"o 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Día das Letra Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega".
Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalia de Castro", a Academia deberia consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual.
Estimaban que o libro rosaliano editado en 1863 "foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea" e que "a súa aparición veu a lle dar prestixio unviersal á nosa fala como instrumento de creación literaria", concluindo que representa "un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia".
Propuñase o dia 17 de maio, ó ignorarse a data da publicación do libro, por ser nese dia cando Rosalia de Castro llo adicou á tamén poeta Fernán Caballero."
(texto extraído de http://www.diadasletrasgalegas.com/historia)
Pois ben, neste 2010 o autor homenaxeado é, como todos/as sabedes, Uxío Novoneyra, poeta lucense do Courel. Dende o blogue de Donte queremos rendirlle unha homenaxe facendo unha pequena montaxe cun dos seus poemas de "Os Eidos". A música de é de Carlos Núñez, que no caso de haber "Día das Notas Galegas" a bo seguro que sería un dos homenaxeados.
1 comentario:
A actividade do Rosalía aumentou moito este curso, parabéns sinceiros e confiamos que non sexa cousa só deste ano, dádelle continuidade, os pais/nais estamos moi contentos con todo esto que nos ofertades.Grazas
Publicar un comentario