Agustín Fernández Paz recibiu na pasada VIII Xornada dos Clubs de lectura o Premio dos Clubs de Lectura 2015, concedido por ser o autor galego máis lido polos clubs no pasado curso 2013/2014, tal e como aparece recollido na Resolución de 23 de abril de 2015
Agustín, que finalmente non puido acudir a Compostela, dirixiuse aos asistentes a través deste vídeo, gravado previamente en previsión de calquera incidencia. Agradecemos a xenerosidade do escritor e todas as facilidades que nos deu para esta gravación, así como a presenza de Manuel Bragado, editor e amigo de Agustín, que acudiu no seu nome a recoller o premio dos lectores e das lectoras espallados polos centros de ensino secundario galegos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario