29 may 2010

Mostramos os traballos dos sextos

Rematamos coa exposición dos traballos do PDI mostrando o que os nenos/as de 6ºA e 6ºB elaboraron. No primeira caso veremos unha parte do traballo sobre embarcacións que fixeron en 6ºA. Os alumnos de "B" optaron por botarlle unha ollada á industria conserveira no Grove.


27 may 2010

Tócalle a quenda ao 2º ciclo e a 5ºA

Seguimos a mostrar o que durante meses estivéstedes a traballar. Hoxe ensinamos parte do traballo que o 2º ciclo levou a cabo sobre as diferentes artes de pesca. Bótalle unha ollada que seguro que algo aprendes!

Por outra banda, 5ºA traballaou "A salga no Grove", traballo de investigación que vos ensinamos a continuación.

26 may 2010

Máis traballos do PDI

Boas blogueiros!! A que vos gustou o Dontest de María? Penso que valeu a pena esperar, eu xa o lin unha chea de veces.
Pero agora estou aquí para presentarvos dous traballo do PDI, os que corresponden ao primeiro ciclo de Educación Primaria. En primeiro lugar imos dar "un paseo polo Grove" cos nenos/as de 1º e ver a cantidade de especies de marisco que podemos atopar. Este é o seu traballo:



A continuación móstrovos unha chulísima peceira que Sergio e Elena, profes de 2º, fixeron cos seus alumnos. Ademais, un extracto do libro de adiviñas que elaboraron e que fará que pasedes ratos agradables na biblioteca pensando solucións.


Lémonos!

25 may 2010

O Dontest final, para a máis querida: María

Despois de semanas anunciando este momento, chegou do día. Como todos/as sabedes, a profe María Soilán xubílase ao rematar este curso, por iso decidín deixala para o final. Tod@s os que a coñecen saben que non fai nada a medias, e este importantísimo cuestionario non ía ser menos. Precisou bastante tempo para responder, pero temos a certeza de que as súas respostas son sinceiras e meditadas. Até a foto é escollida con detalle, xa que está feita no Museo Pedagóxico e é do agrado desta queridísima mestra que é un exemplo de dedicación e entusiasmo.

1. Lembras quen te ensinou a ler?
- Non o sei, penso que empecei a ler cos meus irmáns. A miña primeira mestra foi Concepción Vidal Fraga, mestra nacional da que gardo moi bo recordo.
2. Cal foi o primeiro libro que liches?
- La Vida, el Mundo y sus Cosas
3. Cal é o teu libro favorito?
- Camino, de Hermann Hesse
  A roxa de Alexandría 
 Crónica de una muerte anunciada, de García Márquez
 Memoria de Adriano, de Margarite Yourcerman
 La alternativa del Diablo, de Frederic Forssyth
 Metamorfosis, de Franz Kafka
 Yo entré en el Cesid, de Pilar Urbano
 Nicomaquea, de Aristóteles
 La Biblia
 Palestina: tierra de luz y sombras, de Mohammed Safa
4. E o teu autor preferido?
-Celso Emilio Ferreiro
 Rosalía de Castro
 Ánxel Fole
 Eduardo Pondal
 Méndez Ferrín
 Manuel María
 Gabriel García Márquez
5. Cantas horas les á semana?
- Unhas 20 máis ou menos
6. Agora estás a ler...
- Empezo a ler todo o que me interesa ou é do meu interese, espero ter tempo para rematar de lelos. Os dous últimos que empecei e que penso rematar son: en O Grove, Palestina: tierra de luz y sombra; en Lugo, El Conde de Bomarzo
7. Para rematar, un lugar e un momento para ler.
- Calquera momento, ao aire libre

22 may 2010

Os piratas de 5 anos ensinan o seu traballo

Seguimos cos traballos do PDI; neste caso trátase dun libro viaxeiro que fixeron os nenos e nenas de Infantil de 5 anos. A colaboración das familias foi fundamental e a artífice de todo esto, a súa profe, María José.

20 may 2010

Traballo dos nenos de 3 anos para o PDI

Como xa anunciamos onte estamos a subir os traballos que os alumnos/as fixeron para o PDI. Hoxe tócalle o turno aos nenos e nenas de 3 anos, que xunto a súa profe María adaptaron unha canción do grupo Mamá Cabra e fixeron un precioso conto ilustrado. Mírao no vídeo:

19 may 2010

Os traballos do PDI, ao descuberto

Moi boas blogueir@s!
Dende o Blogue de Donte imos abrir un espazo para dar a coñecer a todo o mundo os traballos que os nenos e nenas deste cole veñen desenvolvendo para levar a cabo o Proxecto Documental Integrado "O mar de Arousa". Durante moito tempo vides traballando duramente e é o momento de que vexan a luz. Comezaremos coma sempre polos nenos de Educación Infantil, neste caso polo fantástico conto que fixeron os alumn@s de catro anos xunto coa súa mestra Olalla. Noraboa.

