30 may 2011

Novo concurso!!

Boas dontiñ@s!
Hoxe comezamos un novo concurso. Nesta ocasión queremos que o blogue sexa 100% protagonista, así que todos aqueles/as que aspiren a gañar o concurso deberán visitarnos e "bucear" polo noso océano.
Para participar non tes máis que contestar a oito preguntas, para elo terás que pasar pola biblioteca e recoller unha plantilla na que deberás anotar as respostas, para posteriormente entregalas e entrar no sorteo.

Que onde atoparás as respotas? No blogue. Para eso terás que buscar as entradas apropiadas nas que obteñas a solución das preguntas.
Unha pista; podes empregar as "etiquetas" que tes no menú da dereita.
As preguntas son:

CURIOSIDADES


1.Cal é o titulo da entrada que se publicou o 26-11-2010?


2.Que recomendou Albert Einstein para mellorar nas matemáticas?

DONTEST

3.Que nena contestou no Dontest que a súa autora preferida é Paula Carballeira?


4.Cal é o libro favorito do profe Francisco?

PDI OS CONTOS

5.No mural do bosque dos contos, que profe está caracterizado como o frautista de Hamelin?


6.Que persoaxe de conto lle gustaría ter sido a Clara, de 6º A?

RECOMENDACIONES LECTORAS

7.Onde naceu Fina Casalderrey?

RECURSOS DIDÁCTICOS

8.Que se celebrou o 22 de marzo?
 
A traballar!!!

28 may 2011

Novo gañador da mochila



Como cada venres tivemos sorteo da mochila, esta semana o afortunado foi Santi Carmona, de 3ºA, que recolleu a súa mochila encantado da vida, como podedes ver na imaxe.

Seguide collendo libros e seguide cubrindo a vosa papeleta, quen sabe, esta semana podes ser ti.

27 may 2011

Donticias: os dous últimos números

Aínda que cun pouco de retraso dende a súa publicación impresa -perdoen as molestias-, xa temos aquí os dous números das Donticias que quedaban por publicar na rede.



Preme na imaxe para ampliala.

24 may 2011

Comezan a chegar os traballos do PDI

Boas dontiñ@s!
Dende primeiros de maio os alumnos e alumnas do cole están rematando os traballos que realizaron con motivo do PDI "Os contos".
Estamos a recibilos na biblioteca e a verdade é que son moi chulos. Estamos fotografiando parte deses traballos para poder mostralos a través do blogue.
Esta semana publicaremos os primeiros, ata entonces...seguimos en contacto!

20 may 2011

Esta semana Nair foi a premiada

Cousas do azar, pero unha das alumnas que máis visita a biblioteca foi a premiada esta semana.
Pode ter unha explicación, e é que cantos máis libros se len, máis opcións de levar premio tedes.
En calquera caso, parabéns para Nair, que ben merecido ten calquera premio.

19 may 2011

Animación en galego, na tvg2

Ola a tod@s! Aproveitando que estamos a celebrar no colexio a semana do cine en galego pensamos que debemos informaros de que neste mes de maio empezáronse a emitir na tvg2 dúas series de animación feitas en Galicia e en galego por OQO filmes: "Caracois" e "Os contos do camiño".


"Caracois" emítese de luns a venres, de 7.30 a 8, e destínase aos máis cativ@s (2 a 4 anos).


"Os contos do camiño" é unha serie para nenos e nenas de 3 a 7 anos que se emite tamén de luns a venres, de 17 a 17.30. Nela teredes ocasión de recordar contos como o da "Bruxa regañadentes" ou "Corre, corre, cabaciña" que tamén podedes atopar na biblioteca do cole.





Esperamos que disfrutedes moito con estas series!







18 may 2011

Mariña, de 1º, colle a súa mochila

Xa temos gañadora da segunda mochila! Trátase de Mariña, alumna de 1º que tivo a sorte de que a súa papeleta fora a escollida no sorteo da semana pasada.
A pesar da cara de susto, asegúrovos que estaba a mar de contenta co seu agasallo.
Naír Iglesias, colaboradora da Biblioteca, foi a encargada de facer a entrega do premio.
Este venres, terceiro sorteo.

