29 abr 2010

Recursos para traballar o Día das Letras Galegas

Dende o Blogue de Donte queremos ofrecerlles aos mestres e alumnos uns cantos enlaces interesantes para traballar o Día das Letras Galegas, son recursos para homenaxear a Uxío Novoneyra, o escritor do Courel.
Páxina web de Uxío Novoneyra
Webquest sobre o autor
Actividades para imprimir para todos os ciclos elaboradas por seminariogalan.org
Actividades Lim para Infantil e Primeiro ciclo elaboradas polo Ceip Frián-Teis
Actividades Lim para o Segundo e Terceiro ciclo elaboradas polo Ceip Frián-Teis
Actividades Lim para o Terceiro ciclo elaboradas polo Ceip Conde de Fenosa
Ceip de Friáns-Teis 
Plantilla Mondrián: outra webquest sobre Uxío Novoneyra adaptada para todos os ciclos de Primaria. Moi boa.

Queremos agradecer a todos os compañeiros dos outros centros que compartan os recursos que elaboran.

28 abr 2010

Para que len Víctor e Lucía?

"Gústame ler porque me divirto. Os libros que máis me gustan son os de Gerónimo Stilton. Os libros tamén me distraen, pois paso un bo rato con eles.
Cos libros aprendo cultura xeral, novas palabras e a escribir ben, sen faltas de ortografía.
Tamén me gustan moito os cómics de Mortadelo e Filemón."

"Eu leo para divertirme, para entreterme, para pasalo ben...pero sobre todo leo porque é o máis interesante do mundo. Se por min fora, pasaría todo día lendo.
Para min ler é como explorar mundos novos e convertirme na personaxe principal.
Os libros axúdanme a estudar e a aprender cousas que non coñecía. Aínda hai moito por saber e quero comprobar se na fermosa biblio do cole poderei seguir aprendendo cousas novas."

27 abr 2010

Para que len Iris e Mara?

"Eu leo para non aburrirme a calquer hora do día e mentres leo divírtome moito. Sobre todo cando non teño nada que facer.
Ler é algo impresionante."

Iris Rey Gómez 3ºB


"Eu leo porque cada libro é un mundo no que entro; ás veces os libros son de medo, ou de risa, de aventuras, de fantasía...
Algúns libros non parecen interesantes na súa primeira páxina, pero, se lles dás tempo, ao pasar páxina a páxina vanche interesando máis. Eu imaxínome que son unha personaxe dos contos e que paso aventuras moi emocionantes e divertidas."

Mara Galiñanes Cobelo 4ºB

26 abr 2010

O prometido é débeda, aquí tedes unha pequena montaxe con imaxes da celebración do pasado venres.


COMEZA UNHA NOVA SEMANA

Boas!! Como foi esa fin de semana?? Espero que ben, por aquí aínda estamos coa resaca do Día do Libro. Sabedes que a semana pasada prestamos 289 libros? Teño que revisar os arquivos, pero creo que se trata dun rexistro histórico. A ver se a inercia da semana pasada fai que sigamos con cifras elevadas. Un consello; se ves devolver un libro, pégate unha volta e busca outro que te chame a atención, non te vaias de baleiro.
Con respecto ao acto do venres vouvos facer un par de apuntes, ao longo desta semana subirei un vídeo-montaxe coas fotos, ademais publicarei os nomes e as cifras dos premiados/as como mellores lectores/as; por último, poñerei as fotografías dos alumnos/as que leron as súas respostas á pregunta "Para que les?".
Se te preguntas polo Dontest, esta semana non haberá. O motivo é que como soamente queda un non quero que se desvíe a atención del xa que é moi especial; a protagonista será unha mestra que ten ben ganado o cariño de toda a comunidade educativa e de todo O Grove en xeral, así que como a semana que ven se presenta máis tranquila toda a atención será para ela. Ben o merece.
Un saúdo!!
PD: nunhas horas vai o vídeo...shhhhhh

22 abr 2010

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Ano 1616, 23 de abril: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega falecen ese día. Esa fatal coincidencia fai que anos despois ese día sexa declarado DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR.
Seguro que en moitas ocasións escoitaches falar do día do libro pero ao mellor non coñecías a orixe. No Ceip Rosalía de Castro tamén imos ter a nosa pequena homenaxe a ese revolucionario invento chamado libro. Celebraremos un acto no que premiaremos aos mellores lectores/as e leremos algúns traballos realizados este curso.
As imaxes da xornada serán publicadas neste blogue e na páxina web do colexio.
Feliz día do libro a tod@s !!

21 abr 2010

Volve o Dontest con....Tere Feijoó

Moitos de vós preguntabades estes días na biblioteca que a semana anterior non houbera Dontest...outros que o seu/súa profe aínda non respostara....pois de golpe e porrazo zanxamos as dúas cuestións. Tere Feijoó, mestra de sexto de primaria, contesta a conciencia e entretennos un rato coas súas experiencias lectoras ao longo da súa vida. Un pracer ler este Dontest, aí vai:

