6 may 2010

Para que le Marta?

Boas!! Soamente quedan dúas respotas por subir. Merece a pena de verdade ler as dúas. Hoxe é o turno de Marta que chega até o seu interior para responder. Non perdas detalle.
"Eu leo para poder saber novas palabras que me quedan por aprender, para poder desenvolver a miña forma de pensar e, tamén, para imaxinar unha aventura chea de misterios, día e noite sen parar. Leo porque me gusta, me divirte, como unha forma de pasar o tempo cando me aburro, porque me emociona. Tamén me gusta ler porque hai moitos libros de todas clases: de terror, de risa, de misterio...Se cadra, os libros son como un amigo noso. Sei un poema dos libros que di así:

"Un libro aberto é un libro que fala,
pechado, un amigo que espera,
olvidado, un alma que perdoa,
e destruido, un corazón que chora"

Ler é moi diverto, recoméndoo a todos."

3 comentarios:

Anónimo dijo...

ESE POEMA ES PLAGIADO:

http://www.google.es/url?sa=t&source=web&ct=res&cd=1&ved=0CBcQFjAA&url=http%3A%2F%2Fwww.sabidurias.com%2Fcita%2Fes%2F6568%2Fproverbio-hindu%2Fun-libro-abierto-es-un-cerebro-que-habla-cerrado-un-amigo-que-espera-olvidado-un-alma-que-perdona-destruido-un-corazon-que-llora&rct=j&q=Un+libro+abierto+es+un+libro+que+habla%2C+cerrado%2C+un+amigo+que+espera%2C+olvidado%2C+un+alma+que+perdona%2C+y+destruido%2C+un+coraz%C3%B3n+que+llora%22&ei=VBHkS67GMITEOK7D3NsN&usg=AFQjCNE-ismkNra3FXiQsJ-B29sEMvL2OA

PD: http://www.youtube.com/watch?v=a_YR4dKArgo

Manu Felpeto dijo...

En ningún momento o blogue cita que a rapaza inventara o poema, de feito, na súa resposta ela mesma di:
"Sei un poema dos libros que di así", o que deixa ben ás claras que non é creación súa, senón diría: "fixen un poema que di así..." e non é o caso.

Manu Felpeto dijo...

Esquecinme doutro pequeno detalle; o poema aparece entrecomillado, detalle que indica que non pertence á persoa que escribe.