Proposta para o profesorado:
Poesía Hexágono. Ollada e Experiencia. Proposta e resposta nas aulas
O selo editorial Apiario presenta este libro para docentes que queren traballar coa poesía nas aulas. Xa no prólogo, Agustín Fernández Paz quere derrubar os muros para que a literatura, neste caso a poesía, se desprenda do enfoque historicista e que estimule as capacidades creativas do alumnado. Lémbranos Fernández Paz a Rodari na Gramática da Fantasía: “A cuestión é que na escola se len os textos para xulgalos e clasificalos, non para comprendelos. A peneira da corrección retén e revaloriza as pedras, deixando escapar o ouro.”
Nos seis ensaios que compoñen o libro, seis poetas, fannos cadansúa proposta :
- A poesía non morde por Yolanda Castaño
- Curioseando por Estíbaliz Espinosa
- E inda se pode facer poesía por Celso Fernández Sanmartín
- Ler tampouco é para tanto por Carlos Negro
- Derivando na videopoesía por Antía Otero
- Poesía + graffiti nas aulas por Dores Tembrás
Tamén conta cun blog onde se pode atopar material extra para continuar co traballo na aula.
Facer chegar a poesía á mocidade é labor ben complicado. Agradecemos a Apiario esta aposta tan decidida.
Facer chegar a poesía á mocidade é labor ben complicado. Agradecemos a Apiario esta aposta tan decidida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario