23 feb. 2010

O ránking dos mellores lectores...

Amigos/as!! Agora vós sodes os/as "protas". Vou facer público o ránking dos 10 mellores lectores no que vai de curso!!
Estarás nel? Queres saír de dúbidas? Tes curiosidade? Vale, vale!! Non te fago esperar máis!!
1. Paula Vidal, de 4ºB
2. Mara Galiñanes, de 4ºB
3. Lucía Bagnasco, de 5ºA
4. Joel Prieto, de 3ºB
5. Dafne Domínguez, de 1ºA
6. Daniel Vázquez, de 4ºB
7. Natalia Romero, de 3ºB
8. Lucía Otero, de 5ºB
9. Zoe Prieto, de 3ºB
10. Abel Arnoso, de 6ºA











Aquí tes a algúns dos presentes no ránking, noraboa e a seguir así!!
PD: os nenos e nenas de 2º teñen que poñer as pilas, xa que non colocan ningún representante entre os 10 primeiros!!

Elena, protagonista da semana

Olivia Newton-John en Grease, a Ratiña Presumida en teatro....trátase dunha profe "polifacética"; ademais os seus alumnos poden certificar que é unha contacontos de primeira. Se queres saber máis dos gustos desta animosa profe, non te perdas as respostas do seu Dontest.

1. Lembras quen te ensinou a ler?
- A miña mestra de parvulitos, la madre Julia; na casa lía coa miña nai.
2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- Encantábanme os cómics de "Mortadelo y Filemón" e "13 Rúa del Percebe"; pero o primeiro libro que lin foi "O Principiño"
3. Cal é o teu libro favorito?
- Como favorito podo dicir que "Los Pilares de la Tierra", aínda que no seu momento enganchoume moito a saga "Cienfuegos" de Alberto Vázquez Figueroa.
4. E o teu autor preferido?
- Non teño un en concreto. Gústame Ken Follet, Dan Brown, Carlos Ruiz Zafón, Maruja Torres...
5. Cal é o último libro que liches?
- "Contra el viento", de Ángeles Caso
6. Cantas horas les á semana?
- Unhas 7 ou 8. Nas vacacións adícolle máis tempo pois gústame moito ler.
7. Agora estás a ler...
- "La bailarina y el inglés"
8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
- Creo que non vou ser moi orixinal pero o meu lugar e momento favorito é na cama antes de durmir.

17 feb. 2010

Mañá volve a actividade

Nenos e nenas, a biblioteca sen vós non é o mesmo!! Quero que voltedes!!

Mañá será ese día e eu estarei esperándovos agochado no meu escondite e vendo como levades unha morea de libros emprestados.

Por certo, achéganse novidades, xa queda pouco para "lavar a cara" da biblio e facer dela un lugar máis acolledor e atractivo.

Estou desexando que chegue ese día!! Entretanto, vémonos por aquí.
Unha aperta

15 feb. 2010

O Entroido

Boas blogueir@s!!

Que tal neste tempo de Entroido?? Supoño que aproveitando as vacacións para pasalo ben.

Pensástedes algunha vez na relación Entroido-Literatura?
Seguro que pensas que non teñen moita relación, pero se te paras un pouco daraste conta que moitos dos disfraces que escolles corresponden co teu heroe favorito de cómic (Spiderman, Batman, Superman...Mortadelo e Filemón...), ou ben con grandes clásicos (Caperucita, Blancanieves...).
En fin, como ves, moitas veces nos inspiramos en personaxes dos libros para traelos á realidade en forma de disfrace; así que...quen sabe se no seguinte libro que leas atoparás o teu disfrace do ano que ven!

9 feb. 2010

Donte pregunta;Tachi responde

Xa sei que esta semana non anunciei Dontest nin especulei coa identidade da persoa que o pasaría, pero así son as cousas neste blogue; e así, por sorpresa, publicamos o interesante Dontest de Tachi, mestra de 1º de primaria que amablemente costestou ás miñas preguntas. Aí vai.

