4 abr. 2013

O LIBERESPAZO



Moitos de vos xa comezáchedes a descubrir o Liberespazo. Ese "lugar" cheo das aventuras e sorpresas que as páxinas dos libros van creando na nosa lembranza e no que podemos "fedellar" en total liberdade, redescubrindo o que máis nos gustou daquel ou daqueloutro conto!!!
Animámosvos ós que todavía non pasáchedes pola biblioteca para conseguir o voso pase a ese Liberespazo, a que o fagades!!! É o único xeito de convertirse nun "libernauta": só tes que cubrir no pase os datos dos libros que vaias lendo, colorear as lúas segundo o que che gustase o libro e escribir dúas palabras que che lembren a historia!!

No hay comentarios: