17 jun 2015

VISITA DE UXÍA E TEGRA



Que ben no lo fixeron pasar estas dúas fantásticas contacontos. Moitas grazas pola vosa visita!!!

16 jun 2015

GUÍA VERÁN 2015

En breve rematamos o curso. Chega o tempo de descanso e que mellor acompañante para este tempo libre que un bo libro!!! A continuación amosámosvos as recomendacións da biblioteca. Esperamos que vos sirvan de axuda a pais/nais e alumnos para escoller un conto do voso agrado.


9 jun 2015

PREMIO CLUBS DE LECTURA: AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ


Agustín Fernández Paz recibiu na pasada VIII Xornada dos Clubs de lectura o Premio dos Clubs de Lectura 2015, concedido por ser o autor galego máis lido polos clubs no pasado curso 2013/2014, tal e como aparece recollido na Resolución de 23 de abril de 2015

Agustín, que finalmente non puido acudir a Compostela, dirixiuse aos asistentes a través deste vídeo, gravado previamente en previsión de calquera incidencia. Agradecemos a xenerosidade do escritor e todas as facilidades que nos deu para esta gravación, así como a presenza de Manuel Bragado, editor e amigo de Agustín, que acudiu no seu nome a recoller o premio dos lectores e das lectoras espallados polos centros de ensino secundario galegos.