25 feb. 2014

RECOMENDACIÓN LECTORA

Na semana do 24 de febreiro recomendámosvos:




A Fundación Catro Gatos, de Miami, creada polos escritores Sergio Andricaín e Antonio Orlando Rodríguez, ten como unha das súas finalidades a difusión de literatura infantil e xuvenil de calidade entre a comunidade de orixe hispano dos EEUU. Cada ano publican os premios da Fundación, un listado de vinte libros altamente recomendados polos seus valores literarios e plásticos. Neste 2014, entre os premiados están Montañas na cama, de Maricuela, publicada por OQO Editora;  Bululú, de Beatriz Giménez de Ory e El Idioma Secreto de María José Ferrada, ambos os dous deFaktoría K de Libros


21 feb. 2014

DONTEST DE MARTA 4ºB

A profe Marta de 4º B quixo contarnos os seus hábitos de lectura e de emprego das novas tecnoloxías. Desfrutade curioseando o Dontest de Marta!!

Lembras quen che ensinou a ler?
A MIÑA AVOA E AS MESTRAS DE INFANTIL.

Cal foi o primeiro libro que liches?
NON ME LEMBRO, PERO SEGURO QUE ALGÚN DE DISNEY.

Cal é o teu libro favorito?
LA SOMBRA DEL VIENTO, DE CARLOS RUIZ ZAFÓN.

E o teu autor preferido?
STIEG LARSSON (AUTOR DA TRILOXÍA DE "MILENIUM")

Cal é o último libro que liches?
LA CONFESIÓN.

Cantas horas les á semana?
MÁIS DE CINCO HORAS.

Agora estás a ler...
¿DÓNDE ESTÁN LOS NIÑOS?

Para rematar, un lugar e un momento para ler:
NO VERÁN, NA PRAIA.




Lembras a primeira vez que te conectaches á Rede?
SI. NUNHAS CLASES DE INFORMÁTICA QUE IBA POLAS TARDES DESPOIS DO COLEXIO.

Onde soes conectarte a Internet?
NA CASA E NO TRABALLO.

Para que soes usar a Rede? 
PRINCIPALMENTE PARA CONSULTAR O CORREO. TAMÉN ENTRO HABITUALMENTE NO FACEBOOK E NO TWITER. ÁS VECES DESCARGO MÚSICA OU VEXO VIDEOS DE YOUTUBE.

Como te conectas?
A TRAVÉS DA ADSL DA CASA, COA BANDA ANCHA DO MEU MÓBIL E COA TABLET.

A que medios de comunicación accedes a través da rede?
LEO OS DIARIOS.

Cal é o blogue, páxina web... ao que máis uso lle das?
METEOGALICIA E TRASLAPISTADEPAULA.

Para rematar, o momento do día no que sempre "estás conectada"
POLA NOITE, DESPOIS DE CEAR.

20 feb. 2014

LISTA DE HONRA DO IBBY


A prestixiosa Lista de honra do IBBY que se actualiza cada dous anos, acaba de incorporar dúas obras, unha de creación, Palabras de auga de Marcos Calveiro, e outra pola tradución: Contos ao teléfono de Gianni Rodari en versión de Carlos Acevedo.
primeiro dos libros está editado por Xerais e xa conseguira o premio Merlín 2012, o premio Fervenzas Literarias ao mellor Libro Xuvenil e o premio Fervenzas Literarias á Mellor Portada de Infantil e Xuvenil 2012.
segundo está publicado por Kalandraka e xa contaba co premio Isaac Díaz Pardo ao Mellor Libro Ilustrado (AGE) en 2011

19 feb. 2014

CONTOS INTERACTIVOS



Descubre as novas tendencias en contos: contos interactivos. Unha nova fórmula para que os rapaces escoiten contos cortos e infantis dun xeito dinámico, divertido e interactivo a través dos contos interactivos.

Accede a través deste enlace:  EDUCACIÓN 3.0

RECOMENDACIÓN LECTORA

Esta semana recomendámosvos:


SINOPSIS

17 feb. 2014

MES DO AMOR E DA AMIZADE

Repartir amor e amizade é o noso!!!
Grazas polo voso esforzo elaborando os traballos para esta celebración!!
E grazas ós compañeiros por poñer de relevo unha vez máis o bo ambiente que existe neste centro!!!

