Rematamos esta sección de "Para que les?" con Catarina, alumna de sexto. con tempo e dedicación fixo un bonito poema cos motivos que a levan a ler. Disfrutádea.
"Leo porque si,
porque me gusta e quero,
e mentres o fago,
pois non molesto.
Leo porque me gusta
convertirme noutras persoas,
seres, animais, xigantes, ananos...
Ver as cousas con outros planos
Podo ser unha rapaza,
quizais orfa, normal ou malcriada
que vaia sempre á escola
ou que simplemente non faga nada.
Loitar contra monstros malditos,
ou ser un guerreiro bendito;
podo cambiar os papeis
e ser eu de que pon "WANTED" no cartel.
Se quero ser un detective,
se quero ser un loitador,
pois entón teño que ler
un libro de ciencia ficción.
Incluso ser un insecto
nas follas verdes vivir
comer as follas de leituga
e, sen que ninguén o saiba, existir.
Podería ser Charlot
ou calquera outra persoa;
o importante é vivir unha aventura
e enfrascarse na lectura"
No hay comentarios:
Publicar un comentario