Coincidindo coa fin de curso xubílase a mestra María Soilán (última protagonista do Dontest). Era unha dos membros do equipo de Biblioteca e seguro que no futuro se botan de menos os seus comentarios e as súas aportacións.
Ademais todos recordaremos a paixón que tiña María polo teatro e que facía que cada curso os seus alumnos e alumnas representaran un par de obras, sempre ensaiadas ao detalle.
Aquí mostramos a imaxe da comida-homenaxe que lle renderon os seus compañeiros/as e amigos/as.
2 comentarios:
Dende logo que María se merece todas as homenaxes que se lle tributen.
Menos mal que aínda queda xente activa no colexio que se atreve a facer cousas. Os mestres xóvenes deben tomar nota
María sempre será moi querida no Grove, é unha mágoa que teña que xubilarse
Publicar un comentario