DE 400.000 IMAXES EN ALTA RESOLUCIÓN