8 mar 2022

 NOVA PLATAFORMA DE LECTURA DIXITAL

E-ELBE.2

        A Consellería de Educación ven de poñer en marcha unha nova plataforma de lectura e préstamos de contidos dixitais que proporciona a alumnado, docentes e familias, acceso a unha ampla colección de contidos nunha grande variedade de formatos (libros, audiolibros, podcasts e outros). A plataforma chámase E-ELBE.2.

        E-LBE.2 é un novo servizo de titularidade da Consellería, que, como centro educativo integrado no PLAMBE, poderemos ofrecer a nosa comunidade educativa. Esta plataforma de lectura e préstamo de contidos dixitais enriquecerá a nosa colección cun volume inicial de máis de 3000 títulos que estarán dispoñibles para ler en pantalla, en todo tipo de dispositivos (computador, e dispositivos móbiles), en calquera momento e lugar, para todos os usuarios e usuarias (profesorado, alumnado e familias) que conten con carnet de usuarios da nosa Biblioteca Escolar.

        En breve poderedes facer uso desta plataforma. O enlace á mesma é:

https://bega-elbe2.edu.xunta.es/

 DIA 1 DE ABRIL: "DAS ARTES GALEGAS"

Achegamos material didáctico, realizado por diferentes centros de ensino coruñeses, sobre a biografía e obra de Xosé Otero Abeledo, Laxeiro, para a celebración, o vindeiro 1 de abril, do Día das Artes Galegas.

Este material é o seguinte:
1. Unidade didáctica de Laxeiro, para Ed. Primaria e en PDF
2. Actividades interactivas, en formato genial.ly, cun texto de Neira Vilas sobre Laxeiro

https://view.genial.ly/610af386ed054b0dcc7f799e
3. Actividades interactivas, en formato genial.ly, cun rosco sobre a biografía e obra de Laxeiro
https://view.genial.ly/61ddbced6551100dd2e69bab

Esperamos que sexa de utilidade