15 may 2010

Letras Galegas

O 17 de maio é o Día das Letras Galegas, o motivo, moi sinxelo:
"o 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Día das Letra Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega".
Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro", a Academia deberia consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual.
Estimaban que o libro rosaliano editado en 1863 "foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea" e que "a súa aparición veu a lle dar prestixio unviersal á nosa fala como instrumento de creación literaria", concluindo que representa "un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia".
Propuñase o dia 17 de maio, ó ignorarse a data da publicación do libro, por ser nese dia cando Rosalia de Castro llo adicou á tamén poeta Fernán Caballero."
(texto extraído de http://www.diadasletrasgalegas.com/historia)
Pois ben, neste 2010 o autor homenaxeado é, como todos/as sabedes, Uxío Novoneyra, poeta lucense do Courel. Dende o blogue de Donte queremos rendirlle unha homenaxe facendo unha pequena montaxe cun dos seus poemas de "Os Eidos". A música de é de Carlos Núñez, que no caso de haber "Día das Notas Galegas" a bo seguro que sería un dos homenaxeados.


13 may 2010

Así mudou a bilbioteca de imaxe

Neste pequeno vídeo veredes o proceso seguido para coseguir que a nosa biblio fora un lugar máis alegre e acolledor.

12 may 2010

Imos ter que esperar...

Queridos lectores/as, teño que pedir perdón porque o anunciado Dontest de hoxe terá que esperar...unha semana. A mestra que está cubrilo solicitou esa demora para poder cubrilo a conciencia, é máis, ata vai facer unha viaxe nesta ponte para recompilar un par de títulos que lle faltan das súas obras favoritas (xa vos dixen onte que era unha persoa entregada e apaixoada). Así que en canto voltedes das "minivacacións" atoparedes colgado este derradeiro Dontest.

Como compensación esta tarde subirei o vídeo co proceso de cambio da Biblio -aínda que faltan os ordenadores!-. Nel veredes como se transformou o noso espazo favorito.

PD: se vos fixades na parte de abaixo dereita do blogue veredes que "adquirimos" unha peceira, agora tócame a min cuidalos peixiños! Ahhh! Tamén podedes ver o tempo que vai facer no Grove!

11 may 2010

Un martes calquera

Que hai de novo vellos?
Como vos dixen onte, vou dar algunhas pistas sobre a persoa que mañá contestará o dontest. Trátase dunha mestra ilustre no noso cole, unha persoa apaixoada do seu traballo, unha persoa comprometida, entregada. Se pensas en alguén que lle guste o teatro e que transmita ese gusto aos seus alumnos/as seguro que pensas nela. Coido que non é necesario que vos diga nada máis, pero se aínda así non te decataches de quen pode ser, entra mañá no blogue e sairás de dúbidas.
En canto á semana do teatro, xa hai horario para os ensaios, así que repasade ben os vosos papeis e comezade a dramatizar porque o momento da representación acércase. Dende aquí quero animarvos e desexarvos a mellor das sortes.
Lémonos!

10 may 2010

Outra semana máis

Estimad@s lectores/as, comezamos unha nova semana plenos de enerxía, esa que nos pegades facendo que por terceira semana consecutiva superemos os 200 empréstitos semanais. Neste caso foron 215. Parece que os libros novos gustaron, así que debemos seguir nesta liña.

Por outro lado, houbo un cambio no ranking dos libros máis emprestados, accedendo ao primeiro lugar....GERÓNIMO STILTON!! O voso rato favorito escalou pouco a pouco posicións até o punto de colocar varios dos seus títulos nos primeiros lugares, así que parabéns, Sr. Stilton.

Máis novas; esta semana comezan os preparativos para a semana do teatro, así que a ensaiar e a preparar as obras o mellor que poidades.

Remato co Dontest, será o derradeiro que faga a un mestre/a neste curso, e como vos veño avisando nas últimas semanas, é moi especial, mañá cóntovos algo máis.

Vémonos! Mellor dito....lémonos!

6 may 2010

Para rematar, para que le Catarina?

Rematamos esta sección de "Para que les?" con Catarina, alumna de sexto. con tempo e dedicación fixo un bonito poema cos motivos que a levan a ler. Disfrutádea.
"Leo porque si,
porque me gusta e quero,
e mentres o fago,
pois non molesto.

Leo porque me gusta
convertirme noutras persoas,
seres, animais, xigantes, ananos...
Ver as cousas con outros planos

Podo ser unha rapaza,
quizais orfa, normal ou malcriada
que vaia sempre á escola
ou que simplemente non faga nada.

Loitar contra monstros malditos,
ou ser un guerreiro bendito;
podo cambiar os papeis
e ser eu de que pon "WANTED" no cartel.

Se quero ser un detective,
se quero ser un loitador,
pois entón teño que ler
un libro de ciencia ficción.

Incluso ser un insecto
nas follas verdes vivir
comer as follas de leituga
e, sen que ninguén o saiba, existir.

Podería ser Charlot
ou calquera outra persoa;
o importante é vivir unha aventura
e enfrascarse na lectura"

Para que le Marta?