Libro solidario

Ás veces non somos conscientes do que temos e por iso ás veces é necesario facer campañas de concienciación para que nos decatemos das cousas que pasan noutros lugares do mundo.
Á esquerda tes un fantástico libro publicado pola ONG "Médicos sen fronteiras" con fins solidarios.
Son unha serie de relatos narrados por Ntumba que nos farán pensar e meditar sobre moitos aspectos da vida.
Se queres máis información preme sobre a imaxe

Salvando libros

Boas!!
Esta entrada pretende chamar a atención sobre a importancia que ten o noso patrimonio cultural escrito e o valor que lle debemos dar á súa conservación.
Preme na imaxe e accderás a toda a información sobre esta brillante idea.

10 may 2011

Uns profes de conto

Aí os tedes!! Todos os mestres/as que imparten clase en Educación Infantil caracterizados de personaxes de contos para decorar o corredor principal. O motivo, como xa sabedes, é o PDI "Os contos".

Deste xeito, podemos ver a Lydia como a perversa Madrastra, podemos ver a Marco Gulliver, a Peter Manu, a Campaíña Mª José, ao frautista Alfonsín, a Maria Carapuchiña Vermella, a Pitufiña Olalla, a María Sereíña, á Ratiña Patricia Presumida e Pinocho Germán.
Unha obra de arte, ou non?

9 may 2011

A piques de celebrar o Dia das Letras Galegas

Ola de novo! Xa estamos a piques de celebrar o día das nosas letras. Por iso aproveitamos o noso blogue para lembrar todos os recursos que están á vosa disposición:


  • Un enlace permanente das Letras Galegas 2011, con recursos de todo tipo. Foi colgado en marzo pero figura de primeiro na sección de enlaces permanentes (arriba á dereita no blogue) para que teñades máis fácil o acceso.

  • Un expositor cheo durante todo o mes con obras orixinais en galego para todas as idades, que iremos cambiando cada semana.

  • Un mural cunha breve historia da orixe da celebración e coa lista total dos autores e autoras homenaxeados.


Parabéns, récord do curso

Pois parece que a mochila tivo o tirón esperado xa que a semana pasada fixemos 258 empréstitos!! Cifra que ven a bater todos os rexistros deste curso.
Lembrade que esta semana sorteamos outra mochila entre todos aqueles/as que veñades pola biblioteca e levedes un libro. Ao mellor desta vez tedes a mesma sorte que Érika.
Lémonos!

6 may 2011

Érika, primeira gañadora da mochila


Boas de novo!!
Como anunciamos anteriormente, no recreo de hoxe produciuse o sorteo da primeira das mochilas.
A primeira gañadora resultou ser Érika Devesa, de 5ºA. Nas imaxes podedes ver os dous momentos claves, o sorteo e a entrega do regalo.
Lembrade que hoxe mesmo xa comezou a introdución de papeletas para o sorteo da semana que ven, sorte a tod@s!

Este mes...

Boas! Como xa vos avisei o luns, este mes ímolo dedicar ás Letras Galegas. Por iso o expositor da entrada da biblioteca encheuse de obras en galego de autores/as da nosa terra.
Todos os libros expostos pódense levar en calidade de préstamo.
Non dubides en levalos!!

PD: lembrade que no recreo de hoxe será o sorteo da primeira mochila que imos regalar.

4 may 2011

Eu falo galego porque...

Boas! Aquí tedes o vídeo gañador do Correlingua 2011.



Como podedes comprobar está feito por rapaces coma vós. Parabéns polo premio!!

2 may 2011

Comeza o mes de maio; mes das Letras Galegas

Boas!!
Antes de nada, lembrade que seguimos co sorteo para conseguir unha mochila, cada empréstito é unha opción de gañala!
Agora vou coa actualidade; comezou un mes especial, maio. É o mes no que celebramos o Día das Letras Galegas, dedicadas este ano ao escritor monfortino Lois Pereiro.
Durante este mes moitas entradas terán que ver coa nosa lingua e co valor que para nós debe ter.
Comezamos hoxe cun vídeo que fai unha interesante reflexión sobre o "status" do galego. Olládeo.