13 feb. 2014

O BLOGUE DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Recomendámosvos o Blogue de Agustín Fernández Paz. Dispón de numerosos recursos de gran interese e utilidade. Esperamos que vos sexa de axuda!!!
O BLOGUE DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
(Ó blogue de Agustín poderedes acceder sempre que o precisedes clicando no correspondente enlace na columna de "Enlaces da biblioteca")

11 feb. 2014

A LECTURA NAS COMUNIDADES DE APRENDIZAXE

Outras formas de aprender son posibles. Para abrir os ollos e ver que xa está a pasar. Dende a biblioteca animámosvos a MELLORAR!!!

10 feb. 2014

CONCURSO ACRÓSTICOS DE AMOR



Debido ó comezo do mes de febreiro no que celebramos o "mes do amor e da amizade" queremos propoñervos un concurso de acrósticos de amor. Nel poderá participar todos os alumnos/as dende 4º ata 6º; así como os vosos pais/nais, avós/avoas, mestres/as... 
Animádeos a que participen e animádevos vós tamén!!

BASES DO CONCURSO
1. Poden participar no concurso de ACRÓSTICOS todos os alumnos, profesores e
demais adultos do centro.
2. As categorías son as seguintes: 3º CICLO DE EP, MESTRES e FAMILIAS.
4. Os POEMAS deben presentarse no papel oficial que vos proporcionará a
Biblioteca indicando o nome e apelidos do autor e, no caso dos alumnos o seu curso.
5. Os POEMAS deben depositarse na CAIXA DE CORREOS situada no corredor do 3º Ciclo, no caso dos alumnos, ou na MESA DA BIBLIOTECA, no caso dos Mestres e familiares.
6. Os POEMAS deben ser presentados con letra clara e lexible, con limpeza e, na medida do pible, sen FALTAS DE ORTOGRAFÍA.
7. Cada verso do POEMA debe comezar pola LETRA INICIAL do
ACRÓSTICO escollido.
8. Non se establecen condicións de MÉTRICA nin de RIMA pero teranse en
conta á hora de escoller aos gañadores.
9. O prazo de presentación dos POEMAS remata o día 28 de febreiro.
10. Haberá UN ÚNICO PREMIO por categoría. No caso de non haber candidatos o
premio quedará deserto.

RECOMENDACIÓN LECTORA

Na semana do 10 de febreiro recomedámosvos:

Das cousas de Ramón Lamote de Paco Martín 

Neste 2014 estamos de celebración, pois hai 30 anos que naceu Ramón Lamote.
Das cousas de Ramón Lamote de Paco Martín vira a luz no 1984 e con el fóronselle abrindo portas á literatura infantil e xuvenil galega.
Lamote, ademáis de profesor de Chairego (así, con maiúsculas) e debuxante de soños por encarga, converteuse no noso embaixador maís alá do Cebreiro. 
Das cousas de Ramón Lamote foi o primeiro libro escrito en galego que acadou o premio Barco de Vapor en 1984.
Das cousas de Ramón Lamote foi o primeiro libro escrito en galego que conseguiu (en 1986) o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil
Das cousas de Ramón Lamote foi o primeiro libro escrito en galego que entrou a formar parte da Lista dos White Raven da biblioteca de Múnic en 1988.
E aínda que non foi o primeiro, case, en incorporarse á IBBY Honour List, en 1986.
Anos máis tarde aparecería a segunda parte: Das novas cousas de Ramón Lamote, que segue a fondar na vida deste insólito personaxe e continúa acompañándose das ilustracións de Xoán Balboa.

3 feb. 2014

RECOMENDACIÓNS SEMANAIS

Na semana do 3 de febreiro recomendámosvos:


É un libro-disco-dvd infantil e xuvenil en galego que ten 13 contos hilados cun fío común, 13 animacións dinámicas de stop motion con karaoke, 13 cantigas en diferentes estilos musicais e 6 coreografías. Conta con colaboracións coma: Fina Casalderrey, Luis Emilio Batallán, Magín Blanco ou Abe Rábade. Está editado pola editorial CUMIO para quen o queira mercar aínda que todo o contido está accesíbel e de balde no enlace de facebook ó que accederedes "clicando" no título do libro.