1. Lembras quen te ensinou a ler?
- A mestra Vicenta

2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- "Blancanieves y los siete enanitos"

3. Cal é o teu libro favorito?
- "Guerra y Paz"

4. E o teu autor preferido?
- Antonio Gala

5. Cal é o último libro que liches?
- La Isla bajo el Mar (Isabel Allende)

6. Cantas horas les á semana?
- As que podo

7. Agora estas a ler...
- Pois sí!!

8. Para rematar, un lugar e un momento para ler
- Pola noite na cama

8 feb. 2010

Un vídeo para ver

Boas, queridos/as blogueiros/as!!
Que tal a fin de semana?? Seguro que esta vai ser unha semana divertida, entre o Meco, a festa da filloa, o Entroido...pero aínda así, seguro que es capaz de facer un pouco de tempo para ler.
Hoxe voute facer unha recomendación un pouco diferenete, non perdas a oportunidade de ver este interesante vídeo sobre o Homo Consumus e o Homo Responsabulus; seguro que ademais de divertirte aprendes algo.

http://www.youtube.com/watch?v=c5SEHz3Y6q8&feature=player_embedded

3 feb. 2010

M.J.; un Dontest distinto


Ao final non dixeches "no sé" porque sabías que lle tocaba a María José...
Non te perdas as súas respostas; xa te advertira que tiñamos unha contacontos no cole. Respostas rápidas, orixinais e con sentido do humor; o dito, un Dontest distinto.

1. Lembras quen te ensinou a ler?
- Penso que aprendín na escola, en 1º, con dona Vicenta.
2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- Non o lembro, pero sei que na naquela época había un libro que me gustaba especialmente: A Ratiña Presumida.
3. Cal é o teu libro favorito?
- A Biblia foi un libro que me impactou moito a nivel persoal.
4. E o teu autor preferido?
- Encántame Isabel Allende
5. Cal é o último libro que liches?
- Veño de lerlles aos nenos e nenas da miña clase: Los piratas
6. Cantas horas les á semana?
- A diario. Horas? Non sabería dicir...
7. Agora estás a ler...
- Claro! Estou cubrindo esta enquisa.
8. Para rematar, un lugar e un momento para ler
- Calquera momento é bo, porque ás veces só compre ter ganas de facelo. O ideal para min sería estar sentada ao pé dunha árbore ou deitada na praia.

2 feb. 2010

NICO ESCOLLE LIBROS DE ANIMAIS


Non é nada raro ver a Nico pola biblio collendo libros prestados. Tampouco é nada raro que eses libros estean relacionados cos animais.

Títulos como "La Orca", "El Delfín" ou "El Hámster" son collidos unha e outra vez por este alumno tan simpático e amante dos animais.
Así que xa sabedes, se tedes algunha dúbida sobre algún destes mamíferos, preguntádelle a Nico que seguro que saberá contestar sen maiores atrancos.

E un consello, se queredes coller algún destes libros, debedes ser rápidos para non vos adiante!!
Deica!!

1 feb. 2010

Acércase o entroido!!

Boas rapaciños/as!!
Antes de nada, felititarvos polo ben que vos quedou a celebración do Día da Paz, encantoume o voso decálogo para a paz, de verdade.
Parece que as miñas chamadas á "Rebelión Lectora" tiveron efecto e voltamos á senda dos 200 empréstitos; bueno, case, porque foron 198, trinta e dous deles en horas de titoría. Agora non baixedes a garda e seguide este ritmo.
Teño outra importante nova chamada "A Casa dos Libros"; trátase dunha "biblioteca itinerante" que achegará ás vosas aulas libros moi interesantes e chamativos.

Se a ves pola túa clase non dubides en entrar nela e "bucear" polas súas habitacións. Seguro que atopas algo que che guste.


Mañá tamén teremos Dontest; trátase dunha profe que case é unha contacontos, se escudriñas un pouco os sesos seguro que sabes quen é e non vale que respondas "no sé". Quen é?