12 jul. 2010

Un enlace de interese

Grazas aos compañeiros do CEIP Magdalena atopamos un enlace chulísimo, trátase da BIBLIOTECA DIXITAL INTERNACIONAL PARA NENOS, xa tes a posibilidade de acceder a ela na columna da dereita, en enlaces de interese, onde quedará permanentemente.

3 jul. 2010

Botarémoste de menos, María

Coincidindo coa fin de curso xubílase a mestra María Soilán (última protagonista do Dontest). Era unha dos membros do equipo de Biblioteca e seguro que no futuro se botan de menos os seus comentarios e  as súas aportacións.
Ademais todos recordaremos a paixón que tiña María polo teatro e que facía que cada curso os seus alumnos e alumnas representaran un par de obras, sempre ensaiadas ao detalle.
Aquí mostramos a imaxe da comida-homenaxe que lle renderon os seus compañeiros/as e amigos/as.