Boas!! Soamente quedan dúas respotas por subir. Merece a pena de verdade ler as dúas. Hoxe é o turno de Marta que chega até o seu interior para responder. Non perdas detalle.
"Eu leo para poder saber novas palabras que me quedan por aprender, para poder desenvolver a miña forma de pensar e, tamén, para imaxinar unha aventura chea de misterios, día e noite sen parar. Leo porque me gusta, me divirte, como unha forma de pasar o tempo cando me aburro, porque me emociona. Tamén me gusta ler porque hai moitos libros de todas clases: de terror, de risa, de misterio...Se cadra, os libros son como un amigo noso. Sei un poema dos libros que di así:

"Un libro aberto é un libro que fala,
pechado, un amigo que espera,
olvidado, un alma que perdoa,
e destruido, un corazón que chora"

Ler é moi diverto, recoméndoo a todos."

5 may 2010

Para que len Sara e Aida?

"Leo para entrar nun mundo de aventuras, para percorrer os sete mares cos meus amigos os piratas en busca de tesouros, para visitar as estrelas cos meus amigos marciáns, para voar polo ceo azul como un paxaro libre e saltar nas nubes de algodón. Leo para ser unha princesa da Idade Media, ou unha vaqueira do lonxano oeste, para adentrarme nos bosques e visitar ás meigas, dragóns, sereas, fadas, trasnos, gnomos, pegasos e unicornios, para entrar nos castelos encantados onde viven as pantasmas, os vampiros e os homes lobo.
Leo porque cando abro un libro métome nestas mil aventuras onde xogo e divírtome con locura."
"Eu leo para divertirme, para aprender e enriquecer o meu vocabulario. Gústame meterme na pel das personaxes e un día ser unha fada, outro un ladrón, ou unha ratiña, ou un detective.
Gústanme os libros que me enganchan ata o final e non quero parar de ler porque quero saber o que pasará no capítulo seguinte. Con este tipo de libros divírtome moito."

4 may 2010

Sabes empregar ben "Google"?

Queridos amig@s, a palabra "Google" convertiuse nunha das más comúns e útiles da nosa época. Trátese dun "metabuscador" que nos serve para atopar todo tipo de cousas nesa rede mundial chamada Internet. Agora ben...sabes realmente empregar "Google"? Sácaslle todo o partido que podes?
Premendo aquí accederás a un titorial moi sinxelo sobre o manexo do buscador máis coñecido do mundo e que a bo seguro che servirá de gran axuda a partir da súa lectura.
Por certo, na parte dereita do noso blogue temos unha entrada a Google que che permitirá buscar rápida e facilmente todo o que ti queiras dentro do propio blogue ou en Internet sen necedidade de saír desta páxina. Utilízao e sácalle proveito!!
Saúdos!!

PD: O prometido Dontest especial deixámolo para a semana que ven.

Para que len María, Manuela e David?

"Eu leo para abrir a imaxinación, porque cando empezo un libro é como se empezara un soño. Cando leo un libro que de verdade me gusta, é como se me metera dentro del . Vou seguir lendo sempre, sempre, sempre."



"Eu leo para sentirme ben, para aprender a expresarme e así falar mellor. Tamén leo para imaxinar que formo parte dun conto. Ler é moi bonito, algo fermoso, pois cando leo síntome moi ben, e, ademais, xurden en min moitas emocións; por exemplo, cando leo un libro de amor, choro; cando é de risa, ríome e ás veces, emociónome ou enfádome. Pero cando termino un libro, síntome unha persoa nova!"
"Yo leo porque así conozco mundos nuevos, cómo son los piratas, los animales y muchas cosas más.
Mis libros favoritos son: Gerónimo Stilton, Harry Potter, Batpat y el fantasma misterioso, etc.
Yo leo con mi familia, con mis amigos de clase y, además, le leo a mi primo de dos años, que ya casi sabe leer."

3 may 2010

Comeza unha nova semana...de novidades!

Boísimas!! Despois desta fin de semana onde celebramos o Día do Traballo voltamos coas pilas cargadas e con novas frescas. O primeiro, seguimos por encima dos 200 empréstitos, neste caso foron 209, así que seguimos de noraboa.
Por outra banda, podedes comprobar que fun publicando as respostas de "E ti...para que les?". Durante esta semana continuarei subindo imaxes e respotas, asegúrovos que quedan auténticas xoias por ler.
Para rematar, esta semana hai novidades expostas por toda a biblioteca, non dubides en acercarte para ver se son do teu gusto, seguro que algún libro levas para casa.

Para que len Juan Esteban e Nico?

"Eu leo porque hai libros moi interesantes sobre os seres vivos e o seu entorno. Podo sentir como a maxia da lectura me cambia, sobre todo cando me poño furioso. Ler dame calma. Lendo podo aprender moitas cousas. A linguaxe é unha capacidade humana que facer da lingua "arte". Ler para aprender!!"



"Eu leo moito sobre os golfiños e as orcas, para saber cousas sobre as súas vidas e sobre o mundo marino"