30 abr 2013

GAÑADORES DO SORTEO DO 26 DE ABRIL

E aínda que o día do libro xa pasou... nos seguimos con ganas de agasallar aos lectores do Rosalia.

 
Este venres levanron uns divertidísimos contos:


África Prieto Ferreiro, 3º B

Dafne Domínguez Menéndez, 4º A

23 abr 2013

GAÑADORES DO SORTEO DO 19 DE ABRIL

Achégase o día do libro e nos continuamos repartindo premios na biblioteca!!

A semana pasada despois do sorteo....



Recibiron os premios:

Natalia Moldes Piñeiro e Lucía Devesa Rey (3º A)


OS WHITE RAVENS

 
A representación galega nos White Ravens deste ano ten relacións cos paxaros.
Trátase de Bandada, o álbum ilustrado que xa se fixera co V PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA PARA ÁLBUMES ILUSTRADOS - 2012.
Unha metáfora sobre a historia da humanidade da autoría de David Daniel Álvarez Hernández e María Julia Díaz Garrido.
Kalandraka está de noraboa!

FINALISTAS DOS PREMIOS A.E.L.G.

Entre os finalistas dos premios da Asociación de Escritores en Lingua Galega, destacan os de
Literatura Infanto-xuvenil. Gustaríanos dar a nosa especial noraboa a Teresa González Costas, veciña de O Grove, cuios fillos remataron os seus estudios primarios no noso centro o ano pasado.
Os galardoados foron:

16 abr 2013

ABRIL.MES DO LIBRO.

Podedes pasar polo corredor do centro e atoparedes esta nova exposición que vos oferta moitos libros que falan de libros!!! Que a desfrutedes!!!

15 abr 2013

GAÑADORES DO SORTEO DO 12 DE ABRIL

Novamente levamos o cabo o sorteo de agasallos deste mes do libro.....

 

E a sorte foi parar ás mans de:

   Pablo Prol Barreiro 2º B
                                         

Nerea Márquez Cal 4º B

8 abr 2013

O MES DO LIBRO


Como sabedes, este mes festexamos o mes do libro!! Na biblioteca queremos levar a cabo esta celebración repartindo moitos agasallos!! Cada venres poderedes participar nos sorteos se levades un libro para a vosa casa!!!
Algúns dos nenos/as do cole xa tiveron boa sorte!!!!

 Antía Soutullo 6º B


NORABOA !!!!!!!!

                                                 Paula García 3º A


4 abr 2013

O LIBERESPAZO



Moitos de vos xa comezáchedes a descubrir o Liberespazo. Ese "lugar" cheo das aventuras e sorpresas que as páxinas dos libros van creando na nosa lembranza e no que podemos "fedellar" en total liberdade, redescubrindo o que máis nos gustou daquel ou daqueloutro conto!!!
Animámosvos ós que todavía non pasáchedes pola biblioteca para conseguir o voso pase a ese Liberespazo, a que o fagades!!! É o único xeito de convertirse nun "libernauta": só tes que cubrir no pase os datos dos libros que vaias lendo, colorear as lúas segundo o que che gustase o libro e escribir dúas palabras que che lembren a historia!!