1. Lembras quen te ensinou a ler?
- O primeiro contacto que tiven coa lectura foi na miña casa, miña nai ensinoume nunha cartilla as primeiras letras, que eran as vogais.
Despois cando as aprendín xa non quixen que ensinaran máis ata que fun á escola e alí dona María, que así se chamaba a miña primeira mestra, ensinoume a ler.
2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- Cando eu era nena non había moitos libros de literatura infantil como agora. O que lembro era que tiña e lía moitos contos cuns debuxos fantásticos e tamén lía moitos tebeos que ía cambiar a un kiosco que había na Praza do Ferro en Ourense. O primeiro libro que lembro que impactara foi "Buenos días tristeza", de François Sagan.
3. Cal é o teu libro favorito?
- Non teño un libro favorito. Si teño uns temas de lectura favoritos; historias de médicos, enfermeiras, hospitais.... e os de xuízos.
4. E o teu autor preferido?
- Hoxe en día non teño un autor favorito. De xoven lin todas as obras de Somerset Maughan.
5. Cal é o último libro que liches?
- Mil soles espléndidos, de Khaled Hosseine.
6. Cantas horas les á semana?
- Non todas as que me gustaría. Unhas 6 ou 7 horas e unhas semanas máis ca outras.
7. Agora estás a ler...
- La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina, que é o segundo libro da triloxía de Stieg Larsson.
8. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
- As tardes de chuvia das fins de semana que non se pode saír, no salón da miña casa.

20 abr 2010

O Blogue de Donte dáse a coñecer

Moi boas de novo! Querid@s seguidores/as o noso blogue está de noraboa xa que xa está integrado na rede de blogues de bibliotecas escolares de Galicia. Se entrades en http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog comprobaredes que ata aparecemos na páxina principal!! Se entrades non perdades a oportunidade de ver outros blogues para comprobar que hai outros coles que están na mesma onda ca nós.

Xa que estamos de navegación polo espazo web atopamos un "novidoso produto", se queres velo e coñecer as súas magníficas prestacións entra en:
http://mesturas.blogspot.com/2010/04/book-un-produto-revolucionario.html

Ata mañá!

PD: Xa teño vítima....jejeje

Un día axetreado

Como vai todo blogueir@s?
Eu estou encantado pola cantidade de visitas que estamos a recibir estes días, non parades de vir por libros...e regalos!! En dous días que levamos de semana máis de 100 persoas levaron libros emprestados cos seus correspondentes 100 regalos, así que vos podedes imaxinar o axetreo que hai pola biblio.

Por outra banda dicirvos que temos un pouco aparcado o Dontest, entre as obras, colocar libros e demais olvideime de "asaltar" aos dous ou tres profes que me quedan antes de empezar convosco. Así que mañá algunha vítima contestará ás preguntas, a quen escollerei? Mmmm....non sei aínda, pero algunha das profes dos "maiores" pode ser a elexida.

Saúdos e....ata logo!!

19 abr 2010

SEMANA DO LIBRO

Boas de novo!! Esta semana é un pouquiño especial xa que nela está o día 23 de abril, é dicir, o DÍA DO LIBRO. Para conmemorar este día durante toda esta semana os nenos e nenas que levedes libros emprestados recibieredes un agasallo.

Estou convencido que este reclamo fará que a semana sexa de récord, así que espero ansioso as cifras dela!!

Ata mañá!

A TODA MARCHA!!

Lembrades que hai unhas semanas vos fixera un reto? Pois a semana pasada ese reto foi superado...mellor dito, foi conseguido xa que chegamos aos 200 empréstitos!!

Seguro que a nova disposición e decoración da biblioteca vos anima a deixarvos caer por ela e levar un libro para ler.
Aínda nos quedan dous pequenos detalles para completar a reforma; precisamos dalgún enchufe máis para poder poñer en funcionamento tres novos ordenadores para que podades empregar.
Esperemos que ao longo desta semana podamos ter todo listo.
Un saúdo

13 abr 2010

Cálida acollida

Parece que estabades ansiosos por volver...
Corenta e sete empréstitos o primeiro día e trinta e nove o segundo, caramba!! Teño que confesarvos que agochado no meu recuncho estou a rirme un pouquiño de vós (sen maldade, iso si) cando vos vexo medio perdidos buscando os libros...tedes que recoñecer que así é máis divertido, parece un xogo de búsqueda do tesouro!!

Por outra banda, agradecer os múltiples comentarios de felicitación que escoitamos pola reforma, estamos encantados de vos gustara, se agora entre todos a cuidamos disfrutaremos moito tempo dela.

Para rematar, teño un pouco abandoado o Dontest, as recomendacións...prometo que cando rematemos ao 100% volverá a actividade normal ao blogue.

Saúdos!!

PD: teño pendiente tamén unha tira de imaxes coas instantáneas dos mellores momentos das obras. Mañá pode ser o día.

12 abr 2010

Chegou o momento!!

Por fin voltou a actividade á Biblio!!!
Estaba desexoso de volver a ver nenos pululando pola miña casa e hoxe por fin puidéstedes ver as reformas que fixemos nela.
Que tal impresión vos causou? Creo que foi moi boa polos comentarios que puiden escoitar, a pesares das dificultades dalgúns lectores para atopar os libros, como é lóxico nos primeiros días.

Que saibades tamén que aínda non temos todo rematado, queda instalar ordenadores para os usuarios e darlle os últimos retoques á decoración. En fin, o máis duro xa pasou e agora toca disfrutar deste renovado espazo tan querido por todos/as.

Saúdos!!

6 abr 2010

Xa estamos a piques de abrir...

A Semana Santa foi productiva amigos/as e grazas a un duro traballo as reformas da Biblioteca están a punto de chegar ao seu fin. Soamente quedan uns pequenos retoques nas estanterías e cambiar uns enchufes de sitio e poderedes disfrutar de novo do voso espazo favorito.

En canto aos cambios, xa veredes -algún xa asomou o fuciño-, cores distintas, cambios na distribución, novo mobiliario...espero que vos guste e que sirva para que esteades máis cómodos e disfrutedes dos novos servizos que prestará agora a Biblio.

Ata moi